Das letras galegas.

Apunto, para non o esquecer, que cando se anda con un ferro quente nas mans, débese pousar o ferro primeiro, e quitar os guantes despois. Si se fai ó revés, pódense padecer queimaduras en dous dedos, trabaduras na lingua (para que tua nai non te oia cajarte na cona), e cair nunha forte merma da autoestima durante uns minutos, na forma “pero que parvo son, carallo.” O caso é que, si todo sigue o programa previsto, adicarei este Día das Letras Galegas a rematar o meu trebello para sacha-las patatas (foi nesa lide de ferreiro, que me queimei) e, si me da tempo, metereino á terra para ver si funciona e saco o choio de diante.
Cumplirei así por outro ano coa miña tradición, non deliberada, de pasar esta data adicada á nosa cultura fozando na terra, ou facendo algo relacionado… coa nosa cultura. Vale, coa cultura do campo, que quizáis moitos asociarán antes coa ignorancia; pero non nos esqueza (para iso o apunto) que, moito antes de surxir a reivindicación de unha cultura galega, ou unha cultura “moderna” en galego, foron campesiños e mariñeiros os que conservaron, non só a lingua, sinón todo un folklore e unha cultura, unha idiosincrasia e unha forma de entender a vida que, gústenos ou non (a min sí), é de onde viñemos.
Sen dúbida, haberá escritores dignos de homenaxear polo feito de lle ter dado valor á nosa lingua, convertíndoa en vehículo de expresión artística, pero eu de iso sei máis ben pouco (prefiro que me chamen inculto antes que mentireiro). Sí penso, en cambio, que aqueles homiños da boina e aquelas mulleres do pano na cabeza déronlle ó galego o valor de chegar vivo hasta hoxe en día. Non é unha cuestión de mirar para atrás, nin de nostalxia nin de enxebrismo. É a convicción de que unha lingua non chega moi lonxe como fin en sí mesma, así que para que sobreviva, debe de ir vinculada a unha sociedade que a empregue na sua vida diaria. Por iso eu adico este día a tomar o relevo do que aprendín dos meus avós.

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/05/17/das-letras-galegas/trackback/

  1. Que pases bo dia e a ver se lle damos mais valor a xente comun de toda a vida.

    Comment by acedre — May 17, 2006 @ 3:21 am

  2. Estou con vostede, os nosos maiores son a nosas raíces.
    Do trebello de sachar xa lle preguntarei no seu momento haber que funcionalidade obtén del
    ¿E vai ser manual ou de tracción animal?

    Comment by XulioDRabal — May 17, 2006 @ 3:59 am

  3. Levo un rato rascando a cabeza e preguntándome como raios se pode facer para tirar as luvas sen deixar o ferro… a miña única explicación é ten vostede unha vea suicida :-)
    En canto ao do documental do Sr. Mourullo, como vexo que non me fai caso e segue dedicado ás caralladas, direille que é deses que lle gostan a vostede, atacando aos grandes produtores e defendendo as tradicións e tal (falando en serio, é magnífico…). O malo é que parte está en francés, parte en inglés e parte en italiano (uns segundos en portugués e outros e español…). O Sr. Mourullo fixo trampa e veuno subtitulado en español, pero dado que esa versión non está na rede hai que facer o choio a pedal. E a miña poliglosia (díse asi?) non da para moito, polo que o resultado vai ser francamente divertido.

    Sr. Rabal, tendo en conta a historia do ferro e as queimaduras, no caso do Sr Miguez penso que non haberá moita diferencia en que sexa manual ou de tracción animal, jeje…

    Comment by eSedidió — May 17, 2006 @ 7:42 am

  4. Estou completamente dacordo contigo, o galego débelle máis a meu avó, que era un humilde carpinteiro que facía carros de vacas que a toda esa banda de mangantes que montan manifas en defensa da lingua. Apretas

    Comment by neno da norita — May 17, 2006 @ 9:20 am

  5. eSedidió: co ben que explica vostede o documental, non teño outra opción que seguir coas caralladas. :-) :-) :-)

    Comment by mourullo — May 17, 2006 @ 12:25 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.