Destruindo Galicia.

O post anterior escribírao hai uns días e deixárao na reserva para poñelo hoxe, sábado dous de septembro, e evitar descoidar o blog nestes días de exames. Cando o publiquei aínda non tiña ningunha noticia do incendio na química de Caldas e o verquido no río Umia. Tal é o meu grado de enfrascamento académico. Si suspendo estadística esta vez, terei que cambiar de plano de estudios e, aínda que iso non vai a provocar que tarde máis en ramatar a carreira, sí me vai obligar a cambiar os meus plans para os dous próximos anos. Presumiblemente para peor. Aínda así, a miña conciencia oblígame a expresar unha opinión que me sae con forza dende dentro:

Este ano, o medio ambiente galego está a ser un destacado protagonista informativo. Sin esquecernos da escura sombra que o negocio inmobiliario cerne sobre a nosa paisaxe e a idiosincrasia das nosas vilas, o verán comenzaba con un vertido contaminante en Carnota, a destrucción dos nosos montes convertíase no éxito do mes de agosto, e comenzamos septembro co verquido no Umia. Lamentable protagonismo, o da agonía da nosa natureza.
Moitas veces me lembrei eu, este medio día, dun taller que vertía todos os restos de disolventes e outros contaminantes, por un buraco que tiñan no chan, á rede de pluviais local, que os levaría directamente ó río. Moitas veces me lembrei de aquela xente que, o peor de todo, é que eran amigos meus, e que se crían listísimos por estar facendo algo que estaba prohibido, e o que aforraban así. Lembreime de eles porque, no fondo, ese é o noso problema colectivo.
Galicia é unha das rexións da Europa Occidental ás que máis tarde chegou o desenvolvemento industrial e económico, e aferrámonos a él sin querer mirar para os problemas medioambientais que este truxo para todas as rexións industrializadas do mundo, e para as non industrializadas tamén. Esquecemos que a defensa do medio ambiente non é un capricho de hippies e vagos, ou unha utopía romántica de persoas que se opoñen a unha modernidade coa que soñamos tal e como nola venderon, sin cuestionala ou reflexionar sobre ela. Esquecemos, hasta días como hoxe, que ese ente abstracto que é o medio ambiente, son os ríos que nos dan a auga que bebemos, o aire que respiramos o peixe que comemos e, en resumen, bens que por ser comúns e abundantes (na nosa terra) non deixan de precisar de un mínimo respeto para que sigan a manternos con vida.
O problema non ten unha solución tan fácil como parece, xa que o lóxico sería promover un corpo de leis orientadas á protección do noso entorno natural, pero iso, tal e como están as cousas, non vai acontecer nunca. Este tipo de leis, ademáis de existir, deberían de cumplirse para ser útiles, e o seu cumplimento… Sería o suicidio político de aquel que promovese tal cousa. O caso de cabo Touriñán (outro ghit medioambiental de este 2006) alecciona sobre o que ocurriría, algo tan sinxelo como que a parte de interés privado, axudada polas comparsas das diferentes magnitudes do clientelismo ancestral, azuzaría á poboación contra a iniciativa política, e esta tería que poñerse a cuberto por moito respaldo social que teña. De feito, o propio interese da clase política é quen de cometer desfeitas medioambientais coa base de que o interese económico aínda pesa moito máis entre os galegos que o recoñecemento do valor que o noso medio natural pode chegar a ter para nos.
Perdóenme os compatriotas galegos, pero non podo ocultar que o que vou dicir a continuación me fai ter bastante pouca fé nas posibilidades de que algún día fagamos as cousas a xeito: A iniciativa debe estar nas nosas mans. Debe de fomentarse desde calquera tribuna posible unha conciencia de conservación ambiental que se extenda a toda Galicia. A través do asociacionismo ou da suma de iniciativas individuais, conseguir marcarlle o camiño ás persoas que escriben as leis e velan polo seu cumprimento que, como é sabido, van sempre un paso por detrás da sociedade á que representan. Nas mans dos galegos está non deixarse asustar cando unha empresa amenaza con levar miles de millóns de euros para outro lado si non se lle permite facer o que lle dea a gana, e nas mans dos políticos está apuntalo e frear ese uso electoral de palabras como desarrollo, progreso ou riqueza que, cando se envenena a auga que bebemos, revélanse completamente vacías de significado. Só si os galegos conseguimos practicar o coidado do noso medio natural, e conseguimos comprender un futuro no que non nos tapen os ollos ou a boca coa palabra “euros”, poderemos esixirlle á nosa clase política que estea á altura e cuide do que é de todos, incluídos os que aínda non naceron.

11 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/09/02/destruindo-galicia/trackback/

  1. Eu tamen son moi pouco optimista con respeito a Galiza. Non hai conciencia da paisaxe, do meio ambiente, do patrimonio historico, da lingua ou da cultura. Cada vez os novos estamos menos comprometidos co Pais dado que estamos inseridos nunha sociedade excesivamente materialista e superficial. E os mellores que temos acaban por irse da Galiza cansos e fartos de predicar no deserto.

