Un paso á fronte.

Debe de ser o tempo, que me ten medio pámpano, o que me fixo creer hoxe que oira as palabras “corrupción” e “urbanismo” nunha mesma noticia. ¿En qué cabeza podería caber tal cousa?
Ironías aparte, si en Galicia xa hai tres concellos co urbanismo intervido pola Xunta (e máis que debería de haber, si iso fose garantía de algo), noutras rexións de España, quizáis deberían intervir as Forzas Armadas. Pero parece que a cúpula militar do estado, e máis eu, estamos a ter algunha discrepancia respecto á valoración dos problemas que afectan á nosa sociedade.
Mentres vexo de me entender co estado maior da defensa, hai outros que sí se van poñendo en marcha, e igual que os veciños da parroquia se botan unha man na matanza do porco, aúnan esforzos para loitar por unha Galicia un pouco máis libre de estas políticas carracho (entenderá quen tivera que sacar unha vez ún do corpo, propio ou alleo). Un paso por diante, PAGAI! é o lema. (Nótese a diferencia co título de este post.) Apuntando ese enlace, quedan implícitamente apuntadas todas as organizacións e colectivos que participan no proxecto, que este blog considera unha iniciativa interesante.
Mañán ás seis da tarde, na Galería Sargadelos de Compostela, celébrase unha mesa redonda na que se expoñen alternativas sostibles para o futuro dun litoral, o Galego, en pleno proceso de parasitación por eses carrachos (ou carrachas, que dicen en outros lugares) pero que, de momento, aínda pertencen ó patrimonio cultural e etnográfico de Galicia.
Outro día, si me acorda, apuntarei por qué motivo é maís miña/nosa unha leira de millo pegada no mar, que un campo de golf ou unha urbanización de chalés adosados, aínda que un careza de propiedade por igual en tódolos casos. A reflexión queda esbozada como exercicio. A iniciativa, como esperanza e ilusión.

Sarcástica tecnoloxía.

Chegou unha vez un compañeiro da escola con un chiste que dicía:

Van un enxeñeiro mecánico, un enxeñeiro de telecomunicacións e un enxeñeiro informático nun coche por Siberia. No medio dunha ventisca ártica, o motor párase só, quedando o coche detido; o mecánico, que conducía, trata de encendelo varias veces sin éxito e sentencia:
-”Coido que debeu romper a bomba do gasoil, así que non poderemos seguir avanzando nin volver cara atrás. É mellor que chames por radio, que manden un equipo de rescate.” - dille ó teleco, sentado ó lado.
O teleco acende a radio e trata de establecer contacto.
-”Imposible, o temporal provoca unhas intereferencias moi fortes e non consigo que reciban o noso sinal.”
O enxeñeiro mecánico frega o pescozo e dí:
-”Pois vaiche boa, en canto enfríe a calefacción do coche, imos morrer conxelados.”
O informático, que estaba sentado atrás, pendiente dos intentos dos seus compañeiros, rompe o silencio e aporta a súa suxerencia máis desesperada:
-”E si saímos e volvemos a entrar no coche ¿non empezará a funcionar de novo?”

Os chistes gremiales, sexan de enxeñeiros, de músicos ou de funerarios, teñen un alcance escaso fora do seu ámbito natural, razón pola que omitirei facer unha crítica humorística.
O caso é que, cando este mediodía lle collín o coche a meu pai, advertiume que pola mañán notara unha súbita perda de forza no motor. O coche aínda non hai moito que estivo no taller por iso mesmo, pero eu tiña clase, e non era momento de marchar coa factura a reclamar garantías. Ó sair da casa, remontamos (o coche maís eu) a costa que conduce hasta a estrada do Porriño sin dificultade, pero xusto ó incorporarnos a ela, desfalleceu de golpe. Era como si lle tiveran morto a metade dos cento trinta cabalos que se lle supoñen, e aceleraba aproximadamente como un Seat Panda.
Andiven case dous kilómetros así hasta que, rebasado o alto dos Valos, fixen a proba mítica. Parei, apageino e volvino a encender. Incorporeime de novo á estrada e…
Négome a imaxinar coches que despreguen un menú ofrecendo as opcións “suspender”, “apagar” e “reiniciar”, pero o caso é que o coche non se volveu queixar en toda a tarde, e apunto a anécdota para reflexionar si de verdade será ese o camiño correcto.

