O luto das avoas.
Lin en fiosinvisibles un entrañable post (como todos os que fai torredebabel) sobre aquel riguroso loito das avoas que todos, ou polo menos os que mantivemos as raíces rurais, coñecimos de primeira man. Eu quero dar unha visión un pouco diferente á súa da cuestión.
A nosa cultura, a do noroeste peninsular (Galicia, Norte de Portugal, Bierzo…), ten recoñecidas unhas influencias históricas características, ó non compartir co resto das rexións máis próximas o catálogo de colonizacións e migracións chegadas ó longo dos séculos. A principal diferencia, probablemente, foi a chegada de diferentes culturas dende o centro e norte de Europa, principalmente Celtas e Suevos, pertencentes a un tronco etnográfico alleo e ben distinguible das máis populares e laureadas civiliacións do entorno mediterráneo. As nosas, as da Europa central e septentrional, húmida e verde, orientaron a súa supervivencia hacia unha agricultura sedentaria, que deviu co tempo nun apego á terra que fornecía o sustento; canto máis apego, máis cariño e, canto máis cariño recibe a terra, máis xeneroso é o sustento. Non é ningún segredo que os galegos, os galegos tradicionais, tamén somos dados a estar apegados ó terruño, sexa por ter experimentado esa relación dedicación-comida de primeira man, ou por ter herdado daqueles devanceiros esa perspectiva.
O feito é que no Mediterráneo, nesas culturas cuia historia se estudia nos colexios de todo o mundo, tivo gran repercusión social unha agricultura máis baseada no pastoreo, xurdindo esa figura do home venerable que cuida un rebaño de cabras, un rebaño de fillos, e un rebaño de mulleres, asumida de cheo nos tres monoteísmos occidentais. Pero para a sociedade celta, por exemplo, si a terra era a base para o sustento da vida, debería de estar en mans da figura social que trae a vida ó mundo: a nai. É un estudio curioso, ese de descubrir como xudaísmo, cristianismo e islam (as relixións dos pastores) reservaron o máis fondo do anonimato para as mulleres, mentres naquelas culturas animistas de máis ó norte, o nucleo familiar e a súa base territorial xiraban en torno ás mulleres. Pero é aínda máis curioso si miro arredor miña.
O meu avó materno, cando lle preguntaban de onde era, sempre respondía irónicamente “Eu son de Ghizán, perteneciente ó aiuntamiento de Mos, pero fun a servir para Saghamonde, Redondela.” En referencia ó feito de que, ó se casar, viñera para a casa da súa familia política, e era nas terras de esta onde traballababa. Sin gardar relación con iso, a familia da súa muller, que é a miña avoa, está emparentada con unha “linaxe” redondelana que son as “Serranas”. Tres xeneracións de mulleres cuios maridos e fillos varóns arrastran a denominación “o de … a Serrana”.
Pola familia paterna, non é menos. Hai uns anos, nunha voda da rama que a familia ten no norte de Portugal, quedei abraiado coa reacción dunha menina portuguesa, cando lle dixeron “estes son os parentes da Espanha, e esta é a tía Benedicta”. A tía Benedicta é a miña avoa paterna, e unha das raíces máis antigas da xenealoxía familiar aínda con vida; coa indiferencia absoluta que os demáis parentes da Espanha lle producimos á rapariga, contrastou a cara de admiración que puxo cando por fin viu en persoa a “a tia”, tanto sería o que levaba oído falar de ela.
Calquera que mire ó seu redor, darase conta de que o galego tradicional casou e marchou para a terra da súa muller, de que as leiras son normalmente de ela e de que, en resumen, debemos de herdar (entre outras cousas) ese matriarcado que nos truxeron os parentes da Europa escura. Dito de outro xeito, legado de unhas culturas animistas nas que a fertilidade era divinizada, que pasaron por Galicia haberá uns catro mil anos (para que despois nos asombremos da “milenaria” cultura china), quedou na nosa cultura a percepción da muller como centro da casa e da familia. Pero tamén, por extensión, como tesoreira da vida en sí mesma, por traela ó mundo, por coidala hasta que xa era autosuficiente e desde que xa non era máis autosuficiente. E nesa relación directa coa vida, é onde vexo eu que está a orixe da profunda dor que provoca a morte, como frustración última e inevitable de ese papel case místico da muller. E despóis, o loito.
