Móvese, logo está vivo.
Dende hai unhas semanas, coa chegada da primavera e o bo tempo, empezan a brotar por Galicia toda esa entidade tan autóctona que son os tractores; non en van, a nosa é a segunda comunidade autónoma do estado en número de estas máquinas, por diante de outras moito máis extensas (véxase este mapa, aínda que non é esa a estadítica que eu coñecía exactamente). Pero este post non é sobre tractores, sinon sobre que, dende os míticos Pasquali articulados de 20CV hasta algún animaliño de 200CV que anda por ahí, todos saen ós camiños a tirar de arados, fresadoras, sementadoras e remolques para a herba da sega.
¡É o campo, que resucita depois do letargo do inverno! Un ano máis, sigue a quedar xente en Galicia que planta e recolle, que traballa a terra porque a herdaron de outros que a traballaron antes.
Sigue así Galicia, tres ou catro décadas dándolle as costas á terra non lle poden quitar a razón a cinco mil anos de agricultura.
Anque muita xente non ganhe a vida co campo segue a arrincarlle productos no tempo que deixa libre o traballo remunerado.
Eu, nos EEUU, quedei abraiado de que a xente non tenha unha hortinhas ou mesmo unhas fruiteiras pero aqui ou son terreos grandes ou son xardins. Sera ese o futuro de Galicia ?.
Comment by acedre — May 6, 2006 @ 10:26 pm
Realmente, Sr. Miguez, é vostede un provocador
Alguén debería reflexionar sobre que é o que pasa cun pais coma o noso, que ten menos de 700.000 ha de superficie agrícola útil, e conta co mesmo número de tractores que Andalucía, con case 5 millóns de ha.
Na provincia de Pontevedra, por exemplo, bastante máis do 90% das explotacións recollidas no último censo agrario non teñen orientación comercial. O que non quere dicir que non produzan.
O malo deste modelo de agricultura de xubilados ou de traballadores da citroen con catro leiras é, entre outros, que estarán dispostos a recibiren calquera prezo que lles paguen: ao fin e ao cabo nin declaran impostos por eses produtos nin teñen que imputar custes de man de obra. Resultado: o noso sector de horta profesional non levanta cabeza. Non só teñen que competir cos produtos murcianos ou cos portugueses, senón cos do seu propio país.
¿Iso é bon ou é malo? respostas hai para todos os gustos.
Comment by eSedidió — May 7, 2006 @ 9:05 am
Tal e como eu o vexo, esa agricultura de catro leiras é, ademáis de unha seña de identidade dos galegos, unha importante fonte de riqueza para o país. Non tanto polo negocio, que pouco se debe de facer (eu, sin ir máis lonxe, non coñezo a casi ninguén que venda algo que non sexa viño ou carne de vacún, e sóense rexir polos precios do mercado), sinón por un incalculable apoio ás rentas das familias do rural. Todo o que se produza nas leiras familiares, non hai que mercalo. Dende un punto de vista económico, quizáis sexa malo, pero dende un punto de vista social, é formidable… iso sin esquecer a calide que teñen os productos da casa (dunha casa consciente) fronte ós comerciais.
Eu confío en que os galegos sigamos a ser sensatos e conservemos as hortas e leiras no futuro, aínda que pudera ser que, sendo mellores veciños, nos apañáramos ben con menos tractores (porque o censo é de tractores, si ademáis sumamos os motocultores, hai ferralla a tutiplén).
Comment by F. Miguez — May 8, 2006 @ 7:13 pm
Mui ben falado. Os cartos que se aforran por non mercar os productos que ten un na sua casa ainda son bastantes. Sempre e millor botar unhas horinhas na veiga que non mirando a tele.
O do parque de tractores e certo. Os tractores son caros e renderian mais se se usasen en plan cooperativa…pero xa sabemos que iso en Galicia non e doado de conseguir.
Comment by acedre — May 9, 2006 @ 3:29 am
Non é doado de conseguir? por qué? Penso sinxelamente que os galegos temos unha tendencia case xenética a disculparnos a nos mesmos que vai ser a nosa perdición.
En canto ao da hortiña e o aforro de non ter que comprar os tomates no hiper, fáganme o favor de ser un pouquiño mais tenaces e releer o que escribín: arredor do 95% das explotacións pontevedresas son non profesionais. O que non significa que liberen as terras (agás esas que según vostedes precisan para seren un coa natureza e aforrar no hiper): agricultores xóvenes (mesmo ecolóxicos) da provincia están a pasalas putas para conseguir terras axeitadas para incrementar a base territorial sen que iso supoña ir a ruína por mor da querencia especuladora do persoal, que ten bos labradíos botados a pinos para cando case a filla e en canto sabe que un agricultor quere comprar lle pide coma se fose niuyor (temos os prezos da terra máis altos do estado, curiosamente).
Penso que xa abonda de autocomplacencias.
Comment by eSedidió — May 9, 2006 @ 6:12 am