A feira.
Para nada pensara eu que, no prazo de vintecatro horas, volvería ver a aquel feirante executar exactamente a mesma rutina de degustación altruista do seu producto. Esta vez foi na feira de Paiosaco, que se celebra o primeiro e terceiro domingo de cada mes, e que é de moita sona na Coruña e alrededores. Precisamente foi esa reputación o que xa me facía ter ganas de a visitar, así que con un domingo tan soleado que non parecía irmán do sábado, penalicei un pouco máis o sono, e fun.
Certamente é unha boa feira, con unha grande afluencia de xente que, a xulgar polos autobuses fletados coido que ex-profeso, debía de vir de varios concellos arredor. Nunha explanada pegada á estrada, bastante bonita e aberta, alinéanse numerosos tenderetes de ruopa “de importación”, bastantes postos de ferretería ou utensilios agrícolas e domésticos, churros, pulpeiras, pero sobre todo, moito campo. Tódalas feiras teñen postos de particulares que acuden a facer uns cartiños vendendo as súas patatas, ovos, grelos, mel… (a lista pode ser tan extensa como incompleta, así que o mellor e ir ver), pero nesta de Paiosaco, chamoume a atención a abundancia de este comercio, sendo o inverno unha temporada baixa nas hortas.
O que máis me gusta das feiras, apunto agora íntimamente, é ver que siguen vivas. Arrancando o s. XXI, con grandes inversións feitas por entidades moi poderosas en centros comerciais e grandes superficies, meterme nas feiras das vilas galegas, reductos de unha forma de comercio probablemente milenaria, espontánea, e bastante menos agresiva, tranquilízame. Porque sí se pode facer un paralelismo: un vai dar unha volta, ollar, mercar, tomar algo… indistintamente a unha feira ou a un centro comercial. Pero a feira é unha institución social, e o centro comercial unha propiedade privada. Nas grandes superficies, as persoas que acuden son “mercado”, nas ferias o mercado é a propia feira.
Visto o que había, e lamentando ter perdido un par de negocios moi bos, por falta de previsión, fixen voto de non tardar en voltar. Atravesamos os montes de Laracha para ir a comer un celebérrimo cocido, no concello de Cerceda, codeándonos coa jet-set. Apreciando un par de detalles derredor da nosa mesa, penso que a conta non foi tan dolorosa, si levaba incluída unha lección sobre o facil que é enganar á xente.
É curioso o que lle gusta ese sitio á jet-set… Eu fun unha vez e non me quedaron moitas ganas de volver, supoño que falamos do mesmo.
Apretas
Comment by neno da norita — March 6, 2006 @ 7:49 pm
E que non me gusta dar nomes así, en público, pero non creo que haxa moitas casas de comidas, en calquera parroquia de Cerceda, nas que caian promotores inmobiliarios da Coruña, xogadores do Deportivo e xornalistas populares, así que, si estivo vostede alí, probablemente falemos do mesmo. Agora, si eles son felices así, mellor para eles.
Comment by F. Miguez — March 6, 2006 @ 8:33 pm
Non me fixara do que falas das feiras de que era raro que se mantivesen e e verdade. Aqui non hai feiras desas. As unicas parecidas estan montadas por mexicanos que, por certo, tenhen un queixo parecido a tetilla chamado Monterrey.
Un saudo.
Comment by acedre — March 7, 2006 @ 4:15 am
Pois vaia m…. de servizo publico ten vostede montado, Sr. Miguez. Imaxine vostede que eu un día me perda polos montes de Cerceda e caia de casualidade no tugurio ese, sen saber que é un pozo de perdiçao…. ¿podería vde durmir polas noites? sexa bo e largue, non vaia ser o conto….
Comment by eSedidió — March 7, 2006 @ 7:44 pm
Unha vez, nunha reportaxe da tele, saía un mercado semanal ou mensual (non lembro ben), creo que en New York, onde acudía xente do rural a vender productos ecolóxicos das súas hortas. Pero iso, evidentemente, non significa unha tradición feirante.
Respecto á tal casa de comidas, eSedidió, pódolle dar unha regla xeneral (por si se perde en outro concello calquera): non comer nun sitio con unha batería de Mercedes e Audis aparcados diante da porta.
Comment by F. Miguez — March 7, 2006 @ 11:15 pm
En Nova York mirei o mercado do barrio chines e hai de todo, pero oriental. Ese mercado que dis ti debe de ser outro pero sei que en Nova York a xente snob busca as mazas que tenhen becho porque son naturais e estan de moda.
Ao final, os nosos ancestros non estaban errados e todo o natural e bo.
Comment by acedre — March 8, 2006 @ 2:56 am
Eu non penso que todo o de antes fora bo e o de agora malo. Nin por asomo. Pero coido que as tres ou catro últimas xeracións de occidentais (e de algúns paises asiáticos) estamos a tirar alegremente con culturas, que son o fruto de unha adaptación continua dende a idade do bronce, coa sensación de que xa o sabemos todo e que somos máis listos que todos os anteriores xuntos.
