Mirando para outro lado.

Sempre me pasa igual. Cando teño un tema máis ou menos a punto no forno, pasa algo máis digno de ser apuntado.
Non era para moito, só quería dicir que estaba un pouco decepcionado de que o post anterior, con toda a intención que tiña, apenas recibise comentarios (o que me fai agradecer máis os que ten), e facer examen de conciencia polas posibles causas: que si o texto era largo de máis, que si non conseguin facer ver que, aínda falando dun caso concreto, expuña unha cuestión moi xeneral… É igual, get up and try again, dicía unha canción que aprendín de memoria un día.
Ocorre con estas noticias bomba, que pouco teño eu para apuntar ó respecto, sobre todo no caso este do anuncio de tregua por parte de ETA, que é un tema tan suculento para xornalistas e demáis figuras dos medios de comunicación. Como me pasa a min, supoño que calquera sin ambicións de parecer un enterado, xa escoitaría na radio ou na televisión, desde este mediodía, todo o que se podería decir ó respecto, e non é cousa de repetir (que abofé que repetirán). Ainda así, e para que non sexa por non dicilo, quixera berrar “Aproveiten a ocasión, que para iso os puxemos ahí, e para iso lles pagamos.” como si fose un sarxento, e que eses asalariados meus/nosos/de todos que son os políticos, obedecesen como reclutas prusianos, ou xaponeses si fixera falta.
Pero, como se desprende do inicio de este post, miro e apunto en outra dirección, para que, a vintedous de marzo de dousmil seis, mércores, quede constancia de que a miña desazón comenza, neste día de esperanza, cando chego ó punto de especular coa tunda propagandística e electoral que podería levar o PSOE si, antes de rematar a lexislatura, ETA volve a cambiar de idea e o dito hoxe quedara en nada. Iso, que eu estou a mirar para outro lado.
E xa que falamos de terrorismo, fedellando nas noticias de google para adornar cos enlaces de arriba, atopei esta outra noticia, que enriquece a miña propia definición do conto aquel da “Guerra contra o terrorismo”, enlazada desde aquí a modo de post data.

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/03/22/mirando-para-outro-lado/trackback/

  1. A definición de terrorismo acáelle moi ben a uns cantos…

    Comment by mourullo — March 22, 2006 @ 10:05 pm

  2. Proverbial coma sempre, mourullo. Entendo eu na definición que “emprego da violencia para conseguir uns fins” non implica ser o que realiza as accións violentas. ¿Enganareime?

    Comment by F. Miguez — March 22, 2006 @ 10:17 pm

  3. A ver se e verdade que deixa de existir a ETA e dmais terroristas (incluindo norteamericanos).
    Un saudo.

    Comment by acedre — March 23, 2006 @ 2:56 am

  4. Quê augafestas, estes da ETA. E polo que di respeito dos USA, eu só aguardo um comunicado deles…que é o de que se disolvem e abandonam a violência…

    Comment by tangaranho — March 23, 2006 @ 6:05 pm

  5. Ti escribe, os comentarios os ponhemos nos.

    Comment by ártabro — March 23, 2006 @ 10:55 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.