As patacas sachadas.

Pois como o Día das Letras Galegas madrugei menos do que tiña pensado, e contra o final da tarde asomou o mollaparvos, adiquei o festivo exclusivamente ó mecanizado caseiro para ter a maquinaria lista. Así hoxe, coas primeiars luces de despois de comer, botei o invento enriba do remolque do tractor e fun á veija a sachar.

Sachadora de patacas do F. Miguez.

O invento, como se ve, non é grande cousa. Aproveitei as mesmas rellas aporcadoras da sementadora e construín un trebello co que poñer a motoazada a tirar de elas. Había algunha dúbida sobre a capacidade dos escasos catro cabalos da Iseki SA350, que Don Nicanor popularizou nestes lares na época do relevo xeracional, vamos, cando aquelas Condor que tiñan un faro no capó empezaron a parecer vellas, pero non houbo caso; focei canto quixen e máis, porque con unhas rellas tan grandes, as plantas que, por imprecisións da sementadora, estaban un pouco desviadas da crista do caballón, sufriron bastante ou foron arrincadas (unhas dez, en todo o terreo). Tamén o patín que improvisei para regular a profundidade se podería mellorar, pero coido que non estivo mal para ser o primeiro apeiro de motocultor que construio, e as patacas quedaron sachadas; así que, si algún fabricante de maquinaria agrícola quere contratar a un estudiante de enxeñería mecánica, autodidacta e con grandes doses de imaxinación… que me veña a buscar á leira porque, nas vintecatro horas que pasaron dende que fun medir in situ o ancho real dos regos (o 17 pola tarde) hasta que cheguei alá coa sachadora (hoxe, 18), algunha alimaña, cuia clase ou número de pares de patas descoñezo, andivo xa a mirarlle as raíces a catro ou cinco plantas. Avecíñanse noites de guardia na cabeceira da veija, honrando un bisavó meu cuia morte, que narrarei outro día, estivo directamente relacionada coa loita nocturna contra os estragadores de colleitas. Eu non conto con chegar a tanto, pero poderíanse aveciñar días nos que o Sr. Miguez apunte encontros co tardo ou a estántiga, cumplindo a súa propia profecía de que, será na terra (ou no mar), onde o galego atopará as súas raíces.
O luns póñome a estudiar en serio.

9 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/05/19/as-patacas-sachadas/trackback/

  1. jeje… SuperMiguez contra os roubapatacas…. dara para unha peli??

    Comment by eSedidió — May 19, 2006 @ 5:26 am

  2. Inventan na Galiza unha sachadora de patacas (o dia das Letras)

    O invento, como se ve, non é grande cousa (dixo o inventor). Aproveitei as mesmas rellas aporcadoras da sementadora e construín un trebello co que poñer a motoazada a tirar de elas. Había algunha dúbida sobre a capacidade dos escasos catro cabalos…

    Trackback by chuza.org — May 19, 2006 @ 8:09 am

  3. Está vostede motorizado ata o namáis. Pensei que a sachadora lle ía ser de tracción animal.
    ¿Qué mellor maneira de contribuir o día das letras, mantendo o ecosistema sen deixa-lo apagar como facían os novos devanceiros, e a cadea biolóxica?

    Non sei pola súa terra, se de dous, ou de catro patas, pero polas de Celanova, o porco bravo fai estragos, non se colle un pé de patacas ou millo, senón é fechando. Os “cierres recicling” tipo Pepe o Inglés dan para moito… teño unha colección de “afotos” que producen ganas de escachar…de risa…
    Saúdos