Comment by F. Miguez — March 8, 2006 @ 11:12 am
Agradecido polo consello, sr. Miguez, pero non hai maneira de que conteste?. Advírtolle que unha vez, estando eu na de frutas rey, parou un mercedes cun chofer de uniforme que resultou ser o da Condesa, que viña recoller o pedido. Os dos Audis pode que sexan gilipollas, pero non parvos.
En canto ao do debate tradicion-modernidade, esto do si pero non parece unha tertulia de barbería. Vou probar eu a meter o dedo no ollo, a ver se se me animan: 1.-) O escarabello da pataca foi o responsable último das fames irlandesas de principios do XX e polo tanto da emigración masiva aos USA. e 2.-) A filoxera (outro becho deses naturais) case acaba coa totalidade das vides europeas a finais do XIX, levándose por diante a gran maioría das variedades autóctonas e tradicionais. De maneira que, se houberan existido daquela insecticias eficaces teríamos moitos máis irlandeses, moito máis viño e sobre todo moitos menos ianquis.
Comment by eSedidió — March 8, 2006 @ 4:16 pm
eSedidió, é vostede todo un profesional da Historia virtual.
Comment by mourullo — March 8, 2006 @ 9:43 pm
E vostede un pozo de ciencia, admirado Mourullo
Comment by eSedidió — March 8, 2006 @ 10:44 pm
Vaia, póñome colorado ó ver que nivel colleu hoxe o blog.
Da cuestión do cocido de Cerceda, coido que vai ser mellor facer un post enteiro. Agora teño un fregado entre mans (que vai ocupar a próxima entrega de apunta.blogsome.com), pero nuns días, cairá a cuestión da Casa Rios.
Sobre o debate actual, eu continuaría a narración de eSedidió dicindo …e entón inventáronse o DDT e o Isocianato de Metilo. A cuestión é para tratar con tempo.
Ó mellor (corríxaseme onde me equivoque), a filoxera ben valía un veneno. Pero si os irlandeses tivesen plantexado unha explotación menos intensiva da patata, o escarabello non tería proliferado tanto e, sobre todo, non dependerían tanto de ela para o seu sustento. Ese é o problema que eu vexo. ¿Que a patata rinde máis? pois veña a plantar patata como tolos (e esquecernos do resto). ¿Que a patata colleu becho? Pois quedamos sen nada. ¿Que hai un veneno para o becho? a botar veneno para adiante. ¿Que resulta que algo que mata a un becho, dificilmente pode ser sano para as personas? …ups. Ahí empeza a polémica.
De todas maneiras, nos concellos que lindamos co Porriño, case todo o mundo sabe que o escarabajo da patata o bota o helicóptero da Zeltia.
Comment by F. Miguez — March 8, 2006 @ 11:50 pm
¿Aceptarame mourullo este comentario como tesina de Historia virtual?
Comment by F. Miguez — March 8, 2006 @ 11:54 pm
Para nota, F. Miguez! Para nota!
Comment by mourullo — March 9, 2006 @ 9:52 pm
Gracias, mourullo.
Comment by F. Miguez — March 9, 2006 @ 10:56 pm
Desculpen o retraso, andaba a outra cousa. Estooooo….. hum… inventaron o DDT e o isocianato de metilo, e o Malathion, e os Organofosforados… Todos eles compostos de síntese con graves prexuízos para a saúde humana de seren aplicados sen control.
Pero, ollo, chegamos aos felices 80, e aparece a agricultura biolóxica, ecolóxica, ou como lle queiramos chamar (debe ser que as outras agriculturas son robóticas, digo eu…). Xa estamos salvados, nunca máis nos van embelenar. Craro que temos o pequeno problema de cómo loitar con insectos que son tan puñeteramente irrespectuosos cos nosos cultivos que ata se empeñan en infestar plantacións eco-biolóxicas (será que non están concienciados??). Non hai problema. Alehop!! xa temos solucións. Usaremos para combatilos substancias estritamente naturais, procedentes de extractos de plantas, nada de quimica, etc etc… Así aparecen no mercado (por certo, un mercado farmacéutico tan boiante coma calquera outro, e curiosamente especializado na protección da Cannabis Sativa, vulgo maría….) principios activos coma a rotenona ou o pelitre. No primeiro dos casos trátase dun principio activo extraído da raiz do barbasco (planta amazónica que usan os indios para o ecolóxico sistema de botala á auga e que os peixes morran, mentres que supuestamente é inocua para o home), que se ten demostrado resulta bastante máis tóxica para os peixes que outros insecticidas de síntese, e da que se está a estudar en ratas a súa relación (negativa) co Parkinson.
Así pois, e seguindo coa miña campaña “meta o dedo no ollo alleo”, téñanme coidado co que comen e co que plantan.
Comment by eSedidió — March 13, 2006 @ 10:46 am