    Sorte para os exames.

    Comment by mendinho — September 2, 2006 @ 6:35 pm

  2. Galicia de oceano,niebla,orballo,carballos,castaños.Galicia virgen,costa da morte fresca,natural,virgen.Olor de oceano,sabor ha mar turquesa,violeta,verde y azul.Es tan grande el poder de tu noturaleza…….superaste el chapapote y resurgiras de las cenizas de tus lumes como ave fenix……….

    Comment by enrique — September 2, 2006 @ 8:00 pm

  3. Galicia é dos poucos sitios onde continúan os problemas de empresas contra medio ambiente, o que da unha idea da política feita ata o de agora. Oxalá o de Caldas valga para algo.

    Comment by pablo gonzalez — September 4, 2006 @ 11:05 am

  4. Eu non teño dúbida ningunha de que Galicia rexurdirá, unha e mil veces, das súas cinzas. Outra cousa é que siga aturando ós galegos por los siglos de los siglos ou que acabemos por facer da nosa terra un lugar tan noxento para vivir como outros moitos polo mundo adiante. Quizáis poidamos esperar a que veñan os cataláns, por exemplo, a promover a conservación do noso entorno; pero por pouco esperanzador que sexa, coido que vamos a ser nos mesmos os que teñamos que intentalo facelo.

    Comment by F. Miguez — September 4, 2006 @ 3:56 pm

  5. O empeño en aprobar sen avaliación de impacto ambiental o PXOM de Vigo e as brutais presións (subvencionadas) mediáticas para que a Xunta de Galicia cometa un acto de prevaricación, é un exemplo paradigmático do que comentas: se non se aproba o Plan como está, sen modificarlle unha soa coma (e menos se a coma esa está nas urbanizacións-pelotazo do litoral), o fin de Vigo está asegurado. Apocalípticos se nos volveron os especuladores de sempre!

    Comment by Pablo Eifonso — September 4, 2006 @ 8:09 pm

  6. Non sei se o
    chiste de Davila hoxe no Faro
    vai por ahí, pero a min semélla-me moi sinificativo de que os parásitos de Galiza somos, moitas veces (e isto por ser amábel), os propios galegos. Tristura?, Noxo? Non sei o que me produce saber
    isto, pero o que non se pode facer é pechar os ollos ou mirar para outro lado.
    O que está acontecendo está acontecendo e por moitos euriños que lles dean aos “afectados” e por moitos coches de luxo que merquen con eses euriños, non se vai solucionar o problema. Temos que erguernos e dicir “XA ABONDA” dunha
    vez!!

    Comment by dulaman — September 5, 2006 @ 7:10 am

  7. Eu penso que temos dous niveles diferentes no problema: Por un lado, está a iniciativa empresarial, endóxena ou foránea, que campa por Galicia con unha actitude que on creo que se consinta en ningún outro lugar da Europa avanzada, con unha prepotencia e unha avaricia que, ó meu entender, deixan ver que os seus intereses son ben alleos ós da nosa sociedade.
    Por outra parte, estamos os galegos de a pe, que unha vez renunciamos ó sector primario, pola razón que fose, estamos medio desesperados agardando a creación dese concepto máxico que é o emprego, que nos permite ter coche, tele, movil… e outras cousas menos tanxibles. O problema é que a compatibilidade do emprego coa preservación do medio ambiente non é unha cousa trivial e, nin políticos, nin empresarios, nin cidadáns parecemos dispostos a tomar cartas no asunto e buscar que unha cousa non faga imposible a outra.
    De caciquismo e outros males endémicos, falaremos outro día :)

    Comment by F. Miguez — September 5, 2006 @ 8:41 am

  8. Aquí en Ponteceso pasa o mismo cos talleres, e a propias xente cando lle saca o aceite dos coches presume de aforrar os cartos é increible.

    Comment by susolista — September 5, 2006 @ 10:54 pm

  9. É increíble, que nun país no que a maioría das persoas estivo algunha vez nunha horta, e recibiu alimentos de ela, moitísima xente aínda non se dea conta de que, todo canto cisca polo chan o vai acabar bebendo na auga ou comendo nas patacas, na verdura, ou os ovos.
    Coido que esa facultade se coñece como “ignorancia”.

    Comment by F. Miguez — September 5, 2006 @ 11:10 pm

  10. Concordo plenamente contigo. Non se pode dicir máis claro. Parabéns pola anotación e sorte coa estatística!

    Comment by Henrique — September 7, 2006 @ 5:28 pm

  11. Gracias. Agora o exame está feito e a ver o que sale de él.

    Comment by F. Miguez — September 8, 2006 @ 12:39 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.