Adeus ás peaxes.

Despois de moitos anos de reivindicación, onte consumouse a supresión das peaxes da ponte de Rande e máis do tramo A Coruña-A Barcala, da AP-9. Era xusto e necesario, quitarlle o imposto revolucionario a eses enlaces viais tan estratéxicos, pero sin me deixar levar pola ledicia, apunto dúas observacións críticas a este progreso tan evidente.
O primeiro que me ven á cabeza, e comparar a axilidade coa que as administracións executan as expropiacións a particulares, e o denso que se fai ese mesmo proceso cando se trata de empresas. Ninguén discute a “utilidade pública” en base á cal as administracións enaxenan terreos ou vivendas (o cal non significa que non se debera discutir), pero parece que é de máis utilidade pública unha explotación por parte de unha empresa que por parte dos cidadáns. De todos xeitos, o máis sangrante, é ter que pagarlle a AUDASA seis millóns de euros, de todos nos, para lle compensar unha concesión que non tiña por qué ser renovada hai uns anos, cando o clamor popular pola retirada de esas peaxes xa estaba en auxe. Coido que, eses mil millóns de pesetas (máis o que non se nos diga), deberían pagalos do seu bolsillo os que, consicientes de que facían algo que ía en contra do interese xeneral, perpetuaron aquela concesión.
E dous. Agora, que xa podemos cruza-la ría de Vigo, e saír da Coruña gratis, cos nosos coches particulares, poderíamos empezar a pedir outras cousas. Por exemplo, que os barcos que unen as respectuivas cidades coas outras marxes das súas rías se convirtan en un servicio eficaz e gratuito, que deconxestionen o asfalto, aforren petroleo, disminuian accidentes de tráfico… e todas esas virtudes do transporte público, que tamén nos daría un tren de cercanías puntual e frecuente, non o servicio decadente que temos agora, que se afunde por centralizar as inversións nun AVE (tamén tratado onte na visita da ministra) que redunda cos tres aeroportos galegos, e non solucionará os problemas de transporte que provoca a denostada, pero agradecida, dispersión xeográfica dos galegos. Igual uns autobuses baratos, ou gratuitos, ben xestionados e ben dimensionados, eran o tal para achegar á xente ás estacións de tren, co que á vez chegar ós centros de traballo… Bueno, o certo é que o transporte público xa está de abondo teorizado, pero o que falta é a vontade.
Non me queixo, non, da liberación das peaxes de Rande e A Barcala; laméntome de que sexa unha medida serodia, escasa, e que non ataca á raiz do problema, pero alégrome do que as personas imos a aforrar durante un tempo, e de que (por fin) se escoitase unha petición histórica da sociedade.