Folga no metal.
-”É verdade que a xente dos astilleros gaña bastante, pero traballan horas como para facer dous turnos ó dia.”
-”A maioría dos vellos que traballan alí, son alcohólicos. Cando entrei eu, dixéronme que non se me ocurrise ir para a cama nada máis salir de traballar. Pronto entendín por qué: despois de estar entre doce e dezaseis horas metido no barco, encerrado, con todo o ruido, méteste oito horas na cama, e volves para o barco a primeira hora da mañán como si nunca tiveras saído de él. Ó cabo de uns días, xa te empezas a sentir transtornado. O único que podes facer e buscar algunha distracción durante unhas horas, que no inverno é dificil de atopar fora de un bar, e acostumbrarte a durmir só catro ou cinco horas diarias. Ainda que despóis andes a cair co sono, descansas mellor que do barco á cama e da cama ó barco.”
-”Xunto ó meu posto, había un gicho que lle ganaba soldando ó robot. Non tiña ningún mérito, estaba enfarlopado perdido e andaba frenético. Despóis viña o encargado, púñalle a man no hombreiro e felicitábao.”
-”Estás para entrar a primeira hora da mañán, e ves os chavaliños de dezaoito anos meténdose unhas raias. Cando os ves traballar todos acelerados, díceslle algo e cóntanche que queren quedar ben coa empresa, a ver si os fan fixos.”
-”O meu mozo (soldador nun taller de cerraxería) chorou coa rabia. Faille todas as horas que lle manda, ten ido en fins de semana, e traga con todo; pero rematoulle o contrato e díxolle que mellor que pasase un tempo no paro e que xa o volvería a chamar, a ver si máis adiante o pode facer fixo.”
-”Hai empresas ben grandes, que teñen a maioría da plantilla cotizando por só catro horas á semana cando traballan a turno completo máis horas extras, eu non me podo permitir meter máis xente no taller porque non lle podo pagar un soldo como é debido máis a Seguridad Social; así que non me queda máis remedio que, cando marchan os empleados, seguir eu só hasta as doce da noite ou máis.”
-”…é unha empresa que pertenece ó mismo gicho que un dos maiores talleres de Vigo. Vendo aqueles robots e todo aquel control numérico, parece unha empresa seria, pero a maioría dos que están a traballar alí estan con contrato eventual, e puteados.”
-”O turno de fin de semana, son en realidade dous turnos que se alternan; un traballa oito horas, descansa as oito do outro turno, traballas oito… así dende as dez da noite do venres hasta as seis da mañán do luns (son tres xornadas un fin de semana e catro ó outro). Págano bastante ben, pero só sirve para os novos, ou xente que ten a vida rota e está algo deseperada.”
-”¿Vos queixádesvos porque tedes que aguantar cinco horas de prácticas, de pé? Pois pensade que en todos os talleres de Vigo se está traballando de media, hoxe en día, entre dez e catorce horas diarias.”
-”En vez de ser cada vez máis profesionales, parece que chegará un día en que nos xuntemos pola mañán na porta da fábrica, o encargado dirá para cantos hai traballo e os demáis terán que volver para a casa sin cobrar un duro, como si fósemos xornaleiros.”
-”Cando chegamos, a explosión disparara a un tipo por unha porta do barco, batera contra o borde do muelle e tronzárase ó medio. Tiña a metade do corpo flotando na auga e a outra metade arriba, no cemento… Unhas veces é por deixar os sopletes abertos, e outras porque hai fugas. Co tempo, daste conta de que se oe un zumbido antes de chegar a deflagración e aprendes a botarte ó chan para que non te tire. Hai veces que te deixan xordo para o resto do día.”
-”Pasei por alí, e cando me dou conta, un gicho dunha subcontrata estaba a soldar ó lado de un depósito cheo de gasoil. Tuven que ir a poñerlle as pilas ó seu encargado e o tipo non entraba en razón, segundo él aquilo non tiña peligro ningún. Aquel gasoil estaba ben quente e a habitación chea de vapores, pero o da subcontrata erre que erre, que aquilo non era perigoso.”
-”Xa se sabe que vai a vir unha inspección de traballo varios dias antes. Entón sí, colocan as barreiras, pintan todo de negro e amarillo e andan enriba nosa hasta que pasa o dia.”
-”E non podes decir nada porque rápidamente che saltan con que a cousa está moi mal, que hai rumores de que igual levan a producción para fora… pero o ano pasado a empresa tuvo uns beneficios superiores ó que pagaron de sueldos en todo o ano.”
Son cousas que eu oín, en conversas nas que participei, nos ultimos cinco ou seis anos. Apúntoas para comprender mellor o que está a pasar.
Incrible.
Algunhas cousas semellantes xa oira antes, pero todo xunto…
Comment by Ghanito — May 5, 2006 @ 6:09 pm
Grazas pola info.
Comment by dot — May 5, 2006 @ 7:03 pm
A verdade e que o asunto do traballo esta bastante mal.
Eu tenho medo a volta e ter que volver ao granito que e a mesma cousa mais ou menos.
Comment by acedre — May 6, 2006 @ 4:29 am
Non, acedre, polo que teño oído, o granito aínda está peor. Non sei de salarios e de estabilidade, pero de seguridade e hixiene, bastante peor.
Ánimo, a ver si tes sorte, “un master de carpintería” nos USA sempre vende ben.
Comment by F. Miguez — May 6, 2006 @ 5:02 pm
Os comentarios son calcadiños dos escoitados por estes lares co conto da SEAT…
Comment by Iria — May 6, 2006 @ 7:32 pm
Despois do aquí tan ben apuntado, o quecomenta Brétemas, cita incluída
Comment by mourullo — May 7, 2006 @ 10:38 am