Avante.

Proletários de todos os países, uni-vos! , dice a letra pequena de esa foto tomada en Aveiro, que teño gardada naquela carpeta de Cousas vistas por ahí, tan axeitada para o Primeiro de Maio, que para poucos sigue a ser un día de reivindicacións e simbolismo e, para moitos, outro festivo de orixe espúrea como a ascensión ou a constitución.

Avante.

Certamente, habería bastantes cousas que reivindicar no día que se supón adicado a iso exclusivamente. As flamantes estadísticas de sinistralidade laboral, os contratos basura, a compatibilización de vida familiar e laboral, a semana de trintaecinco horas… Non só hoxe, senón calquera día do ano, deberíamos estar dispostos a movilizarnos coa firme determinación de conseguir os intereses da clase traballadora que, por si non se pensara, somos a maioría das personas. Pero xa non é cousa de que o fouciño e mais o martelo deixaran de ser ferramentas coas que se identificaran a maoiría dos asalariados; o problema está en que desapareceu a conciencia colectiva da clase traballadora (si en verdade existiu algunha vez). Coido que, a estas alturas debe de ser difícil alguén que se considere a si mesmo proletario ou incluso traballador, no significado social da palabra. Proletarios son os de funda azul que, coas mans cheas de graxa, saen dos asteleiros a lanzar tuercas de métrica 32 contra os antidisturbios; ou campesiños de pantalón de pana e camisa branca que alzan o puño cando remata a arenga dun ideólogo subido a un estrado, que os invita á revolución. Os demáis, xa non somos proletarios.
Nestes tempos, nos que a maioría das persoas dos paises occidentais temos tódalas nosas necesidades básicas máis ou menos cubertas, e incluso nos permitimos algún que outro capricho que nos faga ter a sensación de participar do “estado do bienestar”, asumimos unha postura defensiva e comulgamos, si fai falta, coas rodas do muiño antes de arriscarnos a mermar o crecimento económico, a inversión…
Acabar con ese espellismo do bienestar, e a sedación social que provoca, debe de ser o obxetivo de fondo do pensamento sindical, progresista e social nas primeiras décadas do século XXI; reflexionar sobre o que temos hoxe en día, como foi conseguido polos nosos pais, avós ou bisavós, e qué posibilidades hai de perdelo pola complacencia de pensar que o traballo está feito, e que a avaricia dos que manexan os cartos xa nunca nos vai quitar nada do que consideramos noso, porque xa nacemos con dereito a él.

Pois sí que estaba prohibido…

Cross training en Galicia.

Cross training in Ucrania, era o eslogan dunha campaña publicitaria que protagonizaba Sergei Bubka hai uns anos. Isto ven a que, unha vez descuberto que a piscina está a tonificar os meus músculos, pero pouco ou nada fai pola resistencia aeróbica da que sempre presumín, nin contra o meu equivalente do alxibe camélido, volvín ós meus derroteiros naturais, saquei os tenis do armario, e boteime a correr polos camiños da parroquia, a iso da noitiña. Conste que a miña hora preferida para a práctica pedestre, estivo sempre entre as seis e as oito da mañán, con medio pocillo de augardente para loitar contra o frío e duas galletas para loitar contra o augardente. A esa hora, o aire está máis fresco, o sangue queda cargado de osíxeno para todo o día, e o madrugar sempre axuda a aproveitar mellor o tempo. Pero esta vez foi ó solpor, que tampouco é mala hora para botar uns trotes.

Camiño.

