Bravo por Evo.
Teño diante de min unha libretiña na que apuntara toda a gasolina que fora gastando hai uns anos. Así, nunca me esquecerá que cada litro de ese combustible pasou das 105 pesetas de decembro do 1998 (viña de estar a 110 en outubro) hasta as 144 que costaba a finais do 2000. Obsérvese que o aumento foi de case corenta pesetas en dous anos, frente os cinco anos que tardou en subir as outras corenta que faltan hasta as 180 actuais . Hubo moitas explicacións daquel encarecemento tan veritixinoso, pero o único feito que tiña eu seguro e que coincidira coa liberalización do mercado de hidrocarburos promovida polo goberno de turno, que se nos vendera co conto de que a competencia reduciría os precios de venta ó público.
Ter esa lección apuntada para sempre, serviu para situarme entre a incredulidade e o asco, cando oín a Ana de Palacio argumentar que había que apoiar a Invasión de Irak porque así nos sería máis barato encher os depósitos dos coches. De feito, máis próxima ó asco que a outra cousa, é a opinión que me merece a indistria petroleira e todo o que se move arredor de ela; e como eu non teño ningún interés no ramo, podo afirmar que non me sinto para nada amenazado pola noticia coa que me levantei hoxe.
Ó contrario, síntome elegre porque nalgún lugar do mundo, unha sociedade, a través dos representantes que escolleu libremente, recupera a posesión dunha riqueza que estaban a aproveitar as empresas (que por máis que sexan “sociedades” non son a sociedade). Síntome feliz de pensar que iso pode ser un precedente e, tal vez algún día, os habitantes das costas e montañas galegas recibirán a tallada que dan os parques eólicos que soportan; que serán a hostelería, a artesanía e a cultura galegas as que entren en simbiose co turismo, no canto de lucrar ás inmobiliarias de lonxe; que o leite galego será transformado e distribuido por empresas galegas, desde Galicia, como producto de calidade e ben remunerado ós seus productores…
En resumidas contas, que das terras que outrora viñeron a pataca e o pimento, veñen agora esperanzas de unha nova xusticia económica e social. Oxalá non sexa un soño do que espertemos, como espertamos tantas veces, polas armas.
P.D.: Respecto á polémica das relacións internacionais do goberno Zapatero, dicir que lle faltan algunhas luces ós que critican. Primeiro, porque será máis facil chegar a acordo con un goberno amigo que con un goberno ó que se rexeitou. Segundo, porque a política de poñerse a favor de Francia cando Chirac se empeñou cos ensaios nucleares en Mururoa, para despois poñerse a mal cos franceses, dándolle a razón ós E.E.U.U. nunha invasión de Irak lesiva para os intereses estratéxicos da U.E., a ver si así o amigo americano nos arreglaba o desaguisado de andar a meterlle os dedos nos ollos a Marrocos, non deu grandes froitos, que digamos, na nosa relación cos veciños.
P.P.D.: A dia de hoxe, 11 de maio, xoves, atopei na Lareira ese deseño, que pon a ilustración que faltaba para este post. Gracias Oskiña.