Remato con unha aclaración e dúas conclusións:
-Eu non son historiador. O aquí dito xurde como resultado de coñecementos que puiden recibir de diversas lecturas ou afirmacións de persoas que considerei máis acreditados ca min, e da miña vivencia e observación personales. Ademáis, produciríame unha grande pena que, de algo expresado aquí, se desprendese un xuicio comparativo hacia outras culturas, citadas só para ilustrar por contraste o que pretendo dicir da miña propia.
-As “responsabilidades compartidas” non teñen por qué estar reñidas co que aquí se dixo. Abro as portas da miña casa para fachendear co exemplo de que aquel home que viñera de Ghizán “a servir” en Saghamonde coidou do seu sogro hasta os seus últimos días, como hoxe coidamos de él os tres homes que estamos na casa.
-Efectivamente, hai na tradición galega rasgos e coñecementos tan antigos como o paradigma de tradición antiga que é a asiática, coa diferencia de que a tradición asíatica xira en torno a outros cultivos, outra meteoroloxía e outra terra distinta da que lles deu de comer a cantos viviron en este recuncho nos ultimos cincomil anos. Eses coñecementos, e moitos outros (esta conclusión manifesta a miña adhesión á da páxina enlazada), sobreviviron ó Imperio Romano, ó cristianismo, ó islam, ós Reis Católicos, a Napoleón Bonaparte e ó Xeneral Franco, pero parece que non sobrevivirán á televisión, o cemento e demáis aportacións da modernidade a destempo dos últimos trinta anos. E pensar que a idea de que tivese existido un Ultimo Mohicano me desalmaba cando era máis novo…
Moi interesante o post, dende o percorrido histórico ata as anécdotas persoais. Pasoume algo semellante que a ti, tras ler o post de Torredebabel, tiven que escribir no meu blog un propio. Unha aperta.
Comment by Pés-de-naufragha — June 27, 2006 @ 7:31 am
Por unha vez, e que non sirva de precedente, concordo o 100% co que di vostede. Estes últimos anos pasados á beira do Mediterráneo e compartindo o tema vida/morte a diario con xente de ben variada procedencia permiten suscribir o que apunta.
Son ben certas as diferencias culturais (relación muller/home, afrontamento da morte, loito…) e coido que foi a mellor aprendizaxe da miña etapa aló.
Tratar con africanos, chineses, latinoamericanos, do este,… ó tempo que cos galegos e andaluces da ola inmigratoria dos 50 e cos “mediterráneos” de “tota la vida”, axuda a abrir os ollos e decatarse da importancia da nosa herdanza. E a loitar por que non se perda…
Comment by Iria — June 27, 2006 @ 11:23 am
Festival Paredes de Coura
Norte de Portugal
(cerca de Vigo)
Entrada geral 70 €
Dia 15
Morrissey
Fischerspooner
Broken Social Scene
White Rose Movement
Madrugada
Gomez
Dia 16
Bloc Party
Yeah Yeah Yeahs
Eagles of Death Metal
Dia 17
Bauhaus
The Cramps
!!! (chk chk chk)
Shout Out Louds
Mais nomes a confirmar
Para informações detalhadas: www.paredesdecoura.com
Comment by vitor — June 27, 2006 @ 5:45 pm
tes toda a razón: o comentario merecía este espacio e que lle dedicaras un texto xa que o que contas é lindísimo e moi interesante, polo menos para min. Gracias!!!
Comment by torredebabel — June 27, 2006 @ 10:09 pm
Perdoade por tardar tanto en contestar. Alégrome moito de que vos gustase o post, a min serviume para ver que hai una fronteira moi difusa entre o que se considera o ámbito personal e familiar, e o que é a cultura do pobo no que vive.
Comment by F. Miguez — June 29, 2006 @ 7:11 am
Boísimo, interesantísimo, imprescindible. Apunto, como non.
Comment by r.r. — November 2, 2006 @ 9:12 am
Moitas gracias, voume poñer colorado
Comment by F. Miguez — November 3, 2006 @ 1:01 am