1 Agosto 2006 (I). O coche.
Hoxe foi un día sinalado porque saquei do taller o coche. Non o do meu pai, nin ó que se lle averiou a transmisión mil veces, senón outro: medio clásico, medio deportivo e compañeiro nalgún dos momentos máis intensos dos últimos tres anos da miña vida. Estivo un tempo “ingresado” porque, aproveitando un pequeno golpe, restituimos a súa apariencia orixinal, alterada polo anterior dono, e mais lavámoslle un pouco a cara para disimularlle os dezaoito anos recén cumplidos. No tempo que este coche botou no taller aprendin tres leccións:
1ª Si nunha casa hubera doce coches, os doce serían imprescindibles, e falta de un só de eles sería unha terrible contrariedade… hasta que volves a aprender a organizarte, compartir e comunicarte cos que te rodean.
2ª Por moi convencido que un estea de que un modelo reúne condicións suficientes para ser unha máquina ideal, si o resto da sociedade non comparte esa opinión, os recambios novos poden ser inverosímilmente caros e os de desguace inexistentes.
3ª Nunca, xamáis, baixo ningún pretexto, se lle poden decir a un chapista as palabras “Non corre presa.” , salvo que o coche sexa prescindible durante os oito meses (menos seis dias) seguintes.
Agora todo iso pasou, e toca botar uns días a reencontrarme co meu colega de catro rodas. Apunto: pódese predecir un certo aumento no precio da gasolina.