O timo da estampita.

Fake!

Esta nova bomba de escándalo financieiro, que non é máis que o castizo timo da estampiña, con garabata e demáis cánones neoliberais, lembroume esa ensinanza de “ninguén da duros a catro pesetas” dos vellos; a típica cousa que non se entende hasta que se padece. O certo é que, pola típica desconfianza dos galegos, polo pesimismo termodinámico de que os rendimentos sempre están limitados, ou polo mero feito de non ter un can aforrado, eu non tiña nada invertido nese magnífico negocio da filatelia. Ainda que coido que a palabra “invertir” non é o máis axeitado.
Invertir significa ceder un patrimonio a outra persoa (física ou fiscal) para que esta o incorpore ó seu pasivo, co que realice unha actividade económica, de cuios beneicios, o inversor recibirá unha parte proporcional. Mercar bens, sexan obras de arte, propiedades inmobles, selos ou un pino, coa espectativa de vendelos a un precio maior do que foron adquiridos chámase especular. Igual só é opinión miña, que conste.
Retrancas aparte, apunto que non vexo a ningún Florentino Perez, Alicia Koplowitz, ou ningún político afectado por esta suposta estafa, quizáis por que non precisen de estas esperanzas para gañar uns cartiños, ou quizáis por estar máis preto do outro lado do mostrador. Apunto tamén que, con Banesto, Gescartera, Opening… e agora isto, cabería empezar a reclamar un reforzo dos mecanismos que teñen as administracións para impedir estas estafas, multimillonarias e indiscriminadas, antes de que ocurran. Nestes tempos nos que os negocios son dogma, solicitar que o estado teña máis control sobre as actividades económicas pode parecer unha afirmación propia dun fanático de Nietzche, pero igual non é, este, mal tempo para sementar a idea de que os ideais neoliberais, pedra angular da política actual, co seu espellismo de bienestar e riqueza, só están ó servicio dos que os traballan, e aliméntanse de muitos que incluso os defenden.
Alén dos discursos ideolóxicos, e expresando a miña absoluta solidaridade con aqueles que se vexan afectados por este novo sarillo de maletíns, togas e billetes de cincocentos, desexar que a xustiza exprima os patrimonios daqueles que se demostren culpables, hasta que tódalas víctimas da estafa queden cumplidamente desagraviadas . Apunto pois, para rematar, que non se debe permitir que uns aniños na cadea, sexan unha inversión que permita a un fulano calquera sair do cárcere igual de rico que cando o detiveron e, por suposto, moito máis que antes de decidir que era máis listo que a media dos veciños.

6 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/05/10/o-timo-da-estampita/trackback/

  1. Os timos existen porque un e listo demais e o outro cree que os outros son tontos.

    Comment by ártabro — May 10, 2006 @ 10:51 pm

  2. Creo que era na película Los tramposos que daban unha descripción do perfil do timado bastante aleccionadora.

    Comment by F. Miguez — May 10, 2006 @ 11:19 pm

  3. Hai unha relación clara entre risco e rendibilidade, se alguén promete rendibilidade moi por enriba do habitual sen risco ningún semella que hai algo raro: un timo, ou algo ilegal.

    Comment by Ghanito — May 11, 2006 @ 5:02 am

  4. Oiga Míguez, desculpe a coincidencia , que non plaxio.

    Comment by sHs — May 11, 2006 @ 8:12 am

  5. O problema de ser vítima do timo da estampita é que o caloteado em realidade queria calotear ao caloteador. Claro que neste caso, correndo os tempos que correm e com o difícil que está a vida, vamos julgar a um punhado de gente humilde por sonhar com um dinheiro fácil, quando os modelos que o sistema ao final reforça som Maria Josés Campanarios e mesmo Laureanos Oubiñas. Som criaturas odiadas, mas quem sabe se a força de sair airosas de todos os lances nom estarám acabando por ser também secretamente admiradas por mais de um?

    Comment by tangaranho — May 15, 2006 @ 6:16 pm

  6. Admiradas por moitos, me temo. Xa sei que é un tópico, pero corren tempos nos que ter ou parecer vale máis que ser.

    Comment by F. Miguez — May 15, 2006 @ 7:50 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.