8 Comments »
The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/04/24/a-sombra-duma-azinheira/trackback/
RSS feed for comments on this post.
Leave a comment
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>
Sí señor! Concordo absolutamente con vostede. Creo que neste punto estivemos sempre bastante perto.
E que “esa xeración” perdera os ideais non ten por qué significar que os que vimos por detrás non poidamos facelos nosos, melloralos e loitar por eles.
Coma di Galeano: “Ella está en el horizonte. Me acerco dos pasos, ella se aleja dos pasos. Camino diez pasos y el horizonte se corre diez pasos más allá. Por mucho que yo camine, nunca la alcanzaré. ¿Para qué sirve la utopía? Para eso sirve: para caminar.”
Comment by Iria — April 25, 2006 @ 1:56 am
Que feliz sorpresa ao ler o seu nome:
Cada día Vieiros bótalle un ollo á comunidade de blogs galegos e selecciona os comentarios máis interesantes. Velaquí o blogmenú deste 25 de abril, coa “Revolución dos Cravos” na veciña Portugal na lembranza.
Apunta para non o esquecer: F.Míguez recolle cinco grandes leccións para apuntar, e que a memoria non perda.
Radioblog: En FútbolGalego, a visión do fútbol como unha arma cargada de futuro.
De sons: Sabían vostedes que Zeca Afonso cantou por primeira vez Grandola Vila Morena? EliDiez ofrece multimedia coa orixinal e versións varias.
Comment by mourullo — April 25, 2006 @ 5:47 pm
Ou aquí tamén.
Comment by mourullo — April 25, 2006 @ 5:51 pm
Boas…eu nom sei, nom sei…nom sei cara onde imos, Europa está a dar a de cal e a de areia com pouco tempo de intervalo…poderá haver um ccámbio tangível sem violência? A sério?
Comment by tangaranho — April 25, 2006 @ 6:02 pm
Ó verme citado en Vieiros, coido que me puxen colorado como si saíse a un palco. Menuda honra. A blogoteca, aínda non a coñecía pero, por suposto, supon a mesma honra. Non sei si serei digno…
A utopía é un concepto bastante romántico, pero eu coido que se poden obter mellores resultados con unha política de obxetivos concretos: este ano, hai que facer …, o ano que bén tócalle a…. E os que veñan despois de nos, eles verán.
No que respecta a violencia, pódese enfocar de dous xeitos. Por un lado, segundo un medio-axioma empírico, o que escomenza de forma rápida, termina igualmente rápido; quero dicir que para que un cambio na sociedade sexa, ademáis de tanxible, duradeiro, terá que ser un cambio que surxa espontánea e progresivamente. Outra forma de velo, é con un exemplo que se escapa un pouco do pensamento político porque, precisamente foi un cambio social que non xurdiu de ese pensamento: A revolución industrial, boa ou mala, foi o maior cambio que experimentou o mundo dende o descubrimento de América e as rutas marítimas con Asia. De feito, douscentos anos despois, seguimos metidos en ela e xa non ten volta a atrás (quizais podamos cambiar de rumbo, pero non volver atrás). Esa revolución tan fonda, carente de teorías políticas a priori, é outro exemplo de cómo se pode e debe cambiar o mundo sin empezar por matar a ninguén. Esa é a esperanza que eu teño.
Comment by F. Miguez — April 25, 2006 @ 11:29 pm
Isto é o máis intelixente que lin en moito tempo.
Comment by Dende Galiza... — April 26, 2006 @ 4:14 pm
Logo estamos dacordo que a “evolución social” e o único camiño. O que non quere decir que non podamos acelerala.
Comment by ártabro — April 27, 2006 @ 1:06 am
Logo estamos de acordo, nas dúas cousas
.
Comment by F. Miguez — April 27, 2006 @ 12:07 pm