O truco dos allos.
Foi un comentario intencionado da miña nai, que xa sabía de qué iba a cousa, o que desatou toda unha disertación da avoa sobre esta curiosa técnica para favorecer o desenrolo dos allos. A min non se me tería ocurido nin en un millón de anos, pero ten toda a lóxica, e consiste en facerlle un nudo na rama para “que non lles suba a forza para arriba e medre a cabeza, que é o que interesa“. Supoño que será o mesmo principio que se sigue na agricultura industrial, cando se mata con herbicidas a rama das patacas unhas semanas antes de arracalas, só que dun xeito máis salubre, anudándolles as follas un a un ou en manoxos, “cando se empezan a poñer colondros“, que é unha expresión que non topei no diccionario, pero parece ser que significa “cando empezan a pasar da cor verde á cor tostada propia do fin do ciclo vital” (”colondro” tamén se lle aplica ós cereais).
Se tivera unha hectárea de allos, abofé que non me tomaría esta molestia, pero para uns pouquiños que son, fíxenllo en cinco minutos, a ver. Estes da foto, son un grupiño que intercalara entre as leitugas porque lin nalgures que facían unha boa asociación. As leitugas xa hai un tempo que se convertiron en ensaladas, e agora quedaron estes soíños.
e verás que ten razón. As avóas teñen una taxa de efectividade moito máis alta ca da medicina e da ciencia. Eu teñoo moi comprobado. Xa verás… (tirarás a foto para que podamos ver os allos, non si?)
Comment by torredebabel — June 12, 2006 @ 12:32 am