A transición á penumbra sempre é relaxante e, a medida que o Sol se vai escondendo e van encendendo as farolas, os páxaros van quedando calados e déixanlle paso ás primeiras chicharras de este ano, que so se oen onde non hai coros de rans; o rumor do aire entre as árbores ou a herba de semente, os regatos a correr pola beira do camiño ou o ladrido dos cans son sóns que van cobrando protagonismo segundo a xente se vai metendo nas casas e deixan escapar voces de telediario polas fiestras. Só algún Fittipaldi con escape tunning, ou algún diesel de furgón desentonan no mapa de sons de ese crepúsculo no que a vista perde moita utilidade.
Non obstante, segundo un leva a lingua de fora, lembra que fundamental para o exercicio é respirar polo nariz, así que hai que fecha-la boca. A demanda de ventilación forza a capacidade das fosas nasais, e o sentido que impera, é o olfato. Deixando aparte o cheiro das augas suxas, un dos temas de cabeceira nos informativos da TVG, e que poñen en evidencia o estado dos saneamentos en Galicia, segundo un vai pasando polos sitios vai recollendo cheiros que lle ilustran o que está derredor: os pinos das coutadas, os salgueiros, os cortellos, a tortilla de patatas que cearán os paisanos, as wisterias e tantas outras flores, a herba segada pola tarde, a terra recén traballada…
Preto da casa, nun camiño sin alumbrado e cuberto por altos carballos, dúas curuxas falan entre sí e toleo, póñome a valorar as couasas e decido: espero morrer antes de que a “sociedade do bienestar” me poña a correr enriba da cinta dun ximnasio, e con iso, dígoo todo.

Carta á Real Academia Española.

Xa hai uns días que soaron tambores de polémica sobre a definición que a Real Academia Española da lingua estaba a propoñer para a palabra gallego, ga. O mestre Artabro dera parte do asunto e, como se debe facer, propuxo medidas ó respecto.
Cos deberes da escola feitos, e aproveitando un rato libre, apunto a continuación a carta que eu lles envío:

“Señores y señoras, académicos de la lengua:
Me tomo la libertad de dirigirme a ustedes, para comentarles mi inquietud sobre una cuestión de actualidad, que me afecta personalmente y, como podrán suponer, a la institución de la Real Academia Española de la Lengua.
Tan tradicionales como la peineta y el tricornio son, en España, las chabacanerías y mediocridades politiqueras de quien, probablemente por carecer de superior cultura o conocimiento del mundo, mas sí estar bien dotados de unha necia arrogancia, se empeñan en despreciar hasta el insulto a aquellos que no consideramos como propia la cultura del chotis y los toros, ni como exclusiva a la lengua castellana.
Teniendo en tan alta estima, como tengo, a las personas dedicadas al estudio, perfeccionamiento y divulgación del español, sin duda idioma universal y rico donde los haya, no puedo menos que transmitirles mi preocupación respecto a las acepciones que, de la palabra gallego, se están planteando en su diccionario. Aludo a la preocupación, comprenderán ustedes, porque no me indignaría en absoluto descubrir, una vez más, un trato despectivo hacia mi sociedad, mi cultura y mi gentilicio, en la medida en que, como reza la sabiduría popular, solo ofende quien puede y no quien quiere, y queda así fuera del alcance de aquellos mediocres antes citados. No obstante, consciente de la responsabilidad que supone mantener íntegro un idioma que une a tantas y tan diversas culturas por todo el mundo, me resultaría alarmante descubrir que ustedes, que atesoran tal compromiso, ceden el castellano como vehículo a ideologías que prefieren dividir y ofender a quien, sin querer segregarse, es diferente, y pretende seguir siéndolo.
Confiando, humildemente, en que tomen ustedes las medidas oportunas para evitar que, de tal agravio, surja mi decepción más sentida, les envío un cordial saludo.
Atentamente:
F. Miguez”

Agora, a ver si apuntan eles.

P.D.: En Outra Vaca no Millo atopo este link, e penso “Ooooi, que carallo.”

Á sombra duma azinheira.

Feira Agrícola e Industrial do Miño, Tui 2006.

Feira de Tractores.