¿Prohibido?

Á beira da Nacional VI, pasando polo concello de Coirós, atopei un día ese cartel. Ese texto tan chamativo, fíxome ler outro letreiro da mesma obra. O segundo apellido do nome “Gallega de Molienda de Clinker”, que lin alí, xa me deu a entender que nada bo podía estar detrás de aquilo. Mala xente, esa raza do Clinker, que é un producto intermedio da elaboración do cemento. Co lobby fomos a dar.

Prohibido sacar fotos.

Nunha ocasión, coñecín a un enxeñeiro que traballara para a industria cementeira, e tivo a amabilidade de me explicar cómo funcionaba ese sector, que tanta polémica estaba a sementar en Redondela. Resulta que o formigón, a mezcla de cemento, area e auga, é un dos materiais máis usados no mundo, por iso, aínda que os márxenes de benficio por tonelada de cemento son moi pequenos, o grande volumen de ventas faino un negocio inxente. Ese negocio está controlado, internacionalmente, só por un pequeno grupo de empresas organizadas a modo de lobby, que conxugan as súas enerxías en beneficio común. Unha cantidade moi limitada de persoas, nomeadas polo conxunto do lobby, está autorizada para realizar calquera tipo de transacción relacionada co negocio. Digamos que nin eu nin o meu veciño podemos ter a iniciativa de montar unha cementeira, mercar un barco de cemento, nin nada polo estilo sin a autorización de estes executivos que, á sazón, están encargados de modificar o punto de vista dos políticos locais ou xestionar os fluxos da oferta e a demanda a nivel global. Sempre segundo o que me contaba este señor, fará agora dous ou tres anos, en España so estaban autorizados tres de eses plenipotenciarios do lobby, dous españoles e un francés. Así é como se xestiona o cemento, e así é como o seu negocio interfiere na política.
Cando se quixo ubicar a cementeira en Rande, a contestación veciñal foi bastante sonada, e aínda non está de todo clara a postura do alcalde de Redondela, nin as causas desta. Á beira da N-550, chegando a Caldas de Reis, vólvense apreciar vestixios da mesma loita popular, en forma de carteis clavados nos postes. Lendo este último artigo enlazado, aparece aludido o mesmo problema en Ponteareas, que quizais fose o caso de untamento municipal nun concello do sur de Pontevedra, que me contaba tamén aquel enxeñeiro. ¿Ou sería o caso de Mos? Onde parece ser que a directiva dunha comunidade de montes xa vendera os terreos, dos veciños, para a instalación de unha de esas plantas sin o seu consentimento. Parece que ó final, Coirós sí resultou agraciado coa cementeira, igual que xa o foran Sarria e Narón.
Estudiando esta campaña de cementeiras que se veu realizando en Galicia durante a última década, parece que hai algo aquí que suscita moito a atención do lobby. Descartada a vocación altruista da creación de emprego, miraría eu de atopar ese interés nas fermosas costas da nosa terra, ou nesa teima de construir infraestructuras a lo loco que vai mudando de partidos, pero permanece instalada nas distintas administracións.
O cemento contamina cando se fabrica, por iso as protestas dende a ría de Vigo hasta a ría de Ferrol, e por iso non se poden sacar fotografías (aínda que a planta de Coirós todavía está en construcción), pero tamén contamina cando se usa, destruindo a paisaxe coa escusa dun crecimento económico que, ademáis de ser cuestionable, nin da chegado, nin chegará, porque en realidade non é o que se persigue. O que se persigue é que o cemento dá moitos cartos, cando se fabrica, e cando se usa. Pero os que gañan eses cartos, sexan lobbys, promotores inmobiliarios ou cargos políticos, viven moi lonxe daqueles lugares nos que… impulsan o desenvolvemento.

Ortografía.

