Concentración contra as variantes de Redondela.

Onte produciuse a concentración veciñal diante do Concello de Redondela, para escoitar o pleno municipal no que se debatía si o concello se puña en contra de ese proxecto (primeiro punto) e si asumía os compromisos coa causa que lle pedía a Plataforma Cidadá Contra as Variantes de Redondela (segundo punto).
Aínda a pesar da choiva, a concentración foi un éxito de convocatoria por parte da Plataforma, que encheu os arredores do consistorio de veciños que van ver as súas casas e terreos afectados ou expropiados polas obras, así como xente solidarizada coa causa. Recolléronse unha cantidade importante de sinaturas, que se suman ás xa obtidas, e as camisetas esgotáronse en tempo récord (tranquilos, haberá máis). A xente acudiu con ganas de saber, porque a postura oficial do asunto foi, e está a ser, bastante escura, con ganas de protestar e manifestarlle ós 21 concelleiros que Redondela está farta de un concello inerte, sin outra alternaiva electoral que a abstención para castigar a uns representantes que semellan ter menos vida que a estatua de Castelao que hai en frente ó concello. Unhas almofadas cos nomes do alcalde e os líderes locais do PP e BNG, colgadas no vestíbulo, foron unha magnífica metáfora da impresión que Redondela ten do concello, que onte quedou definitivamente confirmada nos abucheos e berros proferidos desde a rua en cada turno de palabra.
O pleno foi o que estaba anunciado, Xaime Rei, o alcalde (PSOE), fixo de patriarca nun acto en que todos manifestaron que o proxecto lles parecía inaceptable, hubo algún reproche mútuo, e ó final figuraron como defensores dos Redondeláns. Os que estamos “no allo”, e coñecemos un pouco cómo foron sucedéndose os acontecimentos coincidimos en sentir un certo noxo que lindaba coa nausea ó escoitar o que alí se estaba a dicir; que si hipotecar o futuro de Redondela, que si impacto social, que si desarrollo sostenible… Decididamente, os políticos non poden ser humanos, teñen que ser de outra caste, porque fai falta unha cara máis dura que o aceiro templado para se vender como defensores de Redondela cando, dende disntintas instancias, viñeron dando o seu visto bueno oficial ás partes do proxecto que afectaban ás súas competencias. Outras sutiles artimañas, por parte do alcalde, foron poñendo en evidencia que este político tan veterano sabe empregar tódolos formalismos dos procedimentos para ir safando, deixar as costas cubertas, e transferir esterco enriba dos demáis.
O resultado do pleno de onte, e a presión popular dende as rúas, é que agora o noso concello está formalmente comprometido a poñer todos os medios municipais para conseguir o abandono do roxecto de Fomento. A sensación xeneralizada é que se trata de un lavado de cara para evitar saíren castigados nas eleccións municipais do ano que ven, e que van a intentar deixar correr o conto hasta esa cita, a partir da cal, “si te he visto no me acuerdo”. Onte quedou demostrado que poden contar cos veciños de Redondela para lembrarlle cales son as obrigas polas que cobran os seus salarios públicos.

Autovia de Redondela NON, GRAZAS.

Autovia de Redondela NON, GRAZAS.

Este é o primeiro autorretrato que publico no blog, e non sin certo pudor. Trátase de lucir a camiseta que será imaxe corporativa da Plataforma Cidadá Contra As Variantes de Redondela este venres, na concentración ás oito da tarde diante do Concello (de Redondela, naturalmente). Serei conciso:
A esa hora, celébrase un pleno extraordinario no que os nosos representantes municipais decidirán respaldar a postura da Plataforma, de opoñerse ó proxecto do Ministerio de Fomento de construir un vial de alta capacidade que rodee o casco urbano de Redondela (a expensas da nosa paisaxe e servicios). A concentración veciñal faise con varios obxetivos: facerlle sentir ós políticos locais o rexeitamento social hacia ese proxecto, presionalos para que se comprometan a representar a opinión dos veciños ante calquera instancia ou administración, manifestar a nosa decisión de esixir ese compromiso alén das eleccións municipais si fose necesario, e demostrar a nosa carraxe polo secretismo co que se levou o asunto dentro do concello nos case tres anos que durou a redacción do estudio, na que eles participaron.
Alí estaremos, pois, cumplindo coa obriga democrática de participar activamente nas decisións políticas que nos afectan ós cidadáns, coa nosa voz e a nosa presencia. Está todo o mundo invitado.

