Da cuestión do tráfico na Area Metropolitana da Coruña.
Anunciuouse o venres pasado, en Cambre, a construcción dun novo vial de grande capacidade dende Sada hasta a Coruña, que disque vai acabar cos atascos das saídas da cidade hacia o norte, e moitas cousas máis. Eu opino que, máis ben, se trata de lle dar unha enésima oportunidade a un urbanismo atroz, que se basea no máximo negocio das constructoras de infraestructuras por un lado, e das promotoras inmobiliarias por outro, sin importar que o resultado estea a ser un desenvolvemento cada vez menos sostible, ambiental e económicamente.
Propio da natureza do que aquí apunta é tardar pouco en atoparse co fregado, sin siquera buscalo, e así, volvía eu de Bergantiños hacia O Burgo (Culleredo) o sábado ó mediodía cando, ó incorporarme á Avenida de Alfonso Molina, me atopei retido por un tráfico propio das míticas operacións saída, que me daba a sensación de non ir comer deica a hora de cear. O pórtico de sinalización dicía que aquilo empezaba na ponte da Pasaxe, así que, cando dín chegado hasta alí, a decepción que me provocou ver que o atasco seguía, por Fonteculler, cara ó Burgo foi definitiva.
Aparquei alí mesmo, e decidín comprobar en primeira persona as lendas que escoitara sobre os chocolates do Lidl, a ver si, mentres, aquilo se desentupía de coches.
Desta vez, a decepción foi doble, xa que nin o chocolate era para tanto, nin os coches se moveran do sitio cando voltei. Decidín, entón, preguntarlle á moza que está no kiosco hasta que hora duraba aquilo os sábados, e ela respostou que, fose sábado ou día de semana, a función prolongábase hasta as tres e media. Eran as tres menos cuarto, asi que a decisión tomuose sola. Collín a bolsa coa bola de pan e o queixo, pechei o coche e botei a andar para a casa.
Hai que dicir que, sin necesidade de chegar ó paso de marcha lexionaria, eu ando bastante apurado, polo que ás tres e cinco xa estaba no portal da casa, no Burgo. Non sei si tivera tardado máis ou menos si levase o coche posto, pero aquel paseíño de vinte minutos foi bastante máis relaxante que a masaxe de tímpanos dos motores ó ralentí. Como o meu programa de actividades, para a tarde, empezaba ás cinco en Guísamo, comín lixeiro, e pasei á segunda parte do que (agora o confeso) estaba a ser un experimento.
Lembrei moito da miña infancia e adolescencia, cando camiñaba hacia a parade autobús, particularmente o feito de que nunca fun capaz de coller ben un CalPita dos que van dende San Pedro de Nos hasta a estación de autobuses da Coruña. Esta vez, había un grupo de persoas agardando, polo que souben que non o perdera. Un minuto despois, apareceu o autobús e subín de último para lle preguntar pola frecuencia do servicio ó conductor.
-”Cada media hora os fins de semana, e cada cuarto de hora o resto dos dias.”-díxome.
A verdade é que pagar un euro con quince (case-duascentas-pesetas) por aquel recorrido que viña de facer a pé, pareceume abusivo; e sospeitoso que, polo mero feito de pagar coa tarxeta de abono, o precio quedase en sesentaesete céntimos. Moitos dos que subiron nas paradas seguintes tiñan esa terxeta, e completaron case as tres cuartas partes do autobús. Eran apenas as catro e vinte cando estábamos, o coche mais eu, de volta no Burgo, en condicións de aproximar unhas conclusións, que apunto en forma de pregunta, para manter vivo o lume da curiosidade.
1ª Botando contas do que custa o gasoil, o salario do conductor, os seguros, a amortización do autobús, etc. ¿É razoable cobrar un euro quince por viaxar do Burgo á Coruña?
2ª ¿Canto lle custa a un residente do extrarradio coruñés facer esa viaxe no seu propio coche?
3ª ¿Cantos autobuses se poden mercar cos sesentaesete millóns de euros que vai custar esa “Via Artabra”?
4ª ¿Cantos postos de traballo, permanentes, pode xenerar unha rede de autobuses nunha área metropolitana? ¿Cantos vai xenerar a “Via Artabra” unha vez rematada?
5ª ¿Cal e a proporción entre o que se gasta anualmente en propaganda, por exemplo, dos límites de velocidade ou das grandes inversións en ifraestructuras, e o que se gasta en orquestar unha verdadeira campaña para o uso do transporte público?
6ª Todo iso, ¿depende dos intereses empresariais, ou depende da iniciativa dos cargos políticos que asalariamos todos cos nosos impostos?
En fin, que do ferrocarril de cercanías, xa apuntarei outro dia, pero que parece que o bonito e gastar cartos, arruinar o entorno, e que a xente… vaia andando dia a dia.
Estarán condenadas as nosas autoridades, sexan da cor que sexan, a un perpetuo culto ao cemento?
Comment by mourullo — March 20, 2006 @ 11:41 pm
Dende logo o asunto non ten facil solucion.
Gracinhas polo comentario sobre o embarazo de Ana.
Comment by acedre — March 21, 2006 @ 3:36 am
Admirado mourullo, coido que me vou a sumar ás teorias do noso estimado Sr. Pereiro, e empezar a sospeitar que lé vostede as mentes e/ou os discos duros… volva por aquí dentro das dúas próximas semanas, e verá por qué llo digo.
Comment by F. Miguez — March 22, 2006 @ 7:08 pm
A Vía Ártabra, no che o mesmo que a vía Ápia, nesta no se pagaba peaxe, nesta outra ¡xa veremos!, eu, que vivin el Oleiros xa sei do que falas.
Comment by ártabro — March 23, 2006 @ 11:03 pm