Cousas vistas por ahi (así, sen acento no i) é o nome de unha carpeta que teño no disco duro; si digo que, á súa vez, está contida dentro de outra que se chama Fotos, non creo que sexa necesaria ulterior explicación do seu contido. Non obstante, apunto un exemplo comentado, a modo de ilustración.

Arteijo./

Ese letreiro está en frente ó edificio de Unión Fenosa no polígono da Grela, na Coruña. Non digo isto para involucrar á empresa eléctrica na cuestión da normalización lingüística, porque a responsabilidade deses sinais é do concello ou da diputación (non sei ese caso concreto), senon para o atopar en caso de querelo buscar.
Si apunto ese disparate de “Arteijo-Carballo” é para denunciar a grave incoherencia na que caiu aquel que o escribira. Incoherencia, sí. Nada de novo ten a teima de algunhas institucións que, por ignorancia ou directamente por chulería, si acaso ambalas dúas cousas fosen verdadeiramente independientes, se cren na obriga moral de castelanizar os topónimos galegos. De redentores da patria está a historia sobrada, e pola súa culpa, moitos cemiterios cheos, pero ese é outro conto.
Falo de incoherencia porque, si andamos a esas, e nun contexto lingüístico de Casas de las Ciencias, pero sobre todo de Arteijos, hai un intruso. Unha errata corruptora da boa fe coa que, sen dúbida, algúns organismos públicos tratan de uniformar a nosa cultura coa do resto de España.
Menuda cara se lle ía quedar ós paisanos, si lles dicen algún día que o seu concello pasa a se chamar “ Roble“.

Mirando para outro lado.

Sempre me pasa igual. Cando teño un tema máis ou menos a punto no forno, pasa algo máis digno de ser apuntado.
Non era para moito, só quería dicir que estaba un pouco decepcionado de que o post anterior, con toda a intención que tiña, apenas recibise comentarios (o que me fai agradecer máis os que ten), e facer examen de conciencia polas posibles causas: que si o texto era largo de máis, que si non conseguin facer ver que, aínda falando dun caso concreto, expuña unha cuestión moi xeneral… É igual, get up and try again, dicía unha canción que aprendín de memoria un día.
Ocorre con estas noticias bomba, que pouco teño eu para apuntar ó respecto, sobre todo no caso este do anuncio de tregua por parte de ETA, que é un tema tan suculento para xornalistas e demáis figuras dos medios de comunicación. Como me pasa a min, supoño que calquera sin ambicións de parecer un enterado, xa escoitaría na radio ou na televisión, desde este mediodía, todo o que se podería decir ó respecto, e non é cousa de repetir (que abofé que repetirán). Ainda así, e para que non sexa por non dicilo, quixera berrar “Aproveiten a ocasión, que para iso os puxemos ahí, e para iso lles pagamos.” como si fose un sarxento, e que eses asalariados meus/nosos/de todos que son os políticos, obedecesen como reclutas prusianos, ou xaponeses si fixera falta.
Pero, como se desprende do inicio de este post, miro e apunto en outra dirección, para que, a vintedous de marzo de dousmil seis, mércores, quede constancia de que a miña desazón comenza, neste día de esperanza, cando chego ó punto de especular coa tunda propagandística e electoral que podería levar o PSOE si, antes de rematar a lexislatura, ETA volve a cambiar de idea e o dito hoxe quedara en nada. Iso, que eu estou a mirar para outro lado.
E xa que falamos de terrorismo, fedellando nas noticias de google para adornar cos enlaces de arriba, atopei esta outra noticia, que enriquece a miña propia definición do conto aquel da “Guerra contra o terrorismo”, enlazada desde aquí a modo de post data.

Da cuestión do tráfico na Area Metropolitana da Coruña.

