Delicatessen.

Hmmm.
Pois funo deixando, funo deixando… e xa hai unha chea de meses que tiña que ter apuntado isto:

¡A cervexa que fixemos co lúpulo silvestre autóctono é un éxito!

Todos os que a probamos concordamos: un sabor moi suave, un toque como a frutas, e moi moi rica.
¿A moralexa? que todo é posible, ler un pouco, ter os ollos e a mente abertos, e non ter medo a enganarse. Moitas veces, temos a impresión de que só poden facer cousas a industria, as persoas con formacións específicas, e sobre todo os que teñen moitos cartos. Por máis que lles doa a estes últimos, a auga e os cereais son relativamente baratos, o butano, de momento, tamén; o lúpulo saiunos gratis, regalado pola natureza, e a experiencia non ten un precio calculable.
En canto teña un día libre, toca coller unhas saquetas plásticas e marchar ó río a facer a colleita de este ano, que para iso estamos no tempo das flores do lúpulo.

P.D.: Cen por cen resaiclin, que dicía un Pepe o inglés co que pouco menos que me identifico personalmente. Efectivamente, a botella pon “Gaseosa Selecta Maruxa”, e teño un lote de elas que nunha ocasión me regalou alguén da familia que levaba esa empresa. Só pode pasar en Galicia, unhas botellas que me deron en Carballo, cheas de unha cervexa feita en Vigo con lúpulo visto por primeira vez en Cambre e apañado en Redondela, e que foi estreada en Culleredo.

8 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/09/02/delicatessen/trackback/

  1. Parabéns. Dam ganas de prova-la

    Comment by el niño de la guía — September 2, 2006 @ 4:49 pm

  2. Un placer velo por aquí de novo :) .
    En principio, os plans son repetir este ano, con máis cantidades, así que si cadra…

    Comment by F. Miguez — September 4, 2006 @ 3:50 pm

  3. Como se pode acceder ó seu producto (e se hai que pagar, págase :) )

    Comment by ghanito — September 7, 2006 @ 9:46 pm

  4. Algo se pode facer… arriba á dereita hai un enlace a unha conta de e-mail ;)

    Comment by F. Miguez — September 8, 2006 @ 12:35 am

  5. Parabéns pola produción. A verdade é que me dan ganas de aventurarme co conto, aquí lúpulo a monte haino a esgalla, este concello foi o maior produtor de lúpulo do estado. Xa escribirei para pedir información detallada do conto! E mentres dure, que preste! Eu brindo con vós co viño da casa.

    Comment by Henrique — September 9, 2006 @ 7:25 pm

  6. Pois anímate, eu aínda estou aprendendo, o que de verdade sabe e outro socio. Pero independientemente dos resultados, o interesante sempre é a experiencia, sexa a de quedar uns colegas a fogonear coa cebada, sexa unha tarde no rio a apañar o lúpulo…
    Máis ou menos como ir vendimiar, ainda que a min gústame máis ir podar.
    Vamos, que somos unha sociedade privilexiada, de momento.

    Comment by F. Miguez — September 11, 2006 @ 10:12 pm

  7. Ola! Así que xa hai mais xente facendo cervexa caseira en galiza!!! que gusto, eu son galego (o po-lo menso nacín en galiza) e vivo no norte de mexico, levo xa pouco mais de un ano facendo a miña cervexa en casa, po-lo que lein ti a fixeches cos cereais, que ben!, eu teño que usar extractos de malta, que e mais facil. Aiqui hai tendas nas que se pode mercar todo (dende a levadura ata botellas) quero saber mais sobre o que e facer cervexa, por alá, de donde colliches os lupulos, e como foi que conseguiches a levadura, contame, contame!!!

    Comment by Pablo — November 12, 2009 @ 10:27 pm

  8. Teño entendido que en América existe moita afección á cervexa caseira, e vexo que debe ser certo.
    Non che vou poder dar moitas pistas sobre a orixe do gran e da levadura, porque diso encargouse Manolo, un amigo co que teño perdido o contacto ultimamente. Coido que recurría bastante a una web chamada “Catalunya Home Brewers Club”, que está nesta dirección:

    http://usuarios.lycos.es/cervezas/web/index.htm

    Respecto do lúpulo, collino eu no río, en estado salvaxe. Normalmente él, que é o que controla, mércao tamén por ahí, pero para esta ocasión fixemos este experimento de empregar lúpulo silvestre, que é relativamente fácil de atopar nos ríos por aquí (segundo a Wikipedia tamén o hai nos ríos de Norteamérica), e que resulta moito máis suave que os lúpulos cultivados.
    Con outros amigos, témolo tentado tamén varias veces con extracto de malta pola nosa, con un éxito bastante escaso, e agora estou «retirado» por falta de tempo, pero con gañas de volver tentalo algún día.
    ¡Unha aperta ó outro lado do charco!

    Comment by F. Miguez — November 13, 2009 @ 5:22 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.