Terceiro dia de lumes.

Onte á tarde, depois de apuntar aquí, tívenme que desplazar hasta a saída da AP-9 en Vilaboa. Ainda que levei a cámara conmigo, tan descorazonadora era a paisaxe que preferín non tomarlle foto ningunha a un continuo de incendios todo ó longo da estrada.

Inferno.

Hoxe repetiuse a historia, hasta primeira hora do mediodia os lumes ían menguados pero agora, ás 19:00, a parte de Galicia que vexo dende a miña casa parece o que pudo ser o 6 de agosto de 1944, no norte de Francia. Columnas de fume vólvense levantar nos catro puntos cardinais e hai un permanente tráfico de avións de hélice voando raso dende Peinador hasta as frontes.
Desexaría ter estado nunha cuadrilla forestal e aportar o meu gran de area nesa loita, pero este verán non era o máis indicado. Mentras lle dou voltas á cabeza pensando qué podo facer eu en todo isto, e cando xa case tiña algunha idea, chega meu irmán de estar con uns amigos que lle contaron que en Pontareas, o ano pasado, fíxose unha lista de persoas que poderían estar involucradas nos incendios, detívose ás oito primeiras, e este ano aínda non tiveron ningún incendio.
O Sr. Miguez non ten madeira de detective, pero sí ten ideas, e apuntará canta iniciativa se lle ocorra ou escoite, esperando que alguén a siga.

Loita.

(P.D.: As fotos non están viradas a sepia para refrendar a cita histórica, ese color cobrizo é o que ten hoxe o ceo de Redondela, e temo que boa parte de Galicia.)