Cómo descubrin o que pasa.

Hoxe din por rematada a campaña de exames de xunio de este ano, con resultados dentro dos obxetivos marcados, pese ó fiasco da estadística. Un mes de xunio no que renunciei por completo ó exercicio físico, renunciei parcialmente á vida social e non renunciei en absoluto ó blogueo.
No que se refire a este chiringuito, mantíveno aberto con posts que tiña no almacén, posts de urxencia sobre cousas que me chamaron moito a atención, e algún con ambas compoñentes. Pero o complicado estivo no contacto cos demáis blogs, xa que teño uns cincuenta catalogados na carpeta de favoritos (sí, fáltanme moitos por poñer na lista que está á dereita de esta páxina); visitalos todos un por un, coa miña estupenda conexión de 45Kb/s demanda aproximadamente 1h 45min, e nin todos están e blogaliza ou blogalego, nin me quería meter en ningunha das dúas páxinas porque, coñecéndome, acabaría lendo todas as entradas ou case, e o balance de tempo adicado ía ser todavía peor. Así que, na primeira ou segunda semana do mes, ocurriuseme que podería facer un programa que rexistrase só os feeds dos blogs que visito normalmente. ¡Qué listo fun! Non por ter semellante idea, senon por me ter dado conta a tempo de dúas cousas: A primeira, é que non teño nin idea de programación web (e da outra case podemos decir o mesmo). A segunda, que sempre me pasa o mesmo, e sobre todo en informática. Cada vez que penso “podería facer un invento que…” resulta que xa está inventado de vello, ou non tan vello. Así que preguntei por ahí e entereime de que, como sospeitaba, o choio estaba inventado. E non so iso, sinon que o Opera que teño instalado xa o ten. Como a humildade e a experiencia me impiden considerarme moi listo, podo dicir que non me sentín nada pámpano en absoluto, é máis, congratuleime de ter sospeitado a tempo que ía facer o ridículo tentando algo que xa estaba superadísimo.
O caso e que Opera non me acaba de convencer, máis pola miña culpa que pola súa, e acabei por aproveitar que xa tiña unha conta de Gmail para me introducir de cheo no Google reader. Optei polo servicio de Google porque así podo acceder a él dende calquera ordenador con unha conexión a Internet, e non só dende o meu, que é onde residen os arquivos do Opera; e iso a pesar de que tanto buen-rollito-todo-gratis de Google me levanta a sospeita de que traian entre mans algo, tipo fecha-la villa e someter ó mundo, ou algo así.
Xa suscrito a case todos eses blogues de confianza, quixen probar cos xornais e suscribinme ós dous primeiros que me viñeron á cabeza, non me deron arcadas, e foron recoñecidos polo reader (vamos, que en total me pasaron sete pola cabeza). A experiencia ten pros e contras. O principal defecto que lle vexo, é que me comunican entre doce e vinte veces diarias noticias repetidas, algunha coa entidade de “La reina Isabel II cuesta al año a los británicos menos que una taza de café” ou por ahí. A principal ventaxa, para min, que comunican as noticias grandes e as pequenas. O tamaño de unha noticia é relativo ó das demáis que se produzan non día, e en espacios finitos como un telexornal, o reparto é proporcional a ese peso relativo. En cambio, vía rss, eu decido que tempo adicarlle a cada noticia e, en plena voráxine do mundial de xogar á pelota, entérome de que “El volumen de peces cayó un 90% en los últimos cien años”. E gardando as blasfemias e palabras malsoantes para min, digo que se pon un nudo na gorxa (¿será verdadeiramente un nudo?) da comparación que fago co argumento da película Cando o Destino Nos Alcance, na que unha población miserenta se alimentaba de unhas galletas chamadas Soylent Green feitas de restos humanos, por mor da imposibilidade de obter alimento para toda a xente.
Esa noticia fala por sí soa, pero saquei do Google reader outras dúas liñas de actualidade que quero comentar, porque… algunha non apunta moi lonxe das bases de aquela película.
Agora, que estou de vacacións, todo será posible :D
Durante uns días.

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/06/28/como-descubrin-o-que-pasa/trackback/

  1. Eu adoito usar o Bloglines, pero non son orixinal, é o mais empregado. Teño un botón na barra para agregar a semente da páxina na que estea (se a ten, case sempre a recoñece).
    Agora, non podería ter a día o que leo sen o agregador, é case tan vicioso coma o fedello do Chuza!.
    Parabéns por voltar á vida, pásao ben.

    Comment by ghanito — June 29, 2006 @ 5:15 am

  2. xa que os exames de xunio foron con “resultados dentro dos obxetivos marcados”, que sexan boas vacacións e non leas tantas noticias que non fan ben (e cho digo eu que son xornalista!!! ;-) )

    Comment by torredebabel — June 29, 2006 @ 11:45 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.