Derrotado.

Estaba a escribir un post, que sería a segunda parte do de onte. Mentres tanto, ía recuperando o tempo de todos estes días de vacacións e poñéndome ó día no blogomillo hasta que, na Cabaseira, lin isto.
Será que aínda estou canso do mambo vacacional, será polo que sexa, pero non me apetece seguir lendo nin escribindo sobre nada máis; o que se me ocurriu, xa o comentei alí. Por hoxe, dou a guerra por perdida, e voume para a cama, a chorar.
Aviso. Que hoxe me sinta derrotado, non significa que me dea por vencido.
Cando foi o de Marbella, Gabilondo no seu telexornal avisara nunha documentada reportaxe de que o próximo obxectivo das constructoras era a costa galega, como último efecto perverso do afundimento do ‘Prestige’: a publicidade feita por medios e voluntarios dunha terra apenas danada polo urbanismo feroz. Cangas, Fisterra ou a Costa da Morte semellan ser as vítimas máis inmediatas.
Comment by mourullo — April 18, 2006 @ 9:47 pm
E chegara o momento que a costa estea saturada de dificacions como aqui nos EEUU e iso que andan os furacans atacando todolos anos pero nin asi.
Comment by acedre — April 18, 2006 @ 10:43 pm
Fun onte a “facer” un suceso a Corme, e o escenario dos feitos, unha casa-caixón, comprárano hai pouco por 300 euros e agora, cos madrileños á caída, non baixa de 3 millóns (de pesetas)
Comment by sHs — April 19, 2006 @ 10:56 am
O meu Radical leva un tempo a dicir de brincadeira que deberíamos tratar de mercar unha casa en Laxe (ou por aí). Según él, co cambio climático, dentro duns anos vai ser o único sitio onde se poida estar no verán (él detesta a calor). Seguro que xa hai tiburóns do ramo constructor aos que se lles ocorreu o mesmo.
Saúdos.
Comment by Hai Cada! — April 19, 2006 @ 6:41 pm
O que está claro, é que hai que poñerse as pilas, porque en dous ou tres anos, vai a haber moito espabilado que presuma de mercedes na porta da taberna a costa de escarallar sitios fermosísimos e culturalmente emblemáticos de Galicia, e de facerlles o xogo a outros que levarán maior tallada. Iso non é progreso.
¿A quén lle hai que apretar os tornillos para que faga o que ten que facer? Bueno, iso sabémolo todos, pero ¿Cómo se fai?
Comment by F. Miguez — April 20, 2006 @ 9:37 am
A reportaxe no informativo de Gabilondo da que falaba.
Comment by mourullo — April 20, 2006 @ 10:32 pm