Autovia de Redondela NON, GRAZAS.

Autovia de Redondela NON, GRAZAS.

Este é o primeiro autorretrato que publico no blog, e non sin certo pudor. Trátase de lucir a camiseta que será imaxe corporativa da Plataforma Cidadá Contra As Variantes de Redondela este venres, na concentración ás oito da tarde diante do Concello (de Redondela, naturalmente). Serei conciso:
A esa hora, celébrase un pleno extraordinario no que os nosos representantes municipais decidirán respaldar a postura da Plataforma, de opoñerse ó proxecto do Ministerio de Fomento de construir un vial de alta capacidade que rodee o casco urbano de Redondela (a expensas da nosa paisaxe e servicios). A concentración veciñal faise con varios obxetivos: facerlle sentir ós políticos locais o rexeitamento social hacia ese proxecto, presionalos para que se comprometan a representar a opinión dos veciños ante calquera instancia ou administración, manifestar a nosa decisión de esixir ese compromiso alén das eleccións municipais si fose necesario, e demostrar a nosa carraxe polo secretismo co que se levou o asunto dentro do concello nos case tres anos que durou a redacción do estudio, na que eles participaron.
Alí estaremos, pois, cumplindo coa obriga democrática de participar activamente nas decisións políticas que nos afectan ós cidadáns, coa nosa voz e a nosa presencia. Está todo o mundo invitado.

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/09/29/autovia-de-redondela-non-grazas/trackback/

  1. Desejo o maior sucesso na vossa luta! Cidadãos que se automobilizam sempre que entendem ser do interesse comunitário são um exemplo para todos nós.
    A democracia també é isso!

    Comment by pepe — September 29, 2006 @ 11:05 am

  2. ¡Que peito, Diossssss!
    Xa quixeran os de PETA ese apoio e non o de Pamela Anderson.

    Sorte, á Plataforma.

    Comment by ghanito — September 29, 2006 @ 2:37 pm

  3. Gracias polo voso apoio, trataremos de estar a altura.

    Comment by F. Miguez — September 30, 2006 @ 5:59 pm

  4. Ola un saúdo a Redondela.
    Apoiamos a vosa loita sumándonos ás asociacións e hoxe temos un artigo sobre o asunto:

    http://matarpormatarnon.org/node/366

    Un saúdo
    Xulio (portavoz)

    Comment by Matar por Matar NON — December 26, 2007 @ 11:05 pm

  5. Moitas gracias polo voso apoio.

    Comment by F. Miguez — December 27, 2007 @ 12:05 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.