Defendendo Redondela.

Pois aquí estou, grabando as cintas que levarán mañán (xoves) e pasado os coches de megafonía por todo Redondela, anunciando a concentración veciñal fronte ó Concello, o venres ás oito da tarde, con motivo da celebración do pleno extraordinario no que, se agarda, os nosos representantes municipais aprobarán opoñerse oficialmente ás variantes de circunvalación da nosa vila.
Iso significa que xa estou informado e metido no allo, e listo pois, para apuntar unha explicación do que aquí acontece (e perdón si repito partes de posts anteriores).
Apareceu, hai un par de semanas, un estudio informativo encargado polo Ministerio de Fomento para a elaboración de un proxecto de alternativa de circunvalación á N-550 ó seu paso por Redondela. Das alternativas propostas, conclúese que hai dúas máis recomendables que as outras, e con apenas diferencias no seu trazado, chamadas 1A e 1B, presupuestada a primeira en 94 millóns de euros e a segunda en case 98 millóns. Segundo o propio informe, a única que se chegaría a amortizar económicamente (literalmente: a única rentable) é a 1A, mentres que 1B é a de menos impacto. (Ler para saber.)
Palabras, palabras e máis palabras. Para os que vivimos en Redondela, non hai xustificación posible a querer gastar quince mil millóns de pesetas en cinco kilómetros de autovía que aspiran, polo visto, a aliviar os problemas que os vehículos en tránsito teñen ó pasar por aquí. Polo visto… por parte do Ministerio de Fomento, claro. Para o resto do mundo, o tráfico que pasa por Redondela só viña experimentando problemas puntuais, en circunstancias moi sinaladas como retornos masivos en domingos estivais ou festivos, e nun único punto: os semáforos de Santa Mariña (os que se ven na foto), que regulan un pequeno cruce na entrada do casco urbano.

Tráfico.

O certo é que eu estou un pouco desconcertado, porque os problemas causados por estes semáforos nesas datas sinaladas levan anos sendo evidentes pero eu crin que xa estaban solucionados. Creíno o sábado 5 de agosto, o primeiro sábado de incendios; a AP-9 estaba cortada e todo o seu tráfico do sur de Pontevedra volcado na N-550, eu que ía dende a capital da provincia para Redondela estaba seguro de que o atasco estaba servido. ¡Pois non! Abofé que o tráfico era lento e moi denso pero non se detivo en ningún intre porque, simplemente, abriran os semáforos de Santa Mariña. ¡E queren gastar case cen millóns de euros nunha autovía de catro carrís que arrase o concello de Redondela, para solucionar un problema puntual que se arranxa abrindo dous semáforos! Indefendible.
…a non ser que haxa algo máis. No estudio informativo déixase cair a idea de que estas obras poderían aumentar a súa rentabilidade (antes referida) enlazándoas coa futura A-57 e o nudo viario de Peinador-Puxeiros, onde conflúen a AP-9 e a A-52. Nese mesmo sentido apuntou o funcionario consultado por persoas da Plataforma Cidadá contra a variante de Redondela, que sin poder confirmar nin desmentir, por seren decisións políticas que aínda non se tomaron, tamén opinou que estas variantes só teñen sentido no marco de unha obra de maior envergadura aínda por definir. Oído isto, a impresión que queda en Redondela é que, ademáis do estropicio ambiental e social que se aveciña coa circunvalación, esta non é máis que un Cabalo de Troia, unha cabeza de ponte que facilite a implantación de unha obra cuio impacto será todavía maior e da que, de momento, ninguén se atreve a falar. E de esa falta de sinceridade institucional xurden, como é natural, sospeitas de débedas políticas con grandes empresas, dos típicos cazos e mangoneos, e o rexeitamento que a clase política se gaña a pulso.
Por iso estou aquí, de madrugada, escribindo este post e grabando unhas monótonas cintas de casette para chamar á movilización de todos. Por iso estaremos unha chea de redondeláns montándoa o venres ás oito da tarde, na porta do concello. Porque cremos que este despilfarro non beneficia de ningún xeito á sociedade galega, sinon que perxudica seriamente á calidade de vida dos que aquí vivimos e ás arcas públicas, que son tamén dos que non viven aquí. Porque cremos que hai que facer as cousas de outro xeito, alleo ós grandes intereses económicos, á incapacidade dos políticos e a pasividade de unha pequena parte da sociedade. Porque as alternativas son como as bruxas, que habelas hainas, o caso é querer buscalas.