Anunciuouse o venres pasado, en Cambre, a construcción dun novo vial de grande capacidade dende Sada hasta a Coruña, que disque vai acabar cos atascos das saídas da cidade hacia o norte, e moitas cousas máis. Eu opino que, máis ben, se trata de lle dar unha enésima oportunidade a un urbanismo atroz, que se basea no máximo negocio das constructoras de infraestructuras por un lado, e das promotoras inmobiliarias por outro, sin importar que o resultado estea a ser un desenvolvemento cada vez menos sostible, ambiental e económicamente.
Propio da natureza do que aquí apunta é tardar pouco en atoparse co fregado, sin siquera buscalo, e así, volvía eu de Bergantiños hacia O Burgo (Culleredo) o sábado ó mediodía cando, ó incorporarme á Avenida de Alfonso Molina, me atopei retido por un tráfico propio das míticas operacións saída, que me daba a sensación de non ir comer deica a hora de cear. O pórtico de sinalización dicía que aquilo empezaba na ponte da Pasaxe, así que, cando dín chegado hasta alí, a decepción que me provocou ver que o atasco seguía, por Fonteculler, cara ó Burgo foi definitiva.

Atasco en Fonteculler.

Aparquei alí mesmo, e decidín comprobar en primeira persona as lendas que escoitara sobre os chocolates do Lidl, a ver si, mentres, aquilo se desentupía de coches.
Desta vez, a decepción foi doble, xa que nin o chocolate era para tanto, nin os coches se moveran do sitio cando voltei. Decidín, entón, preguntarlle á moza que está no kiosco hasta que hora duraba aquilo os sábados, e ela respostou que, fose sábado ou día de semana, a función prolongábase hasta as tres e media. Eran as tres menos cuarto, asi que a decisión tomuose sola. Collín a bolsa coa bola de pan e o queixo, pechei o coche e botei a andar para a casa.
Hai que dicir que, sin necesidade de chegar ó paso de marcha lexionaria, eu ando bastante apurado, polo que ás tres e cinco xa estaba no portal da casa, no Burgo. Non sei si tivera tardado máis ou menos si levase o coche posto, pero aquel paseíño de vinte minutos foi bastante máis relaxante que a masaxe de tímpanos dos motores ó ralentí. Como o meu programa de actividades, para a tarde, empezaba ás cinco en Guísamo, comín lixeiro, e pasei á segunda parte do que (agora o confeso) estaba a ser un experimento.
Lembrei moito da miña infancia e adolescencia, cando camiñaba hacia a parade autobús, particularmente o feito de que nunca fun capaz de coller ben un CalPita dos que van dende San Pedro de Nos hasta a estación de autobuses da Coruña. Esta vez, había un grupo de persoas agardando, polo que souben que non o perdera. Un minuto despois, apareceu o autobús e subín de último para lle preguntar pola frecuencia do servicio ó conductor.
-”Cada media hora os fins de semana, e cada cuarto de hora o resto dos dias.”-díxome.
A verdade é que pagar un euro con quince (case-duascentas-pesetas) por aquel recorrido que viña de facer a pé, pareceume abusivo; e sospeitoso que, polo mero feito de pagar coa tarxeta de abono, o precio quedase en sesentaesete céntimos. Moitos dos que subiron nas paradas seguintes tiñan esa terxeta, e completaron case as tres cuartas partes do autobús. Eran apenas as catro e vinte cando estábamos, o coche mais eu, de volta no Burgo, en condicións de aproximar unhas conclusións, que apunto en forma de pregunta, para manter vivo o lume da curiosidade.
1ª Botando contas do que custa o gasoil, o salario do conductor, os seguros, a amortización do autobús, etc. ¿É razoable cobrar un euro quince por viaxar do Burgo á Coruña?
2ª ¿Canto lle custa a un residente do extrarradio coruñés facer esa viaxe no seu propio coche?
3ª ¿Cantos autobuses se poden mercar cos sesentaesete millóns de euros que vai custar esa “Via Artabra”?
4ª ¿Cantos postos de traballo, permanentes, pode xenerar unha rede de autobuses nunha área metropolitana? ¿Cantos vai xenerar a “Via Artabra” unha vez rematada?
5ª ¿Cal e a proporción entre o que se gasta anualmente en propaganda, por exemplo, dos límites de velocidade ou das grandes inversións en ifraestructuras, e o que se gasta en orquestar unha verdadeira campaña para o uso do transporte público?
6ª Todo iso, ¿depende dos intereses empresariais, ou depende da iniciativa dos cargos políticos que asalariamos todos cos nosos impostos?
En fin, que do ferrocarril de cercanías, xa apuntarei outro dia, pero que parece que o bonito e gastar cartos, arruinar o entorno, e que a xente… vaia andando dia a dia.

