Panorámica.
Hasta non hai moito, a principal ponzoña da paisaxe que se observaba dende este outeiro, era a central térmica de Sabón (a torre que hai no centro; cabe aclarar que o fume visto na foto non sáe de ela, sinón da planta da Ferroatlántica, que está xusto detrás pero non luce tanto). Sabón, a diferencia das outras dúas térmicas de Galicia, Meirama e Pontes de García Rodríguez, non foi construída para consumir carbón, sinón fuel-oil; o proxecto comezou antes, pero como rematou despois da crisis do petróleo dos setenta, o prezo de ese combustible subira tanto que a súa explotación xa non era económicamente rentable, por iso nos trinta anos que leva construída só funcionou esporádicamente. A panacea do gas natural vai ser a súa salvación, disque.
Quizáis, ese exemplo de inversión industrial mal pensada e lesiva para o entorno se poida disculpar co argumento de que eran outros tempos, e había outras preocupacións, pero a atrocidade que hai un pouquiño máis á esquerda, o Porto Exterior da Coruña, é inexcusable. Lonxe de aprender algo sobre o fracaso dos oportunismos económicos (e tecnolóxicos) na lección anterior, a paisaxe que todos podemos disfrutar gratuitamente sofre un novo desgarro, que será todavía peor a medida que vaia avanzando a obra.
E como non hai dous sin tres, a emotividade das paisaxes amplias, a brisa e o mar, ablándanme e caio no pesimismo de pensar que non tardarán en chegar días nos que columnas de chalés adosados, pareados e illados se rodearán do verde postizo dun céspede, que virá a escorrentar ó toxo, ás leiras a herbal e as labradas, e penso en cal será a orixe de eses invasores que co único aliciente dos cartos, farán realidade o anhelo de iñorantes, incapaces de darlle valor a un lugar sin poseelo, sin alteralo, sin respetar ós que alí teñen as súas raíces, sin formar parte de él.
Pero mentres, a primavera fai tregua dominical na capaña de choivas e está un domingo para tomar o Sol, para xogar con cometas ou para pasear co can, para respirar aire puro mentres dure, para disfrutar da natureza, mentras ninguén se fai o seu amo. Todo gratis.