P.D.: Apunto para a miña memoria personal a proeza técnica que fixen antes de este post. As cintas de cassette son unha tecnoloxía que eu cría extinta, pero esas megafonías aínda as usan. Cando me comprometín a echufar o arradio-cassette co ordenador para multiplicar o bucle que recibín en mp3, non era consciente do estado no que estaba aquel Panasonic que me botaran os reis no ano 92. Desmontar un trebello electrónico de cabo a rabo tres veces para localizar e reparar dúas averías (sí, formulei unha hipótesis equivocada) con un soldador mediocre e impreciso, en só dúas horas ten moito mérito… para un que quere ser enxeñeiro mecánico.

Unha de desenvolvemento INsostible.

Un anarquista sostiña, nun libro que lin unha vez, algo así como que non se deben concretar as reivindicacións da sociedade, para evitar que o poder político as institucionalice e as afogue na súa burocracia, a súa ineficiencia e a súa mezquindade. Algo de razón debe de ter, porque temos en días recientes un certo exemplo do que este home escribira.
Unha das grandes concienciacións sociais de finais do século XX, foi a do respeto cara o medio ambiente. Aínda queda moito por facer, abofé, pero xurdiu de esa conciencia a idea de “Desenvolvemento Sostible”, que ven a ser a realización das tareas e a vida humanas sin afectar á dispoñibilidade futura dos recursos necesarios para que aquelas continúen. A principal fonte de insostenibilidade é a masificación dos asentamentos humanos e a súa actividade; canta máis xente se concentre nunha área de poboación, máis difícil será poder garantirlle indefinidamete o suministro de auga potable ou de enerxía, e máis difícil será impedir que os residuos xenerados acaden unha concentración perxudicial para a saúde das persoas.
Desafortunadamente, isto pasa en Galicia, e feitos como o de que Carballo teña problemas de suministro de auga durante o verán débese exclusivamente a unha planificación urbanística nefasta, pensando só dende a perspectiva inmobiliaria de oferta-demanda-negocio, e non en garantir que o desenvolvemento das vilas sexa sotible. Unha vez afogada a palabra “inútiles” que pula por un oco neste post, pregúntome qué diría un cidadán do sur de España si ouvise que hai sitios de Galicia con escaseza de augas; pero iso non é o motivo de este post, sinon aquela reflexión anarquista.
Por si alguén non o sabía (e non sería culpa súa), a Xunta de Galicia ten unha Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para a que “A planificación ambiental e a protección e mellora do medio natural son principios que teñen que impregnar toda-las políticas…” Ó cal pregunto eu, dende a miña natural inxenuidade ¿Por qué a Cosellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible vai facer unha excepción co Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo? Por máis que me esforzo, non entendo por qué se lle abren as portas a un plan de urbanismo que pretende aumentar brutalmente as áreas urbanizadas do concello de Vigo, a expensas do seu medio rural (ler para entender) e sin ter nin idea aínda de cómo se van tratar as augas residuais da poboación actual, e dos verquidos industrias nin se fala.
Ó final vai ter razón o anarquista: os políticos son capaces de vaciar totalmente o significado das cousas.