Perigo na AP-9.

Hoxe ó mediodía vin da Coruña a Redondela pola autopista, e observei unha incidencia que apunto brevemente, para non a deixar pasar.
As autoestradas, autovías e moitas estradas normles, están construídas co que se chama “asfalto drenante”. Unha capa de rodadura porosa, pola que escurre a auga á capa inferior para a súa evacuación ós laterais da vía, sin que encharque a superficie e se orixine o risco de “aquaplaning”.
Na miña viaxe de hoxe pola AP-9, apreciei que hai tramos nos que esa drenaxe non parece funcionar correctamente. Descarto que se debera a unha saturación puntual, provocada por unha chuvia particularmente intensa, en base a razonar que si así fose, as zonas fondas serían as máis encharcadas, por escurrir a auga hacia elas. En cambio, os charcos eran igual de frecuentes nas pendientes e na cima dos cambios de rasante, en onde a auga non tende a quedarse.
Observando o borde esquerdo da superficie, contra a barreira de seguridade central, pódese ver que nace abundante materia vexetal, musgo e herbas que, obstruíndo os poros do asfalto coas súas raíces, han de ser os responsables de esa pérdida de eficiencia drenante. Ese fenómeno coñécese como “colmatado” dos poros, está perfectamente recoñecido como principal problema dos asfaltos drenates, e evítase realizando unha limpeza periódica con auga a presión.
Coido que os case dez euros que pago, cada vez que fago este traxecto, son excusa suficiente para reclamar que esas tarefas de mantenimiento se fagan oportunamente, en beneficio de unha seguridade que agradecerei máis que a que me proporciona que controlen a miña velocidade (aludo ó discurso eufemista-paternalista dos sinais de radar).

Carta a Informativos Telecinco.

Levo un pouco a buscar, na súa páxina, unha dirección para contactar con Informativos Telecinco, e así mandarlles unha carta. Como non a topo, apúntoa aquí para que, polo menos, conste a miña postura. Teño que saír a fume da carozo, así que non me vou parar a (des)traducila.

A la Dirección de Informativos Telecinco:

Me dirijo a ustedes a fin de manifestarles mi descontento con el modo en el que ayer, dieciséis de marzo, jueves, trataron la información sobre las celebraciones en la Escuela Técnica Superior de Ingenieros Industriales (ETSII) de Vigo, con motivo de la festividad de San José.
Expongo las dos razones de mi desagrado:

1ª El agravio comparativo respecto a la cobertura que se dio, de la misma celebración, en la Escuela de Bilbao, informándose de un concurso técnico (resistencia de puentes de madera) en el que participaban alumnos de dicha escuela. Ninguna alusión hicieron ustedes al equivalente de tal concurso en la ETSII de Vigo, el Torneo de Robots, que se lleva celebrando, entre alumnos de la especialidad de ingeniería electrónica, desde hace años.

2ª Ignoro si los universitarios vascos consumen o no alcohol en sus celebraciones, aunque dudaría de quien defendiese la tesis negativa. Desde luego que ayer, Informativos Telecinco, dejó bien patente que los universitarios gallegos sí lo hacen, apuntándose (además) a la moda del botellón.

La juventud tiene reputación de díscola y contestataria, casi, desde la misma época en que la civilización occidental asumió, como normal, el consumo de bebidas alcohólicas y sus consecuencias. Tal vez por no tener de qué informar, por no saber hacerlo sin zafiedad, o por querer presumir del prestigio de repercutir en las actitudes de la sociedad, la mayoría de los medios de comunicación españoles se han apuntado al debate del tal “botellón” y, en un alarde de mediocridad, recurren a él a modo de comodín, como hicieron ayer en la información que antes refiero.
Rogándoles un poco más de seriedad, y un poco menos de populachería, les saluda atentamente:

F. Miguez.
Alumno de la ETSII de Vigo.

Invitados.

