As patacas do gurú.

Hai tempo, vin un documental no que un anciano asiático subía ás montañas montado nun boi, e non baixaba hasta que, estudiando as nubes, o vento e demáis, chegaba o día de avisar ós seus veciños da aldea para que comenzaran a traballar os socalcos nos que cultivan o arroz. Mentres non adquiro esa facultade, que todo se andará, ben me tiña vido a min un sabio de eses. Houbo un gurú na historia que apunto hoxe, pero vamos por partes.
Dentro da miña campaña de pequenos ensaios sobre agricultura (máis ou menos) ecolóxica, para este ano tiña previsto un con patatas; comentei o asunto con un coñecedor da materia, que me asesorou e xestionou de me conseguir semente dunha variedade autóctona, polo menos para parte do ensaio. Simultáneamente, eu andava a xogar ós enxeñeiros, ou ós ferreiros, e funlle dando xeito á versión 2006 de unha sementadora, que constrúo ós poucos na casa, para lle enganchar ó tractor (nada de novedoso teñen as sementadoras de patatas noutras zonas de Galicia, pero aquí aínda vamos pola primeira). Hai un mes, aproximadamente, aproveitei un paseo polo rural da provincia coruñesa para recolle-las patatas que o mentor me conseguira e, co resto da semente na casa, so quedaba unha cousa pendiente: que parase de chover.

Rejos de patatas.

Sin me extender moito, pero consciente do interese que pode ter en calquera outra actividade, apunto que despois de dous fallos na previsión do Instituto Nacional de Meteoroloxía, probei co Wind Guru, que é unha páxina de prediccións meteorolóxicas moi técnicas para surfistas; en ela, aparecen vaticinios para as praias máis axeitadas para ese deporte incluso con sete días de anticipación (eu non teño terreos na praia, pero “Vigo” e “Cesantes” son dous spots bastante próximos). Tiña fama de infalible, o Guru, hasta que eu empecei a confiar en él. O certo é que acabei dando con unha chea de webs sobre o tempo, das que adquirín certo coñecemento teórico, pero que non se puxeron de acordo en adiantarme bo tempo, hasta esta semana. Remato a cuestión apuntando, como balance, que foi o Wind Guru o primeiro que o predicira.
Así pois, o venres parou a chuvia, durante a fin de semana secou a terra, onte labrei, e hoxe, igual que media ducia de veciños, levei as patatas para a veija sin agardar pola lúa minguante. Alí quedaron, Pataca Fina, autóctona, Kennebec, incluída na Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia e Baraka, da que os paisanos falan maravillas, os técnicos… menos maravillas e que era a única xeitosa que había hoxe en Redondela para completar dous regos que aínda me cabían no terreo. Agora a ver como medran, e dentro duns meses compararei resultados, entre variedades e entre a metade oriental do terreo, a ecolóxico, e a metade oeste, fertilizada a maiores co producto e a dose que me recomendou un vendedor local.
Como apredinz de enxeñeiro, tres posibles obxetivos para o futuro próximo:
1º Seguir a perfeccionar a sementadora.
2º Construir un trebello para sachar patacas sin demasiado esforzo.
3º Perfeccionar o escape do tractor, porque o seu ruido foi case a única pega postos a pasar unha tarde no campo.
De valores, xa falaremos. De momento: Avante patacas!!

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/04/12/as-patacas-do-guru/trackback/

  1. O windguru, hai uns anos (cando ainda estaba Eiroa) déranlle moita publicidade en Radio Vigo porque adoitaban usalo para dar o pronóstico do tempo. Coñezo algunha xente en Vigo que o usa desde entón e lle ten moita lei.

    Do experimento, sorte, e xa invitará a uns cachelos ou unhas patacas fritidas na tua casa. O porco xa o levarei eu ;)

    Comment by Ghanito — April 12, 2006 @ 5:29 am

  2. Pois isso, sorte, porque nom me fio nada, a mim esta bonança climatérica, como que me provoca desconfiança. O trebelho para sachar poderia ser a revoluçom para muitíssima gente, porque acaba um ao final fodido dos cadrís…

    Comment by tangaranho — April 14, 2006 @ 2:02 pm

  3. Seica chámanlle colleitadora, sr. tangaranho, e leva inventada máis ou menos 100 anos

    Comment by eSedidió — April 15, 2006 @ 10:39 pm

  4. Quietos todos. (A ver si chego a tempo) Que non é o mesmo sachar que arrincar ou excavar. O primeiro, para o que eu preciso facerme con un trebello, (xa que non podo andar co tractor porriba dos caballóns sin arrualos) consiste en sacarlle-las malas herbas; o segundo (e terceiro, por si non quedaba claro que son sinónimos) consiste en desenterra-los tubérculos para a súa recolección. De iso sí que hai mil tipos, porque sí se pode facer co tractor. Hasta eu teño un, dos máis sinxeliños.

    Comment by F. Miguez — April 17, 2006 @ 7:06 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.