P.D.I: Quizáis ninguén quera ser o malo da película electoral do ano que ven, pero os comentarios están abertos a calquera resposta, porque eu non acabo de ver clara a postura da Xunta sobre o PXOM de Vigo.
P.D. II: Tampouco entendo quén carallo é unha autoridade portuaria, que non é unha entidade democrática nin de representación cidadán, nin nada, para toserlle a un concello, que sí é un organismo, por mal que o faga, que atesoura un certo grado da soberanía dos cidadáns que escolleron ós seus representantes electoralmente.

Destruíndo Redondela II

…e parece que haberá moitos máis.
No post que estaba a preparar sobre esa futura circunvalación de Redondela, que tan negativamente parece ir afectar á calidade de vida dos que aquí estábamos antes da susodita, dicía textualmente “…estas circunstancias non xustifican a construcción de unha circunvalación (…) o proxecto non ten sentido ningún…”. Lástima non teña ningún fedatario da miña clarividencia, e oxalá estea falando de máis.
Sí, desexaría trabucarme. Pero as últimas informacións que me deron indican que a miña sospeita era fundada e o proxecto non tiña razón de ser… por sí so. En realidade é unha avanzadilla, unha fase preliminar de outro proxecto titánico citado vagamente no informe feito público (daquela maneira) e que, naturalmente vai ter consecuencias aínda peores para nos.
Vou pasar a fin de semana fora, e hasta o luns non vou ter máis novas, polo que non publicarei nada sobre o asunto hasta ter un coñecemento máis amplo dos feitos.
Apunto, cambiando totalmente de tema, que a Vila dos Viaductos ten máis padecementos que a circunvalación de marras. Este 22 de septembro, venres, está convocada unha concentración diante da Casa do Concello para as 20:30h, na que se mostrará repulsa ós malos tratos sufridos por unha moza de este concello, Tania, que neste mes viviu o drama dun aborto provocado pola violencia doméstica, a usurpación do cadaver non nato por parte da familia do agresor, e un calvario de ameazas e presións, incluida a de poder perder a custodia do seu outro fillo.
Se isto é a Europa do século XXI, quero marchar para o XXII a. de C., polo menos os ríos non estaban contaminados.

Viaducto.

Destruíndo Redondela.

O mércores da semana pasada, atopeime con unha concentración diante da Casa do Concello de Redondela, na que unha organización local repartía follas explicando a causa da concentración. (texto aquí)
Ocorre en Redondela, básicamente, que nos enteramos no penúltimo día do plazo de alegacións de que exite un estudo informativo para construir unha autovía de circunvalación ó casco urbano do concello. Alén da crítica que merece o concello pola súa falta de convocatoria e información, o coñecemento público do proxecto foi unha verdadeira sacudida para moitos de nos: expropiacións en moitas parroquias, afectacións enormes e, sobre todo, unha fenda paisaxística e social no noso concello, que coa suma de esta circunvalación, o AVE a Vigo e a futura autovía Pontevedra-Vigo, vai ver cómo a sú morfoloxía queda irreversiblemente deformada.
Desde o domingo, deixei totalmente aparcados outros contidos que ía publicar no blog para adicar as horas reservadas para este exclusivamente a estudiar o proxecto. Quédame poñerme en contacto con algunhas personas implicadas na Plataforma Cidadá creada ó respecto para completar a miña información e publicar un post no que explicar completamente a situación, o horizonte e as alternativas que se presentan.
Si non mo impide o estúpido virus co que me erguín hoxe, tentarei ter ese artigo listo antes de que remate a semana.

¡Estou farto!

Hai unha semana, o mestre Marcos Valcárcel tivo a idea de postar catro ou cinco cousas das que un estea farto. Eu recollo a iniciativa, e velahí van as miñas:

-Estou farto de que o rural galego se estea a destruir con grandes obras e infraestructuras que corresponden a unha planificación territorial, social e económica de hai máis de medio século.
-Estou farto de vivir nunha sociedade na que se teñen en conta valores como a moda e os complementos.
-Estou farto de que, cando con alguén de fora, me diga que os galegos somos uns miserables de espíritu, uns mortos de fame, unhas ovellas e uns cobardes; sobre todo, porque teñen argumentos abondo para obligarme a darlles a razón.
-Estou farto de que os ideais democráticos dos séculos XVIII, XIX e XX se estan a convertir nun fracaso, nun intermedio entre o feudalismo medieval e a plutocracia cada vez máis forte que vivimos (problemas para enlazar unha definición en galego), que feudalismo ven a ser.
-Estou farto de que a ciencia e a tecnoloxía desplacen cada vez máis ó ser humano e á natureza.