Hoxe luns, clausurouse a Feira Agrícola e Industrial do Miño, en Tui. Eu fun a visitala este fin de semana e levei unha pequena sorpresa. Bueno, dúas.
A sorpresa grata, foi o conxunto da exposición de maquinaria agrícola, que supuña o groso da feira. Grata porque, sendo un sector en longa agonía, e nun mercado tan duro como o das Rías Baixas, onde a xente non está moito por invertir nas súas leiras, os participantes non escatimaron en medios e presentaron tractores de tódolos tamaños, numerosos equipos para viticultura, motocultores e, en xeral, unha gama de productos bastante máis completa do que suelen mostrar nos comercios de esta zona. Oportunidade, pois, para un aprendiz de enxeñeiro, afeccionado á labor agrícola, para ver trebellos interesantes, preguntar canto se me ocurriu e sacar algo aprendido.
A sorpresa ingrata, na parte cuberta da feira, entre asociacións, comercios locales e actividades propias da rexión ¡Un posto de Marina d’Or! Pouco me faltou para ir a preguntarlle ós comerciais qué tiña que ver Marina d’Or coa economía do Baixo Miño, pero como non tiñan a ninguén, non quixen romper o seu aburrimento.
Sin querer facer de unha menos que da outra, esta mostra de Tui foi, sen dúbida, un bo aperitivo para a que ven esta semana: EXPOFEGASA, en Ordes. É unha feira un pouco máis vistosa, ainda que só sexa polo tamaño das máquinas, ou pola maior variedade de sectores presentes; ademáis, e falo baseándome na experiencia do ano pasado, a Feira do Queixo vai ser unha extraordinaria oportunidade para acarrexar para a casa, así que… ¡Contade conmigo en Ordes este fin de semana!

¿Qué foi iso?

Menuda cara de parvo me quedou hai un pouco, cando me dixeron que hubera un sismo bastante xeitoso esta mañán. Eu non me enterei de nada. De feito, pola día da semana e a hora, podería ocorrer que me acabese de deitar e a cama me dera voltas igualmente por causas que, ben sendo alleas á actividade tectónica, quedarían rápidamente excusadas por esta. Pero hoxe nin iso; non sentín tremor ningún.
A distancia que hai dende Redondela hasta o epicentro do terremoto, pode ser a explicación de que as vibracións da corteza terrestre chegaran xa atenuadísimas ás patas da miña cama; agora ben, comer en familia con calquera vanalidade na televisión, e repartir a tarde entre transplantar un semillero na horta, atender visitas, e poñerme cos preliminares doutra máquina caseira que ando a argallar, foron unha boa forma de manterme perfectamente aislado de canta sacudida informativa hubese neste domingo tan idílicamente primaveral.
Non podendo ser testemuña dos feitos de hoxe, apuntarei a miña experiencia noutro tremor de terra, ese sí ben sentido, hai xa (uh) unha chea de anos. Eu estaba en primeiro, e deitárame cedo porque tiña examen de debuxo. Estaba facendo o tal examen e, por algunha razón, non era capaz de facer unha soa liña dereita, a escuadra movíaseme e empezaba a desesperarme co inminente fracaso cando espertei. A casa estaba a temblar con toda e, pouco a pouco, o estruendo foi marchando polo horizonte (sonoro); de repente, o silencio que quedara foi destruido por tódolos cans da parroquia, que empezaron a ladrar violentamente, con un dramatismo sobrecolledor.
-”Joder, menos mal que era un terremoto.”-Pensei para min, din a volta na cama e durmín xa moito máis tranquilo.

Apunta, servicio público.

Cando abrin o blog, nunca pensei que chegara a ser un servicio público de este tipo, pero o caso é que, hai dous días, chegou un comentario ó post “Perigo na AP-9″ que copio aquí:

Hola a tod@s; necesito ayuda.
El dia 10 de abril tuve un incidente en la autopista a la altura de pontevedra (9.00 am) con una pieza que estaba suelta en la calzada y me golpeo el coche. Audasa no se hace cargo porque dice que no existe tal pieza pero asi como golpeo mi coche golpeo otros mas.
Necesito localizar a alguien que haya visto algo o que haya tenido un incidente ese mismo dia.
Gracias

