Invitados.

Os páxaros, os merlos, os pardales e similares, veñen a ter sido o único inimigo natural, que atopei nos meus experimentos con cereais destes catro últimos anos. Pero, nin por iso, conseguiron que mudara o enorme placer que sinto con esa sinfonía desorganizada que producen a primeira hora da mañán, cando un se levanta e abre a fiestra (ou cando chega a casa desexando meterse na cama, segundo o día ou, máis ben, a noite). Duvido que ningún parque ou alameda urbanos cheguen a ter nunca semellante concerto, perdido no infinito da paisaxe. Apunto, en foto, a mañán de hoxe na miña parroquia, pouco espectacular si se lle quita o canto de uns dez mil paxariños ciscados arredor.

Pio Pio.

Fago este arranque sentimental e ecoloxista, para introducir que traía pendiente escoller entre dous posts que teño na recámara, pero non vai ser nin un, nin outro porque, no correo de este blog, recibín un e-mail de Salvemos Monteferro. Eu nunca tiven relación ningunha con esta organización, logo deduzo que a humilde aportación, que fixen no seu día, á causa que defenden os levou a incluir un enlace a Apunta, e a me invitar a un acto que celebran este sábado.
Como, xa foi tempo atrás, que adxudicara esta fin de semana a outros menesteres, non poderei asistir a ese acto con grande pesar pola miña parte; apunto de tódolos xeitos que Salvemos Monteferro convida a quen lle puidera interesar, por estar concienciado co risco de destrucción paisaxística, ecolóxica e cultural, que corre o noso entorno, a un acto que celebrará o vindeiro sábado día 18, ás 18:00 horas, no Instituto Val Miñor de Nigrán (Rúa Paradellas, 15). Nel, segundo a invitación, presentarán á asociación e as súas actividades, unha vez constituída oficialmente.
Confío en que alguén mo conte. ¿Vale?

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/03/16/invitados/trackback/

  1. Pois eu tiven unha vez, hai tempo, unha modestisima prantación de pequenos froitos (frambuesas, grosellas e arandos), en realidade non máis aló de unha ducia en total, e había un cabrón de merlo que era máis rápido ca min: papeábase a froita xustiño no momento en que eu decidía ir recollela. Aínda llela teño xurada. Se o houbera pillado houbérao comido ao forno, con patacas. Xa se sabe, a lei da supervivencia.

    Comment by eSedidió — March 16, 2006 @ 9:10 pm

  2. ainda sen o cando dos paxaros, a imaxe é fascinante. Quen nos dera, aos que vivimos nas cidades, ter un pouco desa vida intensa, de cando en vez…

    Comment by torredebabel — March 16, 2006 @ 10:32 pm

  3. Aqui tamen cantan os paxarinhos pola manha e fan un bo concerto.
    A ver en que queda o de Monteferro.
    Un saudo dun desarmado nesta terra de delincuentes.

    Comment by acedre — March 17, 2006 @ 3:43 am

  4. Pois, o ano pasado, fun eu o que casi se arma, pero coa típica escopeta de balíns, porque temos aquí, xunto á casa, duás cerdeiras ás que nunca lle probáramos as cereixas. Os que chegaban polo aire, chegaban primeiros. O final, meu pai, decidiu facer o que coas fresas e con todo o demáis: poñerlle unha rede a unha de elas. Ademáis de colleitar abundante curiosidade dos veciños, foi o nerviosismo do gato baixo a árbore, o que nos avisou de que chegara o tempo de apañar… un pardal e outro (verde) que non sei como se chaman, que se colaran dentro da rede. Hubo que desmontar o invento e coller as cereixas xa de paso, porque nos daba pena deixalos alí dentro.

    Comment by F. Miguez — March 17, 2006 @ 3:11 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.