Recomendadísimo. Non sei si arreglará algo, pero relaxa bastante…

Presente e futuro do monte galego.

Díptico.

Este xoves, a asociación Alén Nós organizou unha mesa redonda titulada “Presente e futuro do monte galego” na que participaron Claudio Quintillán, axente forestal e membro do Comité de Defensa do Monte Galego, Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes, e Francisco J. Fernández de Ana-Magán, enxeñeiro de montes e presidente de Asociación Forestal de Galicia (nos tres debería engadir “entre outras cousas”).
Apunto rápidamente algunhas cousas alí ditas, para non as esquecer:

-A maioría dos cargos e representantes dos tres partidos políticos maioritarios en Galicia non teñen nin idea da realidade do monte.

-En zonas dos grandes incendios de agosto, xa se tiñan rexistrado hasta cuarenta ou cincuenta pequenos lumes nos meses de xuño e xullo, pero non se coñece ningún resultado de investigacións policiales de aqueles lumes.

-Moitos anos se teñen producido incendios nos que arderan cinco mil hectáreas ou máis, pero eran en zonas do interior, pouco habitadas, e ninguén lles facía caso. Este ano os lumes foron feitos para que se viran.

-O monte arde porque lle poñen lume.

-A actual ordenación forestal está pensada para abastecer ás grandes industrias situadas en Galicia, a do papel principalmente. Si se sigue ordenando o monte pensando só na venta da madeira, seguiremos perpetuando os nosos erros. Do monte pódense obter outros valores, o ecolóxico, o paisaxístico, a recolección de cogumelos, a caza, a pesca, o arqueolóxico… sempre que estea ben ordenado para os usos correspondientes en cada parte.

-Dicir que o monte arde por non estar limpo é un erro. En primeiro lugar, porque o monte non é un xardín, ten unha biodiversidade natural que hai que respetar para que siga sendo monte, e para que produza outros valores. Segundo, porque non é económicamente viable manter un monte totalmente desbrozado, e nin con iso está garantida a non propagación dos lumes. O fundamental é que se conte coas zonas de seguridade necesarias, que se manteñan as pistas e servidumbres limpas e accesibles…

-Habería que darlle un tirón de orellas a Audasa por non ter as marxes da A-9 desbrozadas. Habería que darlle un tirón de orellas a Unión Fenosa por non ter as sevidumbres das liñas desbrozadas. Pero sobre todo habería que darlle un tiron de orellas ós concellos porque, en sitios, non é que os camiños teñan maleza nas beiras, e que as silvas cruzan de un lado a outro, e non se pode pasar.

-Débese facer unha ordenación do territorio por comarcas, nas que as ordenacións forestais entren dentro de un plan máis xeneral, que teña en conta as posibilidades productivas ou as actividades económicas propias de esa comarca, e busque o seu potenciamento a través da xestión integrada de tódolos seus recursos.

-O coidado e a explotación do monte, que é a segunda ou a terceira fonte de riqueza de Galicia, ten sentido si existe unha población rural disposta a explotar esa riqueza. Para iso, hai que fixar poboación no rural galego, recuperar a actividade agrícola e gandeira e integralas co forestal (…) necesítase unha política de infraestructuras e servicios que lle dean á xente do rural unha calidade de vida que os permita permanecer alí; pero, sobre todo, hai que dignificar ó traballador do medio rural, con salarios, condicións laborais e un prestixio social acorde cos tempos nos que estamos.

-Todo isto é posible só si se fan políticas axeitadas e, sobre todo, se destinan todos os fondos e medios económicos necesarios. Para iso, debe de haber unha concienciación social de que o monte é un grande patrimonio que temos todos os galegos, e así motivar as decisións pertinentes por parte dos políticos.

-A ola de incendios de este ano pode ser, e así o parece, un punto de inflexión na relación que temos os galegos co noso monte.