Os páxaros, os merlos, os pardales e similares, veñen a ter sido o único inimigo natural, que atopei nos meus experimentos con cereais destes catro últimos anos. Pero, nin por iso, conseguiron que mudara o enorme placer que sinto con esa sinfonía desorganizada que producen a primeira hora da mañán, cando un se levanta e abre a fiestra (ou cando chega a casa desexando meterse na cama, segundo o día ou, máis ben, a noite). Duvido que ningún parque ou alameda urbanos cheguen a ter nunca semellante concerto, perdido no infinito da paisaxe. Apunto, en foto, a mañán de hoxe na miña parroquia, pouco espectacular si se lle quita o canto de uns dez mil paxariños ciscados arredor.

Pio Pio.

Fago este arranque sentimental e ecoloxista, para introducir que traía pendiente escoller entre dous posts que teño na recámara, pero non vai ser nin un, nin outro porque, no correo de este blog, recibín un e-mail de Salvemos Monteferro. Eu nunca tiven relación ningunha con esta organización, logo deduzo que a humilde aportación, que fixen no seu día, á causa que defenden os levou a incluir un enlace a Apunta, e a me invitar a un acto que celebran este sábado.
Como, xa foi tempo atrás, que adxudicara esta fin de semana a outros menesteres, non poderei asistir a ese acto con grande pesar pola miña parte; apunto de tódolos xeitos que Salvemos Monteferro convida a quen lle puidera interesar, por estar concienciado co risco de destrucción paisaxística, ecolóxica e cultural, que corre o noso entorno, a un acto que celebrará o vindeiro sábado día 18, ás 18:00 horas, no Instituto Val Miñor de Nigrán (Rúa Paradellas, 15). Nel, segundo a invitación, presentarán á asociación e as súas actividades, unha vez constituída oficialmente.
Confío en que alguén mo conte. ¿Vale?

Cheo por favor.

Así é como se chama unha campaña da Universidade de Vigo, coa que se pretende evitar a avalancha de coches con un só ocupante, que recibe diariamente no seu campus do cú do mundo. A cousa consiste en recoller e cotexar perfís de afinidade (en canto a rutas e horarios) entre voluntarios, e poñelos en contacto para que se organicen.
Deixando para outro día o debate de si, entre os galegos, ten máis peso o minfundismo ou o asociacionismo, apunto este conto porque hoxe pola mañán, efectivamente estaba cheo de todo, pero o aparcamento da ETSEI. E cheo, non significa “con todas as plazas ocupadas”, sinón “con todo o sitio ocupado”, plazas, dobres e triples filas, e incluso os arredores. Poucas, ou ciodo que ningunha vez se producira este acontencimento, que tampouco sería relevante si non coincidise no tempo coa citada campaña, á que lle fago dúas críticas:
A primeira, que a Universidade de Vigo non é precisamente un referente ecoloxista. O campus das Lagoas-Marcosende está instalado nunha antiga zona forestal protexida, construído con grande movemento de terras e unhas copioisas talas de árbores (varias veces replantados e varias veces arrincados, segundo van evolucionando as obras e as demolicións). Probablemente, ningunha das escolas, facultades ou edificios de servicios, está correctamente aislado, co consecunte despilfarro en calefacción e aire acondicionado; e, segundo informacións que circularon durante anos, cuia vixencia descoñezo, a auga de ningún destes edificios era potable por estar contaminada polas fosas sépticas dos contiguos.
Segundo, e recollo a opinión de moitos compañeiros ó respecto, seguramente non sería tan acollida como “parida”, unha baixada nos precios do billete de autobús, así como unha mellora nas súas eficiencias. Pero a experiencia de outras ocasións, indica que ninguén está disposto a asumir esa iniciativa, así que a pelota vai cara o tellado dos alumnos.
Agardemos que, si non chegara a funcionar o invento ese do “Cheo por favor”, non pasen á típica medida de cobrar por circular ou aparcar no campus, que todo podería ocurrir.