A estadística.

Hoxe é dezanove de xunio, luns. Son as seis e cuarto da mañán e dentro de dúas horas e corentaecinco minutos teño o exame de estadística. Segundo os méus propios cálculos, feitos o mércores pasado, estou en condicións de sacar un 3. Un pequeno problema de saúde que veño arrastrando dende entón provocou, entre outras cousas, que dese o examen por perdido e que, esta noite (como varias anteriores), non durmise absolutamente nada. Farto de dar voltas na cama e de erguerme sistemáticamente cada pouco, hai uns minutos que decidín afrontar con resignación o meu destino e anticipei hora e media o toque de diana. Facéndolle a autopsia a unha tetilla que estaba na nevera, estiven a ver un pouco as noticias da tele e descubro, incapaz de valorar si con desazon ou esperanza, que aínda hai quen ten bastante menos idea de estadística matemática ca min.
Non me vou a poñer a fachendear con modelos de distribución Hiperxeométrica que se aproximan por distribucións Normais, nin de contrastes de estadísticos, entre outras cousas porque xa dixen que (eu tamén) vou suspender. O que vou facer, vai ser citar algo que lera nun libro de matemáticas que tiven naquilo da EXB, que viña dicindo que a estadística é como unha farola, o mesmo pode servir para dar luz sobre a realidade que para que se apoie un borracho cando se tambalea.

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/06/19/a-estadistica/trackback/

  1. A cuenta del famoso medio pollo, un amigo dice que hay mentiras pequeñas, mentiras grandes y estadísticas. ;-)

    Comment by ártabro — June 19, 2006 @ 9:45 am

  2. Pois espero que os prognósticos da estatítica da nota do exame non se cumpran, en caso contrario sería interesante facer unha estatística sobre o número de veces necesarios para aprobar a materia. Boa sorte!

    Comment by X — June 19, 2006 @ 9:56 am

  3. Animo, que dende que non está Crespo xa non é para tanto.

    Comment by Agonic — June 19, 2006 @ 11:39 am

  4. Neste caso, non procede facer estadística sobre aprobar ou non, porque non se trata de un fenómeno aleatorio senon determinista, con tintes fatalistas. E non caben interpretacións, como a de Rajoi ou o caso do medio polo.
    E coidado, porque as profesoras que están agora non creo que cheguen a aquel extremo de denunciarse a sí mesmo ante a Universidade por pasárselle un plazo, como disque fixera o benquerido Luis Crespo, pero aínda lles chega de ríxidas.

    Comment by F. Miguez — June 20, 2006 @ 10:45 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.