Perigo na AP-9.

Hoxe ó mediodía vin da Coruña a Redondela pola autopista, e observei unha incidencia que apunto brevemente, para non a deixar pasar.
As autoestradas, autovías e moitas estradas normles, están construídas co que se chama “asfalto drenante”. Unha capa de rodadura porosa, pola que escurre a auga á capa inferior para a súa evacuación ós laterais da vía, sin que encharque a superficie e se orixine o risco de “aquaplaning”.
Na miña viaxe de hoxe pola AP-9, apreciei que hai tramos nos que esa drenaxe non parece funcionar correctamente. Descarto que se debera a unha saturación puntual, provocada por unha chuvia particularmente intensa, en base a razonar que si así fose, as zonas fondas serían as máis encharcadas, por escurrir a auga hacia elas. En cambio, os charcos eran igual de frecuentes nas pendientes e na cima dos cambios de rasante, en onde a auga non tende a quedarse.
Observando o borde esquerdo da superficie, contra a barreira de seguridade central, pódese ver que nace abundante materia vexetal, musgo e herbas que, obstruíndo os poros do asfalto coas súas raíces, han de ser os responsables de esa pérdida de eficiencia drenante. Ese fenómeno coñécese como “colmatado” dos poros, está perfectamente recoñecido como principal problema dos asfaltos drenates, e evítase realizando unha limpeza periódica con auga a presión.
Coido que os case dez euros que pago, cada vez que fago este traxecto, son excusa suficiente para reclamar que esas tarefas de mantenimiento se fagan oportunamente, en beneficio de unha seguridade que agradecerei máis que a que me proporciona que controlen a miña velocidade (aludo ó discurso eufemista-paternalista dos sinais de radar).

6 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/03/19/perigo-na-ap-9/trackback/

  1. Tes razón en que son responsables do bo estado da estrada, e no caso de que houbera algún accidente e demostraras que é debido á súa falta de mantemento seguramente serían responsables.
    Se preparas un texto, ti que parece que tes coñecementos do tema, podemos mandalo nesta web seguro que mais xente se apunta. Lembra que somos moitos os que lle pagamos a AUDASA sen dicir nen mu.

    Comment by Ghanito — March 19, 2006 @ 8:07 pm

  2. Perigo na AP9

    F. Míguez descrebe o perigo que pode aparecer se AUDASA non ten coiado da estrada pola que nos cobran dunha forma tan eficiente.

    Trackback by chuza.org — March 19, 2006 @ 8:16 pm

  3. É igual, en caso de accidente botaranlle a culpa ao exceso de velocidade dadas as condicións da estrada. O que nos cobran nesta autoestrada en relación ao que nos dá é unha auténtica estafa.

    Comment by opaco — March 20, 2006 @ 12:31 pm

  4. O que pensara eu, era pedirlle a folla de reclamacións no peaxe, tanto polos charcos como por un bache enorme que había, non lembro ben onde, pasando Santiago. Voulle-lo dicir nese formulario que me manda Ghanito, pero lembrade que unha soa protesta, está avocada a cair en saco roto.

    Comment by F. Miguez — March 20, 2006 @ 3:36 pm

  5. Hola a tod@s; necesito ayuda.
    El dia 10 de abril tuve un incidente en la autopista a la altura de pontevedra (9.00 am) con una pieza que estaba suelta en la calzada y me golpeo el coche. Audasa no se hace cargo porque dice que no existe tal pieza pero asi como golpeo mi coche golpeo otros mas.
    Necesito localizar a alguien que haya visto algo o que haya tenido un incidente ese mismo dia.
    Gracias

    Comment by Ana — April 20, 2006 @ 10:39 am

  6. Hola, el domingo tuve un accidente saliendo de vigo en la ap-9, resulta que hay una mancha de aceite y hubo varios accidentes, si alguien le paso, porfavor, pongase en contacto conmigo para hacer una denuncia a audasa.

    Comment by martin — April 23, 2008 @ 10:09 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.