Comment by Ana — April 20, 2006 @ 10:39 am | Edit This

Reflexado queda, por si alguén poidera e quixera axudar, e para me dar pe a dar uns consellos neste senso, froito da experiencia propia e allea.
Cando alguén ten calquer tipo de percance, sexa un accidente de tráfico, un desperfecto no coche por culpa dunhas obras, ou simplemente cae polas escaleiras dun centro comercial porque estaban molladas e sin sinalizar, pode verse na situación de ter que facer unha reclamación por via xudicial, para ser indemnizado polos danos e/ou perxuizos que o tal percance lle provoque. Para se cubrir as espaldas, e aspirar a recibir tal indemnización, convén tomar varias precaucións:
1ª Naturalmente, asegurarse de cal pudo ser a causa do percance, para evitar que a reclamación vaia nun sentido errado, e se conduza ó fracaso.
2ª Buscar, in situ, quen pudese testemuñar dos feitos. Si os testigos marchan sin deixar ningunha seña, pode ser imposible localizalos cando fagan falta. (Sorte, Ana.)
3ª En caso da menor dúbida, débese chamar á Policia Municipal ou á Guardia Civil, non para interpoñer a denuncia, senón para que recolla canta información deba e levante un atestado, que é como unha testemuña pero vinculante, é dicir, que o seu contido se supón certo de antemán. Ademáis, no caso de as causas ou consecuencias do incidente sigan a supoñer un perigo, (por exemplo unha peza na estrada, unha mancha de aceite ou unha comida en mal estado), tomarán as medidas necesarias para restablecer a seguridade dos demáis. (Non teño tan claras as competencias da Policía Nacional ó respecto, pero creo que os outros dous corpos cubren a maioría destas necesidades.)
4º Non firmar nada, sin estar absolutamente seguro do que se firma, porque se pode utilizar en contra de un mesmo, xusto como dicen nas películas. Ilustro isto con un exemplo hipotético (xurdido dun caso real) e outro verídico.
Si a remitente do comentario tivera perdido o control do coche por culpa de esa peza e golpeado o gardarrail, seguramente Audasa lle tivese pedido que firmase un papel conforme a barreira estaba en bo estado antes do sinistro, garantíndolle verbalmente que se facían cargo de todo. A peza desaparacería (como ocorreu) e a empresa quedaría eximida de responsabilidade, mentres que o papel asinado, implícitamente, deixa claro quen rompeu o gardarrail, e debe pagalo.
O caso real, contáronmo nunha corredoría de seguros. Unha política da zona de Vigo embestiu co seu coche ó dunha rapaza, conductora novel. Culpable a política, mostrouse moi amable coa rapaza, moi nerviosa na súa primeira vez, e acompañouna a un centro hospitalario, na consulta do médico de urxencias, á farmacia, e así todo o día. Feitas todas as mostras de sensibilidade oportunas, a política pediulle á rapaza que lle asinara un papeliño, e a rapaza asinou. Era unha declaración na que (a rapaza) se autoinculpaba das causas do accidente, sin sabelo.

Apuntado debe quedar, para non o esquecer.

Engado, como apéndice, que naquela ocasión madáralle un e-mail a Audasa expoñéndolle as miñas observacións. Quince días despois, mirei unha cuadrilla de traballo con unhas palas e pensei que estaban a facer caso da queixa. Pobre iluso. A semana pasada, o verdello seguía alí.
O bache, iso sí, non o volvín topar. Ou de verdade o repararon, ou fora outra cousa, o que me fixera saltar o coche. Xa dudo hasta de min mesmo.

Cidadela.

