A nova normativa de tráfico.
Hoxe, a noticia foi que se culminou unha das miñas desazóns legais e, segundo parece, vaise reformar o código penal para que certas infraccións de tráfico poidan estar suxeitas a penas cárcere. Xa apuntara unha densa reflexión ó respecto que non me vou poñer a repetir, pero seguirei a manifestar a miña oposición a esta medida. Honestamente, pensara argumentar nos términos clásicos de “eu teño un amigo…” pero coido que, de falacias e medias verdades, está chea a política de seguridade vial que se está a facer en España. Por tanto, fágome enteiramente responsable dos meus actos e explico a miña postura con eles.
Eu vivo con un pé en Redondela e outro en Culleredo, de xeito que teño feito moitísimas veces a viaxe que une os dous concellos, e aproximadamente a metade pola autopista que agora se chama AP-9. O tempo normal para esa viaxe por autopista ronda a hora e media, pero téñome visto en circunstancias (as que sexan) nas que me vin obligado a reducir ese tempo hasta deixalo nunha hora, máis ou menos , que é o mínimo razonable. Para iso, débese levar unha velocidade promedio duns 150Km/h, que tendo en conta entradas, saídas e peaxes, esixe puntas entre 190 e 210Km/h. Agora que xa queda constancia pública de que son (mellor dito, fun, porque dende o verán do 2005 non me volvín atopar en tales lideiras) un peligro público, un temerario ou, cos novos criterios penais, un criminal, será mellor que explique as miñas razóns para que, si se teima en criminalizar, que se faga con algún argumento que rebata o que eu expoño.
Circular por enriba de 190Km/h non significa facelo sempre, senón cando se pode. As miñas formas, dictadas polo sentido común, consisten e tomar as curvas perigosas (esas tan numerosas na AP-9 e outras vías de alta capacidade galegas) a unha velocidade, a que sexa, que garanta a estabilidade da traxectoria e, sobre todo, respetar ós demáis usuarios da vía. Cando un se aproxima a outro vehículo que circula máis a modo pola autoestrada, a maneira correcta e segura de adiantalo consiste en frear hasta quedar a unha velocidade 20 ou 30Km/h superior, adiantalo (ou adiantalos) progresivamente e sin sobresaltalo, e logo volver a acelerar hasta a velocidade desexada ou aconsellada polas circunstancias. Con esa maña tan sinxela de respetar ós demáis, e correr só cando non hai risco de tropezar con eles, podo contar que en oito anos de viaxes pola AP-9 só me vin en perigo tres veces, que describo para que sexan xulgadas por quen queira facer un xuízo franco de elas.
A primeira, foi hai xa uns anos; circulando a 140Km/h collín un socabón no pavimento e o coche saltoume do carril polo que ía ó do lado, achegándome contra o gardarraíl de xeito alleo á miña vontade; naturalmente, a culpa foi miña por non ter pensado que na principal arteria de Galicia puidese topar un bache tan fondo como aquel, e a lección quedoume aprendida. A segunda, foron as inundacións que apuntara no seu día, nas que me mantiven fiel ó criterio de adapta-la velocidade ás circunstancias e non ás normas e reducín en casos hasta 70-80Km/h para garanti-la seguridade. A terceira, e máis simbólica, foi precisamente o ano pasado nunha desas viaxes precipitadas. Enfilando a saída 7 (O Burgo), reducín a 90-100Km/h para entrar no carril de deceleración e, unha vez nel, seguín freando. Iría entre 60 e 80Km/h cando un Citröen Saxo que circulaba aínda máis a modo polo carril da dereita, á altura do raiado no chan que indica que xa non se pode tomar esa saída, decidiu que quería saír alí mesmo, e diante miña. Só a xenerosidade da Renault nos freos das súas berlinas evitou o sinistro pero, co novo código penal na man, sería eu o que iría ó cárcere por ter circulado (moitos kilómetros atras) a 210Km/h, e non o imprudente que atravesou unha sinalización horizontal que lle prohibía o paso, para interceptar a traxectoria doutro vehículo (o meu) que viaxaba coa velocidade adaptada ás circunstancias da vía.
Na simplonería intelectual dun aprendiz de enxeñeiro mecánico, eu son da opinión de que si algo non funciona, será mellor cambialo; por iso, coido que o ministro do interior debe relevar do seu cargo a un Pere Navarro, director xeral de tráfico que, en dous anos no cargo, sementou as estradas de uns radares que pagamos todos, que non lle gustan a ninguén, e que non conseguiron reducir absolutamente nada as tasas de sinistralidade (recomendo encarecidamente unha ollada a este informe da DGT). Dous anos que leva anunciando a bombo e platillo un carné por puntos que, visto na web de divulgación, lembra ó humor absurdo de Faemino e Cansado, pola proporción entre o que se leva falado do asunto e a absoluta vacuidade da medida, de cara á prevención de accidentes de tráfico.
Para predicar co exemplo do que coido que se debería de facer, si se pretende reducir a mortandade nas nosas estradas, anuncio que a partir de primeiros de xullo irei apuntando unha serie de posts nos que, humildemente, tratarei de divulgar canto poida saber sobre a materia, sexa pola miña formación académica, por cursos ós que asistín ou polo mero feito de me ter preocupado de coñecer e aprender a manexa-lo coche o mellor posible, consciente de que a bicoastalidade que citei antes, así como a requetecitada dispersión poblacional de Galicia, me farán pasar unha boa cantidade de horas, da miña vida, conducindo de un lado para outro, sin agardar a que ningún adventicio iluminado, déspota e propagandista, me leve polo bo camiño desde un despacho en Madrid, Compostela ou dende unha manifesta ignorancia.
Joder, Sr. Miguez, se vai seguir indo a 190 pola autopista publique o seu calendario de saídas urxentes redondela - culleredo para que quedemos na casa ou sigamos outro itinerario.
Comment by eSedidió — June 22, 2006 @ 6:58 pm
Coido que non leu con suficiente atención, estimadísimo eSedidió
, porque si de algo presumo no texto é de que ninguén se ten por qué ver afectado, ou ninsiquera enterarse, de que eu faga unha de esas viaxes. Extracto do texto:“Cando un se aproxima a outro vehículo que circula máis a modo pola autoestrada, a maneira correcta e segura de adiantalo consiste en frear hasta quedar a unha velocidade 20 ou 30Km/h superior, adiantalo (ou adiantalos) progresivamente e sin sobresaltalo, e logo volver a acelerar hasta a velocidade desexada…”
O respeto polos demáis usuarios da vía é a pedra angular de unha seguridade na que son o primeiro interesado, na medida en que de suicida téñolle pouco tirando a nada.
Comment by F. Miguez — June 22, 2006 @ 9:34 pm
Perdón por vires tarde á súa casa,
encantado de visitalo.
Comment by yeye — June 25, 2006 @ 3:16 pm
Sexa vostede benvido, volte sempre que o desexe, e non duvide en criticar e debatir canto lle pareza susceptible de selo.
Comment by F. Miguez — June 25, 2006 @ 4:55 pm
Festival Paredes de Coura
Norte de Portugal
(cerca de Vigo)
Entrada geral 70 €
Dia 15
Morrissey
Fischerspooner
Broken Social Scene
White Rose Movement
Madrugada
Gomez
Dia 16
Bloc Party
Yeah Yeah Yeahs
Eagles of Death Metal
Dia 17
Bauhaus
The Cramps
!!! (chk chk chk)
Shout Out Louds
Mais nomes a confirmar
Para informações detalhadas: www.paredesdecoura.com
Comment by vitor — June 27, 2006 @ 5:50 pm