¿Pequenos pasiños ou pasiños pequenos?
Parece que son, estes da primavera, días de un certo optimismo por canto se está a mover no panorama. Si ben a nova de onte ten un alcance global, en menos de unha semana, o precintado das obras da cementeira de Coirós, a posible reubicación do proxecto de piscifactoría en cabo Touriñán e a renuncia a continuar coa explotación minihidráulica dalgúns rios, xa abondo escarallados, vanlle dando esperanzas a esta Galicia do 2006.
Alén dos feitos electorais do ano pasado, eu buscaría a orixe de estes novos aires para a nosa terra nun cambio de fondo, que é a consolidación dos movimentos asociacionais a tódolos niveis. Plataformas, colectivos e asociacións texen unha maraña de apoios mútuos, de socios propios, compartidos ou ubícuos que cubre case tódalas frontes abertas na defensa do que se considera como interés de todos. Esta estructura desestructurada (forma sin forma, como dicen nas películas de artes marciais), que é a esencia mesma da dispersa e minifundista sociedade galega, é unha das grandes fortalezas que temos de cara a lograr, de momento, frear aquelas intencións de discutible beneficio colectivo.
Entenderase o que pretendo dicir co exemplo da Plataforma Nunca Máis que, xurdida da resposta social ante o fracaso das institucións, os que a temían acabron por topar algún xeito de desacreditala ante os sectores “tibios” da opinión pública. A día de hoxe, sendo tan pequenos, locais ou descoñecidos os grupos dos que falo, faise moi difícil unha embestida mediática que trate de minalos, mais iso non merma a capacidade de convocatoria, a creatividade nas formas reivindicativas nin a solidaridade mutua. Tomar conciencia de esta ferramenta democrática que é o asociacionismo, usala con intelixencia e responsabilidade, e non perder o impulso, pode ser a mellor estratrexia para que a Galicia destes próximos anos modernice a súa xestión e as súas fontes de riqueza.
Non quixera parecer excesivamente optimista, porque mentres eu apunto isto, estou seguro de que alguén prepara un maletín (ou unha bolsa plástica) co que argumentar as palabras máxicas das trastendas políticas: “Todo se pode amañar neste mundo.” Así pois, cos ollos abertos, a cabeza fria, e sin deixar de falar uns cos outros, cabe apuntar o xogo de palabras oposto: “O minifundismo, unido, xamáis será vencido.”
Unha vez escoiteille dicir a Luigi Ferrajoli que os grandes progresos dos povos sempre viñeron dalgunha forma de asociacionismo, dunha o doutra forma.
Non hai outra, nada é de balde, hai que gañalo.
Comment by Ghanito — May 3, 2006 @ 8:14 pm
¿Pequenos pasiños ou pasiños pequenos?
Parece que son, estes da primavera, días de un certo optimismo por canto se está a mover no panorama: precintado das obras da cementeira de Coirós, a posible reubicación do proxecto de piscifactoría en cabo Touriñán e a renuncia a continuar coa …
Trackback by chuza.org — May 3, 2006 @ 8:20 pm