Descoñecemento ó volante.
De volta da Semana Santa, máis de cen mortos en accidentes de tráfico asoman nesa fiestra hacia o mundo que son os noticieiros. Pasando por alto a observación de que estamos ante outra exhibición profética dos profesionais da información, porque a traxedia xa era noticia antes das propias vacacións, vexo as imaxes, razono, e apunto que cando se abre a porta dun cortello, as ovellas, porcos, galiñas, ou o que estea dentro, saen apresuradísimos, tropezando uns con outros, co marco da porta porta e caíndo dafuciños; non é por insultar, que conste, pero algún parecido hai. Si no canto de ser rebaño, repartísemos as nosas vacacións con un criterio menos masivo, as saídas e retornos, así como as propias vacacións serían, cando menos, máis cómodos para todos.
Máis ou menos, así o fixen eu, agardando a que a N-550 estivese despexada e me permitín unha operación retorno cómoda, tranquila e con opción a sacar dúas leccións adicionais en materia de seguridade vial que, con afán constructivo, apunto a continuación.
Lección Un. Dende o meu punto de vista, moitísimo máis perigoso que o exceso de velocidade, son os adiantamentos en curvas e cambios de rasante sin visibilidade, pero contra iso non hai campañas, porque a denuncia e multa non se poden automatizar. Sin querer disculpar esas conductas imprudentes, tal vez se poderían evitar en boa medida si, cando un conductor, facendo uso lexítimo do seu dereito a circular de vagarciño, acumula tras de sí unha cola de oito ou dez coches (que ás tres de mañán son moitísimos), e máis de un e de dous se xogan a vida para o adiantar, debería plantexarse que lle está a causar un transtorno a outros conductores e, posto a non ter presa, nada lle costaría apartarse momentáneamente no arcén, permitir que se desfaga o tapón en condicións de seguridade, e reanudar a súa marcha. Co orgullo de poder dicir que, si vou deliberadamente amodo, eu sí me aparto para deixar pasar, cuestiono a razón de que esta conducta non estea inculcada na sociedade.
Lección Dous. Non foi nesta ocasión que me deixei adiantar solidariamente, porque, sin facer tonterías e incluso aforrando gasolina, preferín andar lixeiro para que non me dera o sono ou, cando menos, o tedio. Así foi que alcancei a máis de un que tamén ía lixeiro, e tiven oportunidade de estudiar o nivel técnico de algún conductor presuroso; a conclusión é “escaso”. ¿A qué me refiro? Refírome a que, xente con coches máis ou menos bos, que se lles nota que lles gusta apurar, e que tratan de facer unha conducción deportiva, demostran co seus xeitos que nunca recibiron unha explicación autorizada de cómo se traza unha curva, onde hai que frear e onde hai que acelerar, cómo se asegura o apoio do coche para que non perda a estabilidade, etc.
Superado o temor de quedar como un enterao cando o que intento é aportar algo de coñecemento, apunto que, cando un pode observar que o coche de diante se pon a tres rodas nunha curva (é un dicir), é porque leva o seu máis aplomado, e pódese permitir afirmar que esa falta de coñecemento de moitos conductores é o que outros chaman “exceso de velocidade“. A culpa: dos que creen que saben, sin saber en realidade, por unha parte, pero, sobre todo, dos responsables da seguridade e educación vial, por usa-la represión para evita-las consecuencias da ignorancia.
Non esqueza o compoñente etílico.
Comment by mourullo — April 17, 2006 @ 10:46 pm
Eu teño un amigo, e di que o mellor e andar a pe o en burro., e asi vai a modo.
Comment by ártabro — April 18, 2006 @ 2:14 am
Unha das cousas que vou botar de menos e a conduccion neste pais.
Comment by acedre — April 18, 2006 @ 4:09 am
Hai ainda outra peor, onde hai dobre carril, e podes adiantar sen problema, o que antes circulaba a 60 acelera e ponse a 100. ¿Será que quere seguir de primeiro?
Comment by Ghanito — April 18, 2006 @ 5:05 am
Non podo estar máis de acordo. Todos os cartos que están tirando ao lixo os nosos representantes con campañas como as da DGT; por certo, pregúntome se aos que morreron polas imprudencias de outros tamén os chamarían para preguntarlles se tiñan pensado no peor; estaría moito mellor investilos en educación… sen ir máis lonxe, estes días escoitei a un comercial dicirlle a un potencial comprador que con aquel carro con ESP non se podería saír da estrada… non puiden evitar dicirlle que lle pedise probar o coche, que podería comprobalo el mesmo… iso si, cando caise polo terraplén habería de facelo paralelo á estrada. De alí a un pouco o comercial díxome algo dunha vela e dun enterro.
Comment by opaco — April 20, 2006 @ 10:12 pm