A nuclear ás portas.

Cáeme no agregador un titular da Voz de Galicia no que se dí que un pobo de Zamora, a 50 km da nosa comunidade, pide para si un cemiterio de residuos nucleares. Aínda que lembran un pouco ó conto da leiteira, os argumentos do alcalde promotor da idea, tales como frear a emigración dos veciños e resucitar económicamente o concello, parecen totalmente lexítimos.
Onte apuntei que se me frustrara un post sobre esta materia, do cal hoxe atopei, nalgún recuncho absurdo de blogsome, o primeiro cuarto do contido; esta nova é un botón de mostra da sensación de que nos podemos ir preparando para asistir, no s. XXI, á consolidación da enerxía nuclear.
A moitos, esta idea non lles parecerá en absoluto negativa; temeroso eu de aparentar dicir as cousas porque sí, expoño hoxe dous argumentos en contra da enerxía nuclear, e outras ocasións haberá para profundizar en eles.
O primeiro argumento é a seguridade; así como a tecnoloxía do petroleo, que tanto se empregou ó longo da segunda metade do s. XX, tivo grandes consecuencias medioambientais, e non poucos accidentes graves (de boa parte de eles, Galicia aínda garda crueis manchas negras naquelas pedras nas que bate o mar), é unha inxenuidade que só se comprende si está sementada na mala fe, pensar que a explotación enerxética dos recursos nucleares nunca máis vai ter ningún accidente, que todo vai estar sempre baixo control durante os cen anos que se lle poden prever de vida útil a esta tecnoloxía hasta que a fusión a desbanque; como igualmente inxenuo é pensar que se poden gardar os residuos durante miles de anos debaixo da terra sin que iso vaia supoñer xamáis un problema.
O segundo argumento, é o social. Si as enerxías renovables poderían ser neste eido o que o sofware libre é na informática, a enerxía nuclear vai ser máis do mesmo: grandes empresas que se lucran a costa de poñer en perigo o entorno no que traballan, intereses estratéxicos e xeopolíticos que derivan en tensións como a xa que teñen Iran e os países occidentais, países pobres que seguiran pobres por non poder pargar esas tecnoloxías, malia que seguramente serán grandes receptores de residuos… como Peque, en Zamora, que se ofrece a tragar co lixo nuclear do demáis a cambio de non perecer na ruina económica de este mundo de economía plarizada nas cidades.
Nunhas prácticas de terceiro curso, un profesor que era contrario ás centrais nucleares (caso pouco frecuente na docencia da enxeñería) contábanos como unha cidade estadounidense, ameazada pola construcción de unha central térmica nas súas proximidades, que os seus promotores xustificaban pola elevada demanda enerxética da zona, tomou a firme resolución de reducir o seu consumo eléctrico hasta que tal argumento quedara en evidencia e a central non se construise. Non sei o que habia de verdade e o que habia de aleccionamento nesa historia, pero como si se tratase dunha fábula, a loita da xente por vivir nun mundo máis limpo e máis san rematou coa victoria dos que, a todas luces eran os bos.

Nota: Este non era o artigo que perdín onte, pero si antes digo que non me había de faltar ocasión para falar do tema, antes ocorre. En realidade, non había moita dificultade para acertar; é certo que a enerxía nuclear xa está aceptada nas esferas de poder como alternativa ó petroleo, para que a maquinaria da sociedade industrial-de consumo non se deteña.