1 Agosto 2006 (III). As patacas.

Hoxe, rematei de excavar as patacas.

Patatas.

Xa arrincara hai dúas semanas as Finas de Bergantiños e máis as Kennebeck, e esta semana arriquei as Baraka, que tardaron algo máis de tempo en cumplir. O resultado do experimento foi, en xeral, bastante bo.
Apunto, para rematar a especie de ráfaga de hoxe, que á veigha na que estiveron estas patacas lle chamamos “O Redollo”, unha pequena tira de uns seiscentos metros cuadrados que os meus avós abandonaran haberá doce anos. Hai case catro, movido polas inquedanzas que trato de plasmar neste blog, decidín enfrentarme a unhas silvas moito máis altas ca min e desbrozala para sementala de centeo. Na tarefa axudoume miña nai, que me contou como na labrada do 1978, xestándome, lle prohibiran botarlle man a nada, así que se adicara a arrincarrlle as raíces a unhas malas herbas que xamáis voltaron a aquela leira. Quizáis, nestes catro anos a brincar de agricultor experimental amateur, o mellor que levo vivido foi esa experiencia de xenerar a oportunidade para estar coa miña familia, oir os contos da miña avoa, cabrearnos e descabrearnos…
Moitas veces, moitísimas, desanímome e penso que estou a perder o tempo, que máis me valería concentrar os meus esforzos nos estudios para ser algún día un profesional o mellor remunerado posible, e esquecerme de andar a fozar nunha terra que non me ofrece lucro ningún. Pero a veces recibo pequenas satisfaccións, como descubrir as primeiras espigas de trigo o ano do ano pasado, ou oir “que boas están as tales patacas finas” nunha churrascada de amigos. Recibo a sorpresa de que, arrasadas aquelas silvas inxentes, volvera agromar o trevo que sementaran os meus avós o último ano que traballaron O Redollo, como quen atopa unhas fotos da familia a remexer no faiado. Recibo chegar á leira ó mencer e ser benvido por unha brisa que parece manar da terra, a dicirme que está viva e que eu estou vivo gracias a ela, e a sensación vira do romanticismo hacia o empirismo cando experimento en min mesmo que as persoas, e por extensión as sociedades que forman, somos como as árbores, canto máis fondas teñamos as raíces na terra, mellor resistiremos os temporais e as sequías.

1 Agosto 2006 (II). A cagada.

A durante o mes de xullo, lin algunas novas relacionadas con un novo pulo da enerxía nuclear en europa. Aproveitei aquilo para me poñer con un artigo sobre o horizonte enerxético en Europa, Galicia e o mundo enteiro. Básicamente, tiña intención de explicar cómo está mais ou menos previsto manter o gasto enerxético no que estamos metidos, alén da fin técnolóxica do petroleo, coa enerxía nuclear. Xa o tiña case rematado hai máis de unha semana, só me quedaba explicar as oportunidades que ten Galicia, tanto como xenerador como seguindo a ser unha sociedade con recursos (mellor dito, sin grandes consumos) para non depender dun futuro nuclear, así como as razóns polas que considero pouco conveniente abrirlle as portas a esa forma de enerxía; pero cada vez que o lía, sentía que estaba un pouco valeiro, parecíame que as cousas as dicía “por que a min mo parece” e decidín apoiar cada idea ou concepto importante con un enlace solvente e ilustrativo. Estimo que serían xa uns quince, e aínda me quedaban uns poucos máis que poñer, pero hoxe topo que o borrador desapareceu, que non está. Convencido da miña responsabilidade no desastre, veño de barallar opcións dende a autoflaxelación hasta a vida estrictamente pastoril, pero mentras non me decido por algunha das opcións, penso que non me han de faltar ocasións a corto plazo para retomar eses plantexamentos. Para a próxima, procurarei estar calado.