Quizáis as transcripcións non sexan todo o exactas que eu desexaría, pois é a memoria un soporte volátil, sobre todo cando a cebeza de un ten dentro mil cousas pouco emparentadas entre si, pero as ideas son esas; coido difícil que alguén poida demostrar que son malas ideas.

Reglas do xogo democrático.

Cada vez que oio falar das reglas do xogo democrático, pouco menos que monto en cólera, por unha razón ben sinxela: ata onde me ensinaron, a política implica unha responsabilidade que non ten nada de xogo. Claro que iso é a miña opinión personal, intransferible e temo que un chisco inxenua. Si a política non fose un xogo, ou algo ben distinto do que se ensina na escola, non se entenderían as grandes celebracións cando un candidato gaña unhas eleccións ou que os partidos políticos dispoñan de presupostos astronómicos para acadar uns poderes dos que, segundo se supón, nada de beneficio van tirar para sí.
Supoño eu que iso será moito supoñer, porque menuda se montara cando Pascual Maragall deixara cair aquilo das comisións de CIU na Generalitat, non tanto polo famoso 3% como por telo dito en público, e ó final todo quedou en unha pelexa de galos. De iso, e moitos outros exemplos, queda a impresión de que a clase política mantén un pacto de silencio, un acordo de “non lle pidas ós outros responsabilidades serias, si non queres que chas pidan a tí” e de que todos sospeitamos, pero ninguén quere saber, que cando se fala do xogo democrático, fálase dunha disputa por dispoñer dos privilexios que se poden obter da ostentación dos cargos públicos, fundamentalmente o manexo de cartos e a toma de decisións que poden supoñer ou non grandes lucros a terceiros.
Como naquel cartel nazi dos ciclistas e os xudeus, si digo que o PPde G esperaba sacar tallada dos incendios nas eleccións municipais do ano que ven, expóñome a que se me rete a presentar probas. Abofé que non vou demostrar eu o que non é capaz de demostrar a Guardia Civil, nin vou demostrar que tal partido estivese disposto a calquera mangancha propia de Don Ramiro Pereira con tal de gañaren unhas eleccións, porque iso fano éles soíños; pero a expersión sacar tallada vai pasar bastante desapercibida. ¿A que sí? ¿A que nos escandalizamos todos un pouco porque se descubra que o PP (en este caso concreto) é capaz de facer cousas cando menos inmorais para gañar imaxe e non nos escandalizamos tanto por descubrir, unha e outra vez, que si un partido político fai algo contrario ó interés cidadán para gobernar, é difícil non pensar que cando goberne non vai mirar precisamente por ese interés de todos? Pois mentras iso non nos escandalice de verdade, e non haxa un verdadeiro levantamento contra a corruptela e os amiguismos, seguiremos a merecer canto mal nos pase.
Polo demáis, despois de ler o famoso informe para poder falar con coñecemento, chego a catro conclusións que, naturalmente, apunto aquí, para non as esquecer:
1ª A persoa que escibiu este texto é un pouco torpe (por sorte) en materia de estratexias e organización, pois necesita catro páxinas de informe para dicir “vamos a poñerlle tódalas trabas posibles á Consellería de Medio Rural para minar electoralmente ós partidos do goberno”.
2ª Ou as persoas destinatarias de este informe descoñecen os procemedemtos administrativos, ou quen redacta o tal informe non ten moita fe en elas, porque esas catro páxinas de explicación expoñen moitas cousas que son de dominio público e de coñecemento pouco menos que necesario por parte das administracións implicadas.
3ª Que sexa de coñecemento público, non resta algo de repulsa ler a maratón burocrática que hai que repetir cada ano para unas contratacións que, de repetidas ano tras ano, deberían de estar un pouco mellor estructuradas e sin improvisacións políticas.
4ª Eu non sei nada do xogo político, así que non vou dicir que prefiro ó PP, ó PSOE ou ó BNG, pero o que parece claro despois de ler este informe é que os populares tratan de manter o tecido de poder que perderon a nivel autonómico por medio do que conservan a nivel municipal. Tanto apego ó poder, á xestión dos fondos públicos e a ordenación do territorio lémbrame inconscientemente ó apego que un carracho lle pode ter ó seu can.
E este post, non critica ó carracho sinón ó can, por non se saber rascar. Que conste.

