Terceiro dia de lumes.

Onte á tarde, depois de apuntar aquí, tívenme que desplazar hasta a saída da AP-9 en Vilaboa. Ainda que levei a cámara conmigo, tan descorazonadora era a paisaxe que preferín non tomarlle foto ningunha a un continuo de incendios todo ó longo da estrada.

Inferno.

Hoxe repetiuse a historia, hasta primeira hora do mediodia os lumes ían menguados pero agora, ás 19:00, a parte de Galicia que vexo dende a miña casa parece o que pudo ser o 6 de agosto de 1944, no norte de Francia. Columnas de fume vólvense levantar nos catro puntos cardinais e hai un permanente tráfico de avións de hélice voando raso dende Peinador hasta as frontes.
Desexaría ter estado nunha cuadrilla forestal e aportar o meu gran de area nesa loita, pero este verán non era o máis indicado. Mentras lle dou voltas á cabeza pensando qué podo facer eu en todo isto, e cando xa case tiña algunha idea, chega meu irmán de estar con uns amigos que lle contaron que en Pontareas, o ano pasado, fíxose unha lista de persoas que poderían estar involucradas nos incendios, detívose ás oito primeiras, e este ano aínda non tiveron ningún incendio.
O Sr. Miguez non ten madeira de detective, pero sí ten ideas, e apuntará canta iniciativa se lle ocorra ou escoite, esperando que alguén a siga.

Loita.

(P.D.: As fotos non están viradas a sepia para refrendar a cita histórica, ese color cobrizo é o que ten hoxe o ceo de Redondela, e temo que boa parte de Galicia.)

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/08/06/terceiro-dia-de-lumes/trackback/

  1. NUNCA MAIS INCENDIOS EN GALIZA…! NUNCA MAIS…!

    Comment by Erasmo — August 6, 2006 @ 11:18 pm

  2. non uso moito internet nas fins de semana, por iso, esta tarde cando atopei a Marinha e contoume do lume non me chegaban os dedos para procurar información nos xornais galegos. Mirei todas as fotos e ainda non puiden quitar o drama e a pena e o odio da miña mente.

    Comment by torredebabel — August 6, 2006 @ 11:28 pm

  3. Deixovos a continuación o texto do
    e-mail que veño de enviarlle ó Conselleiro de Medio Rural e que considero unha cuestión de máxima gravidade para o futuro NATURAL de Galicia.
    ——–

    A verdade é que se todo está tan actualizado coma a Paxina Web desta Consellería non me estraña nada que GALIZA esté a arder polos catro puntos cardinais.

    Sr Conselleiro agardo que teñas o que hai que ter (en política) para presentar a TÚA DEMISIÓN polas graves declaracións realizadas o Venres en Sé Parlamentaria dicindo que tiñamos os ‘medios suficientes’ para facerlle fronte ó lume.

    Cando non hai nin planos de actuación nin se sabe como facerlle fronte á Organización Real do País… o mellor que se pode facer é recoñecelo e deixar o sitio as persoas (do BNG, do PSdG, do Inferno se fai falla…) que teñan capacidade para salvar a nosa terra desta catástrofe.

    Polo ben do país… demite e fai as declaracións que teñas que facer para dicirlle ó pobo galego quenes son os responsables desta total falta de coordinación e respota conta o lume criminal dos especuladores.

    Fala todo o que queiras en Sé Parlamentar (coma che gosta dicir) pero deixa un cargo que che ven moi ANCHO meu amigo.

    Sinceiramente descorazonado…

    Erasmo
    (no orixinal asinei con nome e DNI)

    INCENDIOS EN GALIZA NUNCA MÁIS…!!!
    —–

    INVITOVOS A enviar algo similar ó Conselleiro aquí vos deixo o Correo-e para exercer a crítica cidadán dunha xestión deplorable…

    D. Alfredo Suárez Canal
    gabinete.agri@xunta.es

    NUNCA MÁIS…!!!

    Galicia non se vende…
    a ningún especulador veña de onde veña…!!!

    Comment by Erasmo — August 7, 2006 @ 11:19 am

  4. Neste enlace podemos seguir a discutir as Responsabilidade e Solucións de futuro desta CATASTROFE ECOLÓXICA e Criminal…!

    NUNCA MAIS INCENDIOS EN GALICIA…!

    Comment by Erasmo — August 7, 2006 @ 4:56 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.