Feira Agrícola e Industrial do Miño, Tui 2006.
Hoxe luns, clausurouse a Feira Agrícola e Industrial do Miño, en Tui. Eu fun a visitala este fin de semana e levei unha pequena sorpresa. Bueno, dúas.
A sorpresa grata, foi o conxunto da exposición de maquinaria agrícola, que supuña o groso da feira. Grata porque, sendo un sector en longa agonía, e nun mercado tan duro como o das Rías Baixas, onde a xente non está moito por invertir nas súas leiras, os participantes non escatimaron en medios e presentaron tractores de tódolos tamaños, numerosos equipos para viticultura, motocultores e, en xeral, unha gama de productos bastante máis completa do que suelen mostrar nos comercios de esta zona. Oportunidade, pois, para un aprendiz de enxeñeiro, afeccionado á labor agrícola, para ver trebellos interesantes, preguntar canto se me ocurriu e sacar algo aprendido.
A sorpresa ingrata, na parte cuberta da feira, entre asociacións, comercios locales e actividades propias da rexión ¡Un posto de Marina d’Or! Pouco me faltou para ir a preguntarlle ós comerciais qué tiña que ver Marina d’Or coa economía do Baixo Miño, pero como non tiñan a ninguén, non quixen romper o seu aburrimento.
Sin querer facer de unha menos que da outra, esta mostra de Tui foi, sen dúbida, un bo aperitivo para a que ven esta semana: EXPOFEGASA, en Ordes. É unha feira un pouco máis vistosa, ainda que só sexa polo tamaño das máquinas, ou pola maior variedade de sectores presentes; ademáis, e falo baseándome na experiencia do ano pasado, a Feira do Queixo vai ser unha extraordinaria oportunidade para acarrexar para a casa, así que… ¡Contade conmigo en Ordes este fin de semana!