Apunta, servicio público.
Cando abrin o blog, nunca pensei que chegara a ser un servicio público de este tipo, pero o caso é que, hai dous días, chegou un comentario ó post “Perigo na AP-9″ que copio aquí:
Hola a tod@s; necesito ayuda.
El dia 10 de abril tuve un incidente en la autopista a la altura de pontevedra (9.00 am) con una pieza que estaba suelta en la calzada y me golpeo el coche. Audasa no se hace cargo porque dice que no existe tal pieza pero asi como golpeo mi coche golpeo otros mas.
Necesito localizar a alguien que haya visto algo o que haya tenido un incidente ese mismo dia.
Gracias
Comment by Ana — April 20, 2006 @ 10:39 am | Edit This
Reflexado queda, por si alguén poidera e quixera axudar, e para me dar pe a dar uns consellos neste senso, froito da experiencia propia e allea.
Cando alguén ten calquer tipo de percance, sexa un accidente de tráfico, un desperfecto no coche por culpa dunhas obras, ou simplemente cae polas escaleiras dun centro comercial porque estaban molladas e sin sinalizar, pode verse na situación de ter que facer unha reclamación por via xudicial, para ser indemnizado polos danos e/ou perxuizos que o tal percance lle provoque. Para se cubrir as espaldas, e aspirar a recibir tal indemnización, convén tomar varias precaucións:
1ª Naturalmente, asegurarse de cal pudo ser a causa do percance, para evitar que a reclamación vaia nun sentido errado, e se conduza ó fracaso.
2ª Buscar, in situ, quen pudese testemuñar dos feitos. Si os testigos marchan sin deixar ningunha seña, pode ser imposible localizalos cando fagan falta. (Sorte, Ana.)
3ª En caso da menor dúbida, débese chamar á Policia Municipal ou á Guardia Civil, non para interpoñer a denuncia, senón para que recolla canta información deba e levante un atestado, que é como unha testemuña pero vinculante, é dicir, que o seu contido se supón certo de antemán. Ademáis, no caso de as causas ou consecuencias do incidente sigan a supoñer un perigo, (por exemplo unha peza na estrada, unha mancha de aceite ou unha comida en mal estado), tomarán as medidas necesarias para restablecer a seguridade dos demáis. (Non teño tan claras as competencias da Policía Nacional ó respecto, pero creo que os outros dous corpos cubren a maioría destas necesidades.)
4º Non firmar nada, sin estar absolutamente seguro do que se firma, porque se pode utilizar en contra de un mesmo, xusto como dicen nas películas. Ilustro isto con un exemplo hipotético (xurdido dun caso real) e outro verídico.
Si a remitente do comentario tivera perdido o control do coche por culpa de esa peza e golpeado o gardarrail, seguramente Audasa lle tivese pedido que firmase un papel conforme a barreira estaba en bo estado antes do sinistro, garantíndolle verbalmente que se facían cargo de todo. A peza desaparacería (como ocorreu) e a empresa quedaría eximida de responsabilidade, mentres que o papel asinado, implícitamente, deixa claro quen rompeu o gardarrail, e debe pagalo.
O caso real, contáronmo nunha corredoría de seguros. Unha política da zona de Vigo embestiu co seu coche ó dunha rapaza, conductora novel. Culpable a política, mostrouse moi amable coa rapaza, moi nerviosa na súa primeira vez, e acompañouna a un centro hospitalario, na consulta do médico de urxencias, á farmacia, e así todo o día. Feitas todas as mostras de sensibilidade oportunas, a política pediulle á rapaza que lle asinara un papeliño, e a rapaza asinou. Era unha declaración na que (a rapaza) se autoinculpaba das causas do accidente, sin sabelo.
Apuntado debe quedar, para non o esquecer.
Engado, como apéndice, que naquela ocasión madáralle un e-mail a Audasa expoñéndolle as miñas observacións. Quince días despois, mirei unha cuadrilla de traballo con unhas palas e pensei que estaban a facer caso da queixa. Pobre iluso. A semana pasada, o verdello seguía alí.
O bache, iso sí, non o volvín topar. Ou de verdade o repararon, ou fora outra cousa, o que me fixera saltar o coche. Xa dudo hasta de min mesmo.