Entroido 2006.1

Suponse xeneralmente, que o entroido é unha época na que a xente deshinibe aquelas conductas que ten máis ou menos reprimidas; non sei como será en outras latitudes, pero os caranavais galegos, non facendo gala de esa libido espectacular, pasan por cumplir, daquela maneira, esa mesma regla. Polo menos, así o facemos en Redondela, onde a troula, a camaradería e os bares, dudosamente reprimidos durante o resto do ano, cobran o seu maior sentido.

Entroido.

Para non me esquecer do que lembro, vou apuntar que o sábado de entroido, tratei de evitar relacionar o antes dito sobre conductas reprimidas co que nos decían a raíz do noso disfraz de antidisturbios. Como a xente non ten costumbre de se fixar nos detalles, nin moitas ganas de leer, o feito de que todo o noso material rezase “Madera Nacional” non disuadía á xente de se inquedar ó chegar onda eles, pero o certo é que con unha porra na man, o mundo vese de outro xeito; debe ser como no famoso chiste do tricornio.
O domingo, foi precisamente na mediación coa policía local, onde estivo parte do meu éxito. Imbuido polo espíritu máis tradicional do noso entroido, puxen un traxe, unha garavata, unhas botas de goma, e alá me fun todo juapo no tractor cara o centro da vila. Noutras comarcas galegas non ten nada de extraordinario o uso do tractor nos desplazamentos cotidiáns, pero na nosa xa empeza a ser un pouco anecdótico; e ben que me viu, porque co tráfico cortado no casco urbano por mor das comparsas, os coches estaban aparcados (e colapsados) en máis de un kilómetro á redonda. Falando cos municipais, que consideraron a miña causa como propia do entroido, obtiven consentimento para circular polas rúas peatonais da vila, e ser así o único redondelan que aparcou ese día diante da porta do bar. O precio, ser sinalado entre risas, e algún flash, pola multitude, mereceu a pena.
Sen dúbida, o día grande do entroido é o martes. Dende media mañán, pandillas de tódalas idades vanse acumulando nas portas dos bares con máis solera, hasta que o receso para a comida os vacía súbitamente, en beneficio duns restaurantes que levan coas mesas reservadas dende semanas atrás. De volta, xa co bandullo cargado de cocido, churrasco ou o que sexa, a sinalización municipal libera a rúa de tráfico e campa a festa ás súas anchas, contemplada por Don Xaime Rei dende o balcón do concello. Calquera escusa é boa, dende a boda de Farruquito hasta a yihad, pasando pola Igrexa ou o Humor Amarillo, para exhibir inxenio, bailar, cantar e beber; romper o xeo con xente que só se coñece de vista, ou que non se coñece de nada, e deixarse levar pola ledicia colectiva hasta que, a cada un, lle chega a hora de calcular a qué hora se ten que levantar un Mércores de Ceniza no que, só os máis devotos, acuden ó enterro de dona Sardiña Dorrio Alvedosa.
Quedaron os disfraces e a troula gardados xa no armario hasta… ¡dentro de seies meses! Porque, cansos de ter que agardar un ano para o entroido seguinte, xa van uns poucos anos que, en agosto, volve a cair o Entroido de Verán de Redondela. Dese vostede por invitado/a.

3 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/03/02/entroido-20061/trackback/

  1. Que envexa me das. Ao do agosto tenho que ir sen falta !!.

    Comment by acedre — March 2, 2006 @ 6:45 pm

  2. máis quixera eu que ir ao entroido de Redondela, pero -polo momento- quedo coas tuas palabras que sonche -dende lonxe- un verdadeiro paseo pola festa!! Graciñas!

    Comment by torredebabel — March 2, 2006 @ 9:29 pm

  3. Si vos sirve de consuelo, pensade que hoxe xa é xoves e eu aínda non endreitei o sono. E sabede que seredes tan benvidos en Redondela como o sodes neste blog. Saúdos.

    Comment by F. Miguez — March 2, 2006 @ 11:18 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.