Non nos esquezamos dos esquecidos.

Os traballadores do metal que se andaban a manifestar por ahí, regalaban xornais (supoño) porque saían na primeria plana montándoa o mércores en Vigo. Así foi como chegou La Voz de Galicia á casa e, botándolle un ollo, atopei unha páxina adicada á pugna entre Xunta e Pescanova polo futuro do Cabo Touriñán.
Lina un pouco por enriba, porque non dicía nada novo, hasta un fragmento da columna da dereita titulado “Vecinos de Muxía exigen apoyo para el proyecto“, no que se cita o testimonio de veciños que rexeitan a actitude dos ecofascistas e manifestan o desexo de que Pescanova vaia a alí, “a dar traballo para os seus fillos“.
Habería que falar de por qué se poñen tan bravos os traballadores do metal pontevedreses porque, seguramente, máis de un asalariado doutro gremio recuperaría a ilusión polo seu posto de traballo. Habería que falar do negro horizonte económico e social da costa da morte, con unha pesca en vias de extinción, pola voracidade coa que as flotas de outras latitudes, non moi lonxanas algunhas, teñen esquilmado o mar; con unha agricultura abandonada polo desinterese dos poderes económicos da Unión Europea, que prefiren ceder á presión das multinacionais agroalimentarias cando esixen que se lle abra o mercado ós países en vías de desarrollo; con un turismo que non acaba de despegar, porque falta unha promoción axeitada dos valores diferenciadores de esta terra frente a outras ofertas; con tantos males endémicos, comúns a case toda Galicia.
Pero o que quero apuntar hoxe, é que isto do blogomillo, a sociedade da información, a revolución cultural na TVG, e canto lustre nos queiramos dar nas insignias, non servirán para nada si non se toma ninguén a molestia de explicarlle as cousas a esa xente. Na súa lóxica, os argumentos que esgrimen estes veciños (asumindo como veraz a transcripción feita no xornal) son totalmente certos; necesitan postos de traballo, e están dispostos ó que sexa para conseguilos, con toda a lexitimidade do mundo. Si ninguén se toma a molestia de explicarlles que eses postos de traballo son unha mentira, que Pescanova, nin ningunha grande empresa, ten outro obxetivo social alén do máximo beneficio económico, ou si non se fai nada por facerlles ver que a súa verdadeira esperanza está na súa terra, no seu mar e, sobre todo, nas súas mans, todo o que fagamos por Galicia será “por el pueblo, pero sin el pueblo“, e iso cheira moi mal.

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/05/05/non-nos-esquezamos-dos-esquecidos/trackback/

  1. Teño pra mín que, ao pretender facer unha reflexión encol do tema Touriñán, Pescanova etc, cómpre facer unha autoexculpación previa, do mesmo xeito que cando ún fala por exemplo da lei de partidos (non aopio ao terorismo, etc.etc). Pois esta vez non me da a gana.
    Verán: eu, por razóns que non veñen ao caso, e hai case 20 anos, tiven a sorte ou a desgracia de pasar un montón de meses en Touriñán facendo un traballo de tipo técnico-agrario. Despois diso, teño pasado por alí cada tres ou catro anos. Se naqueles tempos aquilo estaba deixado da man de deus e non tiña moito arreglo, as cousas non teñen cambiado practicamente nada nestas dúas décadas, ate o punto de estar case abandoado por causa da emigración. Iso sí, bonito éche moi bonito, tan salvaxe, tan virxen e tan auténtico, sobre todo para os vigueses ou os coruñeses que vamos de excursión.
    Eu non teño moita idea do que pensaban facer alí; quero dicir, coñezo o impacto visual e o potencial contaminante que pode ter unha instalación desas características, pero non coñezo o proxecto concreto, polo que a miña análise ten que ser por forza superficial (como a de todo o mundo, por outra banda). O que si sei é que, de actuaren axeitadamente, a carga contaminante dunha pisci mariña é baixa, e que é posible artellar formas de integración arquitectónica que minimizen o impacto visual, ao non seren necesarias grandes alturas de edificación.
    Se cada vez que se pon en marcha un proxecto de investimento (non especultativo, quero dicir, como sería por exemplo unha urbanizacíón modelo florentino) dentro dunha área tan castigada como a Costa da Morte o político ou o lider de turno nos vai saír oa milonga do desenvolvemento sostible, mellor vai ser que vaiamos todos preparando as maletas e marchemos a traballar para outro sitio onde seguro que vai ser todo máis feo. Eu empezo a estar un pouco canso dunha dialéctica externa que nos di que nos quedemos como estamos (tan virxenes, tan salvaxes, tan simpáticos e tan paletos eses galegos)para que eles podan vir a descansar a vista e solazar a alma no verán, mentres nos seguimos collendo o portante. E o que máis me jode é que nós entremos nese xogo e empecemos a comulgar con rodas de muíño.
    Empezarei a ver con outros ollos todo o tema do desenvolvemento sostible o día que alguén me recoñeza que, por parte dos ricos, é unha fórmula cojonuda para teren parques temáticos (con vellos vestidos de galego e osos pardos) e ao mesmo tempo aforrarense competencia nas súas producións (véxase por exemplo o caso da cota láctea).

    Comment by eSedidió — May 5, 2006 @ 12:09 pm

  2. Coido que nos deberían invitar, a vostede e a min a un debate na TVG, he he, seguro que algo salía en limpo.
    Malos tempos, estes nos que se me xunta folga no metal, con sementeira do millo e examenes, entre outras cousas. Hoxe non lle vou adicar máis tempo o blog, e para o fin de semana xa teño medio artigo na recámara (para poder facer outras cousas). Si Deus quere, a semana que ven respóndolle nun post, Sr. eSedidió, coa extensión que merece a súa aportación.
    A ver si sacamos algo en limpo :) .

    Comment by F. Miguez — May 5, 2006 @ 5:24 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.