Bravo por Evo.

Con 2 Evos.

Teño diante de min unha libretiña na que apuntara toda a gasolina que fora gastando hai uns anos. Así, nunca me esquecerá que cada litro de ese combustible pasou das 105 pesetas de decembro do 1998 (viña de estar a 110 en outubro) hasta as 144 que costaba a finais do 2000. Obsérvese que o aumento foi de case corenta pesetas en dous anos, frente os cinco anos que tardou en subir as outras corenta que faltan hasta as 180 actuais . Hubo moitas explicacións daquel encarecemento tan veritixinoso, pero o único feito que tiña eu seguro e que coincidira coa liberalización do mercado de hidrocarburos promovida polo goberno de turno, que se nos vendera co conto de que a competencia reduciría os precios de venta ó público.
Ter esa lección apuntada para sempre, serviu para situarme entre a incredulidade e o asco, cando oín a Ana de Palacio argumentar que había que apoiar a Invasión de Irak porque así nos sería máis barato encher os depósitos dos coches. De feito, máis próxima ó asco que a outra cousa, é a opinión que me merece a indistria petroleira e todo o que se move arredor de ela; e como eu non teño ningún interés no ramo, podo afirmar que non me sinto para nada amenazado pola noticia coa que me levantei hoxe.
Ó contrario, síntome elegre porque nalgún lugar do mundo, unha sociedade, a través dos representantes que escolleu libremente, recupera a posesión dunha riqueza que estaban a aproveitar as empresas (que por máis que sexan “sociedades” non son a sociedade). Síntome feliz de pensar que iso pode ser un precedente e, tal vez algún día, os habitantes das costas e montañas galegas recibirán a tallada que dan os parques eólicos que soportan; que serán a hostelería, a artesanía e a cultura galegas as que entren en simbiose co turismo, no canto de lucrar ás inmobiliarias de lonxe; que o leite galego será transformado e distribuido por empresas galegas, desde Galicia, como producto de calidade e ben remunerado ós seus productores…
En resumidas contas, que das terras que outrora viñeron a pataca e o pimento, veñen agora esperanzas de unha nova xusticia económica e social. Oxalá non sexa un soño do que espertemos, como espertamos tantas veces, polas armas.

P.D.: Respecto á polémica das relacións internacionais do goberno Zapatero, dicir que lle faltan algunhas luces ós que critican. Primeiro, porque será máis facil chegar a acordo con un goberno amigo que con un goberno ó que se rexeitou. Segundo, porque a política de poñerse a favor de Francia cando Chirac se empeñou cos ensaios nucleares en Mururoa, para despois poñerse a mal cos franceses, dándolle a razón ós E.E.U.U. nunha invasión de Irak lesiva para os intereses estratéxicos da U.E., a ver si así o amigo americano nos arreglaba o desaguisado de andar a meterlle os dedos nos ollos a Marrocos, non deu grandes froitos, que digamos, na nosa relación cos veciños.

P.P.D.: A dia de hoxe, 11 de maio, xoves, atopei na Lareira ese deseño, que pon a ilustración que faltaba para este post. Gracias Oskiña.

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/05/02/bravo-por-evo/trackback/

  1. Tamén teño esa alegría hoxe. E será, ademáis, porque vin moitas veces aos bolivianos que viven perto do gas que non lles chega ás casas e que non saben máis que de pobreza e fame, mentres as sociedades das que falas (entre elas Repsol) enchen os bancos cos cartos que gana coa fame deles. Gracias por por os ollos, a cabeza e o corazón neste lado do mundo hoxe!

    Comment by torredebabel — May 2, 2006 @ 11:29 pm

  2. Xa somos máis ca mesma ledicia e ca mesma esperanza. Eu tamén espero que as armas non rematen este soño.

    Comment by Manoliño Captura — May 2, 2006 @ 11:36 pm

  3. Supoño que lembrarás o que pasou o 11 de setembro do 1973 en Chile. Non quero ser agoreiro, pero daquela tamén estaban a facerse nacionalizacións da industria (penso que do cobre, pero non estou certo).
    Por outra banda, ogallá non pase en Bolivia o que pasou no seu día en Venezuela, onde medrara a corrupción e acabou comendo o pais cando fixeran a súa nacionalización.

    Comment by Ghanito — May 3, 2006 @ 5:11 am

  4. Pois eu tamén alédome. Estou farto de que sempre sexan uns poucos (e os mesmos) os que se leven a maior parte do pastel. A ver se non pasa, como di Ghanito, o mesmo co de Venezuela e sirva para enriquecer ao pobo e non a uns poucos

    Comment by Oskiña — May 3, 2006 @ 8:41 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.