Valorando o custe de oportunidade de si volver á cuestión da seguridade vial, ou seguir coa brecha aberta o martes, pódeme o corazón e ampárame a convicción de que, a estas alturas, non só os dramas post-vacacionais son bo motivo para falar de mortes na estrada.
A foto que puxen do “Derrotado” é unha imaxe histórica, un soldado alemán sentado nun cañón destruído, chorando tra-la derrota que o seu exército sufriu na batalla de Kursk. Nun oportuno xogo de palabras, bautizo o post de hoxe co nome que Hitler lle puxera a aquela operación desesperada, non polo paralelismo histórico, sinón polo aspecto numantino da súa definición. A iso quero apelar, á resistencia, á oposición frente ó que ven a ser unha invasión en toda regla do noso patrimonio último: a Nosa Terra.
Iso é o mellor que podo facer, de momento, si me poño en plan discurso ideo-patriótico, así que vou tirar para o monte, e tratar de razonar un pouco unha postura que, a priori, surxe dos sentimentos. Os argumentos que vou utilizar, ademáis de non ser únicos, serán amplamente profundizables, pero empecemos hoxe por expoñelos, que outro dia Deus dirá.
Ser galegos, para moitos é un lastre: subdesenvolvemento e ingnorancia, unha mentalidade pobre e avocada á miseria. Para outros, ou polo menos para min, é o resultado de unha evolución lenta pero segura, baseada na terra e no mar que acolleron e alimentaron sempre ós galegos, pero desafortunadamente lacrada por unhas políticas nefastas, dende a idade media hasta os nosos días, que nunca superon identificar as particularidades de Galicia, tratando sempre como debilidades o que poderían ser as nosas fortalezas, e cun reaparto máis que inxusto das riquezas da terriña. Que si a dispersión, que si o minifundismo… xa todos sabemos. Así nos atopamos no principio do século XXI, en vías de desarrollo, pero a un paso de perpetuar os erros típicos da xestión da nosa terra tirando por camiños traídos de outras latitudes, e que lucrarán a intereses ben alleos ós dos galegos. Igual que está a ocurrir cos recursos enerxéticos de Galicia, que non son nimios, ese xacemento tan de moda que é o turismo, está a punto de dar o salto… o vacío. Empresas vidas de outras rexións de España, cuia turbidez de intereses non citaremos, pero que feitos recentes insinúan, pretenden facer o seu propio agosto construíndo e vendendo para disfrute de outros que, si sentisen o mínimo respeto pola terra que pretenden visitar, quereríana tal e como é, non convertida nun solarium-balneario-campo de golf xigante, concebida como disfrute de mentalidades pobres, cuia cultura non ten uns pilares máis sólidos que Sensación de Vivir ou Falcon Crest. Pouco dereito lle correspondería, a aqueles que escolleron ser urbanitas como forma de vida, á hora de disfrutar do rural e mariñeiro outrora desdeñado por eles; ningún si ese disfrute se ven a facer, como está demostrado, con actitudes de superioridade, de neo-señorito que agarda, como sempre, o vasalaxe dos campesiños.
O final da historia será que, cando a vaca teña dado todo o leite, como sempre, os que a monxeron marcharán dicindo “Que bonita era Galicia cuando empezamos a veranear aquí, pero ahora lo han construído todo y… estos gallegos, pobres, no saben cuidar su tierra.” E o que quedará, será un destino turístico de segunda, sin esperanza.
Para evitar unha columna que, por extensa, resulte arrepiante, non me vou meter a máis sobre a conservación do patrimonio etnográfico e paisaxístico de Galicia, ou sobre a súa ordenación territorial e a explotación racional e ideosincrática dos nosos recursos naturais. Pero, sobre todo, vou aparcar os sentimentos. Concentrándonos na materia turística, como actividade económica e fonte de riqueza, apunto como cierre un razonamento estrictamente económico.
Existen dúas posibles estratexias de negocio: o liderado de custes e a diferenciación. A primeira, consiste en competir no mercado, ofrecendo o mesmo que os demáis pero máis barato, mentres que a segunda consiste en atraer o cliente ofrecéndolle un producto diferente ós xa existentes no mercado. Sin necesidade de copiar por nadie, deberíamos de ser capaces de darnos conta, por nos sós cal nos convén máis, por orgullo e por ser menos lesivo para outras actividades de interese económico, tradicional e incluso turístico, como son a agricultura, a pesca e o marisqueo. Que os turistas veñan a Galicia a ver leiras de patacas e montes de toxo bravo xunto ás praias, non veijas a adosados de estilo marbellí.
Conservemos o que é noso, e presionemos ós nosos políticos para que se comprometan a iso. Estou aberto a suxerencias.

P.D.: A suxerencia de Suso Lista queda aceptada :)

Derrotado.

Derrotado.
Estaba a escribir un post, que sería a segunda parte do de onte. Mentres tanto, ía recuperando o tempo de todos estes días de vacacións e poñéndome ó día no blogomillo hasta que, na Cabaseira, lin isto.
Será que aínda estou canso do mambo vacacional, será polo que sexa, pero non me apetece seguir lendo nin escribindo sobre nada máis; o que se me ocurriu, xa o comentei alí. Por hoxe, dou a guerra por perdida, e voume para a cama, a chorar.
Aviso. Que hoxe me sinta derrotado, non significa que me dea por vencido.