Sobre a iluminación nas estradas.

Quizáis ocurra tamén en outros lugares, pero a dispersión da poboación en Galicia pode ser a principal causa de unha sutil deficiencia na iluminación das nosas estradas, calquera que sexa o seu rango, que tratarei de explicar aquí. Por un lado, nun tramo de vía con alumbrado público nas súas marxes pódese considerar que a iluminación non vai ser causa de perigo; por outro, naqueles lugares sin iluminación nocturna, nun vehículo coas luces correctamente reguladas e circulando a unha velocidade axeitada, tampouco hai nada que supoña un risco a priori, xa que o ollo humano se adapta a un amplo rango de luminosidades. O perigo, está nos cambios de iluminación, particularmente no paso de zonas iluminadas a non iluminadas; o conductor, confiado pola mellor visibilidade, aumenta a velocidade e, cando sae da zona iluminada, tarda uns segundos en dilatar de novo as pupilas e adaptarse de novo á escuridade. Si a velocidade é elevada, e nos primeiros metros do tramo escuro hai unha curva difícl, un peatón, ou calquera incidencia, a situación de perigo está servida. Como digo, na nosa terra é un fenómeno bastante frecuente. As vías públicas ilumínanse atendendo ós usos das marxes (como é lóxico), e o normal é atopar gasolineiras, restaurantes, pequenos grupos de casas ou incluso clubes de alterne profusamente iluminados, atendendo á seguridade dos peaóns en moitos casos, para volver bruscamente á escuridade natural.
Para evitar situacións de perigo, débese instar a que as administracións poñan máis coidado á hora de iluminar as marxes das estradas, dándolle unha progresión á intensidade lumínica nos extremos, ou prolongándoa hasta zonas nas que o ollo vaia a ter tempo a se adaptar en condicións de seguridade. (Tamén existe o truco de poñer sinais de límite de velocidade, pero trátase de evitarlle problemas ó usuario, non de aumentarllos.) Polo que se refire ó conductor, a quen se lle supón unha atención e concentración exclusivas no volante, debe de ter en conta esta cuestión cando circule de noite; anticipándose ó final da zona iluminada, e por máis que poda correr en ela, a técnica correcta consiste en reducir a velocidade antes de entrar na escuridade, e dirixir a vista hacia a continuación da vía na busca de referencias sobre a traxectoria a seguir, a presencia de vehículos estacionados nas marxes, etcétera, hasta que o ollo volva a adaptarse e se evite o perigo de circular durante uns segundos a cegas. Son só uns segundos de levantar o pé e extremar a atención, que poden ser a diferencia entre un bo susto, ou manter sempre o control da situación.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/08/04/sobre-a-iluminacion-nas-estradas/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.