1 Agosto 2006 (III). As patacas.

Hoxe, rematei de excavar as patacas.

Patatas.

Xa arrincara hai dúas semanas as Finas de Bergantiños e máis as Kennebeck, e esta semana arriquei as Baraka, que tardaron algo máis de tempo en cumplir. O resultado do experimento foi, en xeral, bastante bo.
Apunto, para rematar a especie de ráfaga de hoxe, que á veigha na que estiveron estas patacas lle chamamos “O Redollo”, unha pequena tira de uns seiscentos metros cuadrados que os meus avós abandonaran haberá doce anos. Hai case catro, movido polas inquedanzas que trato de plasmar neste blog, decidín enfrentarme a unhas silvas moito máis altas ca min e desbrozala para sementala de centeo. Na tarefa axudoume miña nai, que me contou como na labrada do 1978, xestándome, lle prohibiran botarlle man a nada, así que se adicara a arrincarrlle as raíces a unhas malas herbas que xamáis voltaron a aquela leira. Quizáis, nestes catro anos a brincar de agricultor experimental amateur, o mellor que levo vivido foi esa experiencia de xenerar a oportunidade para estar coa miña familia, oir os contos da miña avoa, cabrearnos e descabrearnos…
Moitas veces, moitísimas, desanímome e penso que estou a perder o tempo, que máis me valería concentrar os meus esforzos nos estudios para ser algún día un profesional o mellor remunerado posible, e esquecerme de andar a fozar nunha terra que non me ofrece lucro ningún. Pero a veces recibo pequenas satisfaccións, como descubrir as primeiras espigas de trigo o ano do ano pasado, ou oir “que boas están as tales patacas finas” nunha churrascada de amigos. Recibo a sorpresa de que, arrasadas aquelas silvas inxentes, volvera agromar o trevo que sementaran os meus avós o último ano que traballaron O Redollo, como quen atopa unhas fotos da familia a remexer no faiado. Recibo chegar á leira ó mencer e ser benvido por unha brisa que parece manar da terra, a dicirme que está viva e que eu estou vivo gracias a ela, e a sensación vira do romanticismo hacia o empirismo cando experimento en min mesmo que as persoas, e por extensión as sociedades que forman, somos como as árbores, canto máis fondas teñamos as raíces na terra, mellor resistiremos os temporais e as sequías.

3 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/08/02/1-agosto-2006-iii-as-patacas/trackback/

  1. Parabéns polo esforzo, polos resultados… e pola relexión.

    Comment by eSedidió — August 2, 2006 @ 8:45 am

  2. reflexión, maldito teclado

    Comment by eSedidió — August 2, 2006 @ 8:46 am

  3. Gracias, xefe, polos parabens e polo apoio. Trato de estar á altura.

    Comment by F. Miguez — August 3, 2006 @ 12:29 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.