Avante.
Proletários de todos os países, uni-vos! , dice a letra pequena de esa foto tomada en Aveiro, que teño gardada naquela carpeta de Cousas vistas por ahí, tan axeitada para o Primeiro de Maio, que para poucos sigue a ser un día de reivindicacións e simbolismo e, para moitos, outro festivo de orixe espúrea como a ascensión ou a constitución.
Certamente, habería bastantes cousas que reivindicar no día que se supón adicado a iso exclusivamente. As flamantes estadísticas de sinistralidade laboral, os contratos basura, a compatibilización de vida familiar e laboral, a semana de trintaecinco horas… Non só hoxe, senón calquera día do ano, deberíamos estar dispostos a movilizarnos coa firme determinación de conseguir os intereses da clase traballadora que, por si non se pensara, somos a maioría das personas. Pero xa non é cousa de que o fouciño e mais o martelo deixaran de ser ferramentas coas que se identificaran a maoiría dos asalariados; o problema está en que desapareceu a conciencia colectiva da clase traballadora (si en verdade existiu algunha vez). Coido que, a estas alturas debe de ser difícil alguén que se considere a si mesmo proletario ou incluso traballador, no significado social da palabra. Proletarios son os de funda azul que, coas mans cheas de graxa, saen dos asteleiros a lanzar tuercas de métrica 32 contra os antidisturbios; ou campesiños de pantalón de pana e camisa branca que alzan o puño cando remata a arenga dun ideólogo subido a un estrado, que os invita á revolución. Os demáis, xa non somos proletarios.
Nestes tempos, nos que a maioría das persoas dos paises occidentais temos tódalas nosas necesidades básicas máis ou menos cubertas, e incluso nos permitimos algún que outro capricho que nos faga ter a sensación de participar do “estado do bienestar”, asumimos unha postura defensiva e comulgamos, si fai falta, coas rodas do muiño antes de arriscarnos a mermar o crecimento económico, a inversión…
Acabar con ese espellismo do bienestar, e a sedación social que provoca, debe de ser o obxetivo de fondo do pensamento sindical, progresista e social nas primeiras décadas do século XXI; reflexionar sobre o que temos hoxe en día, como foi conseguido polos nosos pais, avós ou bisavós, e qué posibilidades hai de perdelo pola complacencia de pensar que o traballo está feito, e que a avaricia dos que manexan os cartos xa nunca nos vai quitar nada do que consideramos noso, porque xa nacemos con dereito a él.
O venres escoitaba a Consuelo Bautista gabar (e con razón) as grandes mobilizacións en Franza estes últimos meses en comparación co único día de folga en España en 1988 (o famoso 14-D), e nos dous casos loitábase contra medidas laborais moi similares. Para reflexionar.
Comment by mourullo — April 30, 2006 @ 10:12 pm