    Comment by XulioDRabal — May 19, 2006 @ 10:23 am

  4. Non sei si dará para unha peli, apreciado eSedidió, pero cando rematei o seguinte post, contra as catro da mañán, puxen as botas, armeime de guantes e linterna, e marchei onde as patacas, a marcarlle o territorio á susodita alimaña. Non din con ela, pero omitirei apuntar o que me aconteceu polo camiño, primeiro, por manter a credibilidade do blog e porque coido que xa me desprestixei bastante apuntando o incidente do ferro quente; segundo, porque igual saco máis tallada vendéndolle a historia a Iker Gimenez ou a J. J. Benítez. A culpa foi miña por falar, e mellor non escribo máis.
    Sobre os estragadores de colleitas, Sr. Rabal, saiba que aquí temos bastantes problemas. Si non son as pejas (a.k.a. hurracas), é o porco teixo ou unha veciña preguiceira. O ano pasado, dous veciños de outra parroquia casi se lían a hostias pensando, recíprocamente, que o outro era o que lle estaba ruobando os repolos; desfeito o enredo, coordinaron a guardias hasta que pillaron a un fulano, de unha parroquia de Vigo, que os levaba para vender. E si me poño, non paro hasta contarlle casos de viñas vendimadas nunha noite, ou directamente arrincadas o día despois de plantadas.
    Contra iso, hai que barallar opcións como a unión veciñal, as reclamacións ás autoridades municipais e bastante mala idea. Contra os animaliños de catro patas, eu pensara en cercar a leira cun pastor eléctrico, pero ademáis de preguiza, o párrafo anterior dame certas reticencias. Estou estudiando algunha estratexia, máis cómoda que o cierre recycling, que apuntarei cumplidamente neste blog.
    Agora ben, de que un tipo (eu) ande a lidar coas patacas, as malas herbas, e as alimañas na semana de asueto previa ó extres académico de xuño, a que “Inventan na Galiza unha sachadora de patacas…” Uh, aínda non me recuperei da impresión. Gracias é todo o que podo dicir.

    Comment by F. Miguez — May 20, 2006 @ 4:34 am

  5. Non agardaba menos de vostede.
    ¿Xa ten nome para a súa comercialización? ;-)

    Comment by Ghanito — May 20, 2006 @ 6:08 pm

  6. Non me diga que se deu de morros coa Santa Companha..
    Por certo, que unha vez tiven que examinar a un rapaz de Agrícolas, da rama de mecanización agraria, que fixera de Proxecto Fin de Carreira un remolque esparcidor de esterco. Non contento con facer o deseño, os planos e o orzamento fixo una maqueta… a escala 1:1 :-)
    O rapaz levou o tal remolque ata a Escola e aparcouno diante da sala onde se examinaba. Excuso dicir que levou unha nota da hostia (non recordo, pero penso que foi unha matrícula), penso que polo susto que nos levamos os do tribunal. Conque, xa sabe, Sr. Miguez, amarre o trebello ao coche do seu pai e léveo ao CUVI, a ver que pasa :-)

    Comment by eSedidió — May 20, 2006 @ 6:56 pm

  7. Por ceto, que os puntais e o longueiro do trebello teñen unha sospeitosa similitude cos apoios dos sinais de tráfico. Espero polo ben da seguridade viaria da súa comarca que o seu recycling non chegue a tanto :-) .
    PS. ¿Ten pensado vde. na posibilidade de tunear o motocultor?

    Comment by eSedidió — May 20, 2006 @ 7:10 pm

  8. Pra Xan Xoan, xa tes que ter inventado unha apanhadora de patacas.
    E o menos dun inventor.
    Un saludo.

    Comment by ártabro — May 21, 2006 @ 8:51 pm

  9. He He, o ano pasado, cambioulles a cara ós profesores de Tecnoloxía Mecánica cando, despois de lle expoñer un proceso de fabricación máis ben mediocre, lles puxemos enriba da mesa as pezas da sementadora de millo sobre a que deseñamos o tal proceso. Naquela altura, estaba a traballar a xornada completa nun almacén de mobles e non me deu tempo a levarlla rematada, foi unha mágoa porque saiu un armatroste bastante aparatoso, e por tanto, espectacular.
    O arricandor de patacas xa foi “upgraded” da motoazada ó tractor o ano pasado, pero sempre se pode mellorar; algunha idea teño. De feito, si por min fora, máis que tunear o motocultor ou o tractor, tería un parque de apeiros e maquinaria feitos na casa, digamos que numeroso. O problema, que un non ten tempo para facer todo o que desexaría… nin cartos (agora que volvín á percaria economía estudiantil), porque dos ferros teño a factura que xustifica a súa orixe perfectamente legal :D .

    Comment by F. Miguez — May 22, 2006 @ 2:03 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.