Ortografía.

Cousas vistas por ahi (así, sen acento no i) é o nome de unha carpeta que teño no disco duro; si digo que, á súa vez, está contida dentro de outra que se chama Fotos, non creo que sexa necesaria ulterior explicación do seu contido. Non obstante, apunto un exemplo comentado, a modo de ilustración.

Arteijo./

Ese letreiro está en frente ó edificio de Unión Fenosa no polígono da Grela, na Coruña. Non digo isto para involucrar á empresa eléctrica na cuestión da normalización lingüística, porque a responsabilidade deses sinais é do concello ou da diputación (non sei ese caso concreto), senon para o atopar en caso de querelo buscar.
Si apunto ese disparate de “Arteijo-Carballo” é para denunciar a grave incoherencia na que caiu aquel que o escribira. Incoherencia, sí. Nada de novo ten a teima de algunhas institucións que, por ignorancia ou directamente por chulería, si acaso ambalas dúas cousas fosen verdadeiramente independientes, se cren na obriga moral de castelanizar os topónimos galegos. De redentores da patria está a historia sobrada, e pola súa culpa, moitos cemiterios cheos, pero ese é outro conto.
Falo de incoherencia porque, si andamos a esas, e nun contexto lingüístico de Casas de las Ciencias, pero sobre todo de Arteijos, hai un intruso. Unha errata corruptora da boa fe coa que, sen dúbida, algúns organismos públicos tratan de uniformar a nosa cultura coa do resto de España.
Menuda cara se lle ía quedar ós paisanos, si lles dicen algún día que o seu concello pasa a se chamar “ Roble“.

8 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/03/24/ortografia/trackback/

  1. Eu inclínome máis ben por “Carbajo”, como unha tenda de confección que había hai unha chea de anos en Vigo (supoño que xa non existirá, por aquelo da normalización lingüístico-textil). De todos os xeitos, non sei por qué carallo se me quedan a medias: xa postos, a outra vila en cuestión deberíase chamar “Artejo”. Non me digan que non soa francamente máis fino….
    Sr. Miguez, non se nos deprima pola falla de respostas. É que cando ún larga verdades coma puños non pode esperar discrepancias. Probe vostede a falar dos queixos e verá a que liamos :-)

    Comment by eSedidió — March 24, 2006 @ 8:25 pm

  2. Así por que falas galego, xa non eres español. Manda carallo! Aun que tambien tienes tu parte de razón, con tanta historia españolista, moita xente duda si solo es galego o aparte de ser galego, también se puede ser español. Eu son dos últimos. Que lle vamos facer.
    Por otra banda, a problema do comentario repetido, e que eu estaba facendo uns amaños na páxina e por eso al coincidir che cogía a comentario, pero non aparecía en el post.
    Un saludo.

    Comment by ártabro — March 24, 2006 @ 9:11 pm

  3. Alguns pedem que joguemos às canicas enquanto eles jogam ao futebol…

    Comment by tangaranho — March 24, 2006 @ 9:46 pm

  4. Concordo con eSedidió en que Carbajo é a traducción ó pailán ortodoxo, moito mellor que Roble.

    “¡Donde te va a parar, hombre…mucho mejor!”

    E respecto ó de ártabro, ser ou non español, non quere dicir que sexamos homoxeneos. Eu considero que son europeo, e penso que teño moitas diferenzas cun alemán, por poñer un exemplo.

    Comment by Ghanito — March 24, 2006 @ 11:35 pm

  5. Parece mentira que haxan sinais tan novos con nomes tan pasados e que xa soan mal e todo. Haberia que facer un album con fotos destas de toponimia.

    Comment by acedre — March 25, 2006 @ 2:47 am

  6. Sim, homem…Patterson…o dos artigos estes de Vieiros sobre a nossa nom-celticidade

    Comment by tangaranho — March 25, 2006 @ 7:30 pm

  7. Une á colección de disparates *Sanjenjo ou *Niño de la guía. Un saúdo.

    Por certo, na parroquia de Seixo (Marín) hai un cartel que pon XEIXO no canto do topónimo correcto. Forma parte da paisaxe o carteliño.

    Comment by Boedense — March 26, 2006 @ 9:32 pm

  8. E qué dicir de “Puenteareas”…
    Menos mal que nunca se lles ocorreu atreverse con Pontevedra (”Puente Viejo”…).
    Saúdos.

    Comment by Hai Cada! — March 27, 2006 @ 8:06 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.