Cheo por favor.

Así é como se chama unha campaña da Universidade de Vigo, coa que se pretende evitar a avalancha de coches con un só ocupante, que recibe diariamente no seu campus do cú do mundo. A cousa consiste en recoller e cotexar perfís de afinidade (en canto a rutas e horarios) entre voluntarios, e poñelos en contacto para que se organicen.
Deixando para outro día o debate de si, entre os galegos, ten máis peso o minfundismo ou o asociacionismo, apunto este conto porque hoxe pola mañán, efectivamente estaba cheo de todo, pero o aparcamento da ETSEI. E cheo, non significa “con todas as plazas ocupadas”, sinón “con todo o sitio ocupado”, plazas, dobres e triples filas, e incluso os arredores. Poucas, ou ciodo que ningunha vez se producira este acontencimento, que tampouco sería relevante si non coincidise no tempo coa citada campaña, á que lle fago dúas críticas:
A primeira, que a Universidade de Vigo non é precisamente un referente ecoloxista. O campus das Lagoas-Marcosende está instalado nunha antiga zona forestal protexida, construído con grande movemento de terras e unhas copioisas talas de árbores (varias veces replantados e varias veces arrincados, segundo van evolucionando as obras e as demolicións). Probablemente, ningunha das escolas, facultades ou edificios de servicios, está correctamente aislado, co consecunte despilfarro en calefacción e aire acondicionado; e, segundo informacións que circularon durante anos, cuia vixencia descoñezo, a auga de ningún destes edificios era potable por estar contaminada polas fosas sépticas dos contiguos.
Segundo, e recollo a opinión de moitos compañeiros ó respecto, seguramente non sería tan acollida como “parida”, unha baixada nos precios do billete de autobús, así como unha mellora nas súas eficiencias. Pero a experiencia de outras ocasións, indica que ninguén está disposto a asumir esa iniciativa, así que a pelota vai cara o tellado dos alumnos.
Agardemos que, si non chegara a funcionar o invento ese do “Cheo por favor”, non pasen á típica medida de cobrar por circular ou aparcar no campus, que todo podería ocurrir.

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/03/14/cheo-por-favor/trackback/

  1. Concordo co final do que dis, se baixaran o prezo dos buses e funcionaran mellor a xente non usría tanto o seu coche, mais ese é un mal común a toda a cidade de Vigo.
    E por outra banda, o nacemento do CUVI tan lonxe da cidade, está en parte detrás deste uso abusivo do automóbil, se quedas arriba sen bus non hai forma de baixar. (Non, a rebolos non vale)

    Comment by Ghanito — March 14, 2006 @ 8:07 pm

  2. Non lles dea ideas no de cobrar…

    Comment by mourullo — March 14, 2006 @ 9:08 pm

  3. Se fose neste pais xa cobraban por aparcar. Aqui non se perde ocasion de cobrar. No instituto onde traballa Ana os alumnos pagan a praza de aparcamento ao inicio do curso (lembra que o carne sacase aos dezaseis anos).
    Un saudo.

    Comment by acedre — March 15, 2006 @ 2:13 am

  4. Quede claro que eu estou de acordo coa idea, pero coido que hai outras cousas que podería promover a universidade con maior rendimento.
    Non me extrañaría nada que algún dia empezasen a cobrar por aparcar, ou calquera outra carallada, pero de momento hai que recoñecerlle, á Universidade de Vigo, que non se demostra moi ávida de esas recaudacións (ou parécemo a min). A ver si dura.

    Comment by F. Miguez — March 16, 2006 @ 6:22 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.