Fernando Argenta.
Esta tarde, volvín collerlle o coche a meu pai, que desta vez funcionou sin atrancos. Inevitablemente, tiña a radio conectada, e despois de andar a zumbarlle ó auto-search, deu na Ventana (que se tratataba de ese programa, súpeno a posteriori), onde un señor contaba un conto dun economista que ía facer rentable unha orquesta sinfónica e, tras escoitar un concerto, o fulano vai onda o xerente e empeza a expoñerlle:
-”Dos vinte violinistas, sobran dezanove.
-E iso ¿por qué?.
-Porque todos tocan o mesmo. O flautista solista, hai que despedilo.
-¿E logo?
-Porque da media hora que durou o concerto, o tipo só tocou dez minutos.
…”
O señor que contaba isto, era Fernando Argenta, que non é que se sumase á campaña de humor gremial que aquí se empezou, sinon que exemplarizaba de ese xeito a situación pola que, hoxe, Radio Televisión Española estivo en folga.
Comunicador exemplar e paradigmático onde os haxa, o Sr. Argenta explica lapidariamente, con ese conto, o que ocorre neste absurdo de política neoliberal promovida polo socialismo. ¿Cómo serán entón os conservadores? cabe preguntarse.
Capturei mentalmente outra afirmación do presentador dos Clásicos Populares, que apunto o máis literalmente que podo, e despois comento:
“(Por RTVE)han pasado muchas productoras privadas, que han cobrado mucho dinero, han utilizado nuestros medios y tampoco han obtenido grandes resultados. De hecho, ha habido grandes fracasos, mientras a nosotros (os profesionais de RTVE) no se hos ha dejado hacer muchas cosas.”
(Para unha maior fidelidade na transcripción, haberá que acudir ó arquivo da Cadena SER.)
Iso, da televisión pública, sábeo quen quixera escoitar; que si Jose Luis Moreno, que si Jose Manuel Parada, que si Gestmusic… e ahí é onde, coido eu, debería meter a tixeira o goberno, non nos profesionais, que son os que pagan sempre os platos rotos a pesar de atesourar o saber facer que precisa calquera empresa para realizar a súa actividade a xeito. Claro que de iso, os economistas non parecen querer saber, polo menos os neoliberais.
O peor, é que o conto do contratista privado na función pública, usurpador de medios ou non, é excesivamente frecuente, alén da televisión. E digo peor, porque cando entendín que Noche de Fiesta non era do meu interés, marchei para o bar (e alí quedei), pero cando se xoga coa saúde, o transporte… preferiría que se mirase un pouco menos pola rentabilidade e un pouco máis polas garantías.