Campeóns e perdedores.

Unha das consecuencias de me ter criado no extrarradio coruñés, sendo nativo do extrarradio vigués, foi que chegara a detestar o fútbol e todo o que ten que ver con él. Así é a xente, pero agradézollelo porque vivo libre de unha necesidade que para moitos supon un gasto de cartos, tempo e saúde, e eu teño abondo onde gastar as tres cousas. Iso non impide que saiba moito de ese deporte, porque na miña casa cómese ás tres e media, e mírase o parte tódolos dias de nuestro señor; en consecuencia, tódolos días como con unha media de dez minutos (a veces casi un tercio da duración do telexornal, que non é unha broma) de información deportiva, ou o que é mesmo, de partidos do século, dramas cortesanos, chistes mediocres, millóns de euros, declaracións no idioma dos indios das películas… e algo de partidos, campionatos ou carreiras tamén.
O caso é que, por si alguén non se enterara, a selección española de baloncesto proclamouse campiona do mundo, e houbo grandes bombos e platillos. Eu alegreime tamén, por unha empatía que nace de ter xogado no equipo do meu colexio (máis ben mal), pero tampouco toleei co conto porque xa estou acostumbrado a ver españoles e galegos gañando títulos importantes. En motociclismo, en atletismo, en remo, en ciclismo, en triatlón, en rallyes… Dende que Carlos Sainz se proclamou dúas veces campeón do mundo no seu, e España irrumpiu no medalleiro olímpico de Barcelona ‘92, levamos década e media con períodos de gloria na maioría dos deportes máis ou menos coñecidos. Sin embargo, iso non parece servir de nada, o fútbol sigue a ser o centro do mundo e a semana pasada, durante os cruces do Mundobasket, o “deporte rei” seguiu mantendo a súa hexemonía mediática; esta semana, a noticia virou a ser algo así como “a ver si a selección de fútbol tamén pode…” E non puido, perdeu contra Irlanda do norte, o típico rival hipotéticamente inferior que lle fai unha faena a calquera. Choven as comparacións e as críticas e saio eu, que detesto o fútbol, en defensa dos futbolistas.
É certo que a liga española é das que máis pesan nos campeonatos internacionais de clubes, abofé; pero o que pesan son os euros cos que se contratan a xogadores que pouco representan o que é o fútbol en España, principalmente por seren extranxeiros. Ningunha obxeción ó respecto, pero que despois ninguén leve as mans á cabeza si non hai xogadores ou adestradores capaces de formar unha selección campeona. Iso por unha parte, pola outra, dubido moito que Luís Aragonés pedira para si o título de “sabio de hortaleza”, ou que, por máis que lles agrade, sexan os propios futbolistas (españoles) os promotores da súa imaxe diva nin da esaxeración nos adxetivos que reciben. Tal vez, inventando outro deporte baseado só en fumar grandes puros, xestionar patrimonios inxentes, e reirlle as gracias ás estrelas, empezaría a facerse no futbol o que fan o resto dos deportistas: traballar, esforzarse e contar coa ilusión como principal, cando non única (porque non cheiran nin un euro), motivación. Tal vez aprendendo máis nomes que Pau Gasol, Fernando Alonso, Dani Pedrosa e Manuel Martínez, que hai bastante onde escoller, se descarguen un pouco os Xavi, Raul, Casillas, Pujol, etcétera, antes de que llos gasten de todo, ou empecen a xurdir outros dos colexios, pequenos clubes e escolas deportivas, os que fan de verdade o traballo de prepararen deportistas dende a base para chegar algún día ó Xapón e vir de volta con unha medalla colgada no pescozo, algo que parece facer moi feliz a moita xente.
Por certo, tamén trago os vinte minutos de publicidade ininterrumpida que hai dende que remata o parte, hasta que empeza o tempo, seguinte capilla de paso obrigado no via crucis. Así estou.