¿Prohibido?

Á beira da Nacional VI, pasando polo concello de Coirós, atopei un día ese cartel. Ese texto tan chamativo, fíxome ler outro letreiro da mesma obra. O segundo apellido do nome “Gallega de Molienda de Clinker”, que lin alí, xa me deu a entender que nada bo podía estar detrás de aquilo. Mala xente, esa raza do Clinker, que é un producto intermedio da elaboración do cemento. Co lobby fomos a dar.

Prohibido sacar fotos.

Nunha ocasión, coñecín a un enxeñeiro que traballara para a industria cementeira, e tivo a amabilidade de me explicar cómo funcionaba ese sector, que tanta polémica estaba a sementar en Redondela. Resulta que o formigón, a mezcla de cemento, area e auga, é un dos materiais máis usados no mundo, por iso, aínda que os márxenes de benficio por tonelada de cemento son moi pequenos, o grande volumen de ventas faino un negocio inxente. Ese negocio está controlado, internacionalmente, só por un pequeno grupo de empresas organizadas a modo de lobby, que conxugan as súas enerxías en beneficio común. Unha cantidade moi limitada de persoas, nomeadas polo conxunto do lobby, está autorizada para realizar calquera tipo de transacción relacionada co negocio. Digamos que nin eu nin o meu veciño podemos ter a iniciativa de montar unha cementeira, mercar un barco de cemento, nin nada polo estilo sin a autorización de estes executivos que, á sazón, están encargados de modificar o punto de vista dos políticos locais ou xestionar os fluxos da oferta e a demanda a nivel global. Sempre segundo o que me contaba este señor, fará agora dous ou tres anos, en España so estaban autorizados tres de eses plenipotenciarios do lobby, dous españoles e un francés. Así é como se xestiona o cemento, e así é como o seu negocio interfiere na política.
Cando se quixo ubicar a cementeira en Rande, a contestación veciñal foi bastante sonada, e aínda non está de todo clara a postura do alcalde de Redondela, nin as causas desta. Á beira da N-550, chegando a Caldas de Reis, vólvense apreciar vestixios da mesma loita popular, en forma de carteis clavados nos postes. Lendo este último artigo enlazado, aparece aludido o mesmo problema en Ponteareas, que quizais fose o caso de untamento municipal nun concello do sur de Pontevedra, que me contaba tamén aquel enxeñeiro. ¿Ou sería o caso de Mos? Onde parece ser que a directiva dunha comunidade de montes xa vendera os terreos, dos veciños, para a instalación de unha de esas plantas sin o seu consentimento. Parece que ó final, Coirós sí resultou agraciado coa cementeira, igual que xa o foran Sarria e Narón.
Estudiando esta campaña de cementeiras que se veu realizando en Galicia durante a última década, parece que hai algo aquí que suscita moito a atención do lobby. Descartada a vocación altruista da creación de emprego, miraría eu de atopar ese interés nas fermosas costas da nosa terra, ou nesa teima de construir infraestructuras a lo loco que vai mudando de partidos, pero permanece instalada nas distintas administracións.
O cemento contamina cando se fabrica, por iso as protestas dende a ría de Vigo hasta a ría de Ferrol, e por iso non se poden sacar fotografías (aínda que a planta de Coirós todavía está en construcción), pero tamén contamina cando se usa, destruindo a paisaxe coa escusa dun crecimento económico que, ademáis de ser cuestionable, nin da chegado, nin chegará, porque en realidade non é o que se persigue. O que se persigue é que o cemento dá moitos cartos, cando se fabrica, e cando se usa. Pero os que gañan eses cartos, sexan lobbys, promotores inmobiliarios ou cargos políticos, viven moi lonxe daqueles lugares nos que… impulsan o desenvolvemento.

10 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/03/27/prohibido/trackback/

  1. Estou a pasar medo por ti.
    ¿Non iran facerche uns zapatos de cemento e botarche á Ría?

    Comment by ghanito — March 27, 2006 @ 11:11 pm

  2. Tiñas razón, os comments non furrulaban,por culpa dos signos de interrogación, pero xa está apañado. Gracias por avisar, e por te preocupar. Eu coido que non ha de ser para tanto, o que apuntei son cousas de dominio público, máis ou menos. Todo o mundo sabe, ou pode saber, que as cementeiras contaminan de varios xeitos, que se están licitando irregularmente en Galicia, e que os sectores consumidores de cemento (obra pública e inmobiliaria) son os negocios máis boiantes de España.
    De todos xeitos, si vedes que boto un tempo sin apuntar nada e non aviso antes, xa sabedes onde buscarme, ou a quen botarlle a culpa, he he.

    Comment by F. Miguez — March 27, 2006 @ 11:24 pm

  3. Estas arriscando a tua vida polo blogo. Lembrasme a min cando fago unha foto neste pais sen saber se esta armado o obxectivo.
    Un saudo e cuida o teu pelexo.

    Comment by acedre — March 28, 2006 @ 1:53 am

  4. O certo é que… co iluminado e visible que está o cartel dan ganas de facerlle fotos ;-)

    Comment by mourullo — March 28, 2006 @ 4:44 pm

  5. É que á vista do cartaz ese, o normal é botar man á cámara para fotografiar todo o que se poida. Parabéns pola denuncia, habería que dicilo máis alto ;-)

    Comment by opaco — March 29, 2006 @ 11:51 am

  6. En realidade, si non lembro mal, había tres letreiros, o de “Molienda Gallega de Clinker”, o da foto, e outro exactamente igual, uns cen metros máis adiante. Era inevitable que tanta prohibición non suscitase curiosidade… e algo de desprecio tamén, sobre todo, ó ver que eran a mesma tribu que xa andivera por aquí a da-la lata.
    De todos xeitos, he he, non creo que a mafia me persiga por iso.

    Comment by F. Miguez — March 29, 2006 @ 9:23 pm

  7. Grazas pola información. Sabía que algo cheiraba mal no tema de Coirós. Hai denuncias por falta de licencias que ó Concello non importaron moito. Mesmo coido que interviu a Consellería de Medio Ambiente paralizando a construcción da cementeira por estar demasiado preto das vivendas. En canto á prohibición das fotografías, coido que non é legal. Todo o que estea en espazos públicos é susceptible de ser fotografado.

    Comment by Marcos — March 31, 2006 @ 4:38 pm

  8. As obras acaban de ser paralizadas polo xulgado nº 3 de Betanzos, que ademais imputa por prevaricación e desobediencia ao Alcalde de Coirós e a tres mái do concello.

    Comment by Miguel — May 4, 2006 @ 10:05 am

  9. As obras acaban de ser paralizadas polo xulgado nº 3 de Betanzos, que ademais imputa por prevaricación e desobediencia ao Alcalde de Coirós e a tres máis do concello.

    Comment by Miguel — May 4, 2006 @ 10:05 am

  10. Menos mal que hai algo de esperanza
    ;)

    Comment by F. Miguez — May 4, 2006 @ 6:18 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.