Tristura nosa de cada dia.
O quince de agosto do ano pasado, un domingo caluroso e de resaca, uns amigos meus decidiron que a praia ía ser máis suplicio que placer, así que un propuxo levarnos ó sitio ideal. Era en Cambre, preto da estrada, aparcamos e metémonos por un carreiro que pasaba ben desapercibido. Andivemos uns metros e atopamos isto:
A foto funa tomar á outra beira do rio. Pasamos a tarde ó fresco, bañándonos (sin preocuparnos moito polas condicións da auga) e guindándonos ó rio dende as árbores no típico oasis natural galego.
Xusto un ano despois, este pasado luns día quince, voltei por alí e o panorama mudara bastante:
Cortaran algo máis da metade das árbores e abriron sendas pistas ós dous lados do rio. Un letreiro de unha inmobiliaria, na estrada, da unha posible explicación da desfeita, mentres que o da constructora (na foto) rezaba, co título “Comprometidos con el medio ambiente”, unha letanía de normas sobre tratamento de resíduos pero nada de non escarallar os ríos e paraxes anexas.
É o pan noso de cada día. Galicia é unha terra na que abundan os lugares como era este, nos que a natureza nos regala aire fresco, silencio e un verde con efectos analxésicos. Abundan tanto, que parece que sobran, e si non é o lume, son autovías, trens de alta velocidade, chalés, vertedoiros e outros progresos que os destrúen irreparablemente. Hasta un día, que teremos progresado tanto e seremos tan ricos que, cando nos apeteza pasar un domingo tranquilo nun rio non urbanizado, teremos que pagar un avión e marchar de vacacións a calquera país menos miserento que o noso.
convidariache para que viñeras á Arxentina pero non sei se será menos miserento que Galiza. Entón, quedo calada. Coa mesma frustración ca ti…
Comment by torredebabel — August 17, 2006 @ 12:15 am
Olá Miguez!
Quando não são os incêndios, é o “desenvolvimento”…Ou quando se abatem árvores nas ruas da cidade para dar lugar ao aparcamento automóvel, ou se esvaziam os detritos da pocilga na ribeira.
Um abraço
Comment by pepe — August 17, 2006 @ 11:52 am
Eu non acabo de entender por qué non nos entra na cabeza que a terra non é nosa, que estamos de prestado e cando marchemos non temos dereito a deixar todo suxo e patas arriba. Será que nos cremos moito máis importantes do que en realidade somos.
Comment by F. Miguez — August 17, 2006 @ 11:00 pm
Queres escarallar un paraíso?. Fai unha estrada ata el.
Comment by paideleo — August 18, 2006 @ 9:41 am