Contos da DGT.

Un día no verán do 99, cruceime nun camiño bastante estreito con unha veciña. Ela no seu coche, e eu no meu, ningún ía amodiño nin a todo gas, así que pasamos folgadamente a expensas de que eu me botase un pouco fora do asfalto. Aínda así, a veciña freou bruscamente e, preocupado polo que lle pudera ter pasado, parei para falar con ela. En mala hora se me ocurriu tal cousa. A muller berraba e esixíame a documentación do coche para me denunciar pola botar contra un balado; constatado que o seu intermitente levaba meses roto (pola ferruxe) e que no balado non había ningunha marca de golpe, díxenlle que perdía o tempo, que me denunciara si quería, e cando tivo os datos que precisaba, marchei para a casa tan contrariado que mo notaron. Narrados os feitos, miña nai decidiu que era mellor ir falar con ela, por aquilo de non estar a mal cos veciños, e alá fomos sin demasiada convicción.
O recibimento foi apoteósico, sin chegar a sair nunca do seu lugar, non parou de nos gritar ninsiquera para apuntar, cando nos mandaba rachas de leña por enriba do portal. Corremos a refuxiarnos na duns veciños, que seguían a escena discretamente, e que nos puxeron en antecedentes. Resulta que a veciña xa estivera varias veces ingresada no Psiquiátrico do Rebullón e tiña graves problemas mentais, cousa que nos non sabíamos, pero que nos confirmou a policía local de Redondela cando se presentou, a instancias nosas, só hora e media despóis, e que tamén tiña experiencias anteriores cos seus trastornos.
Podería contar outra historia, tamén rigurosamente verídica, na que o protagonista é o mal de Alzheimer, pero coido que xa é ilustración bastante da miña esceptitude coa proposta feita pola DGT, que pide que se impoñan penas de cárcere a aqueles que conduzan sin carné, sesenta kilómetros por hora sobre o límite, ou co doble do máximo legal de alcohol en sangre. Discutiría seriamente estes tres pilares nos que queren cimentar o futuro da seguridade vial, sin que iso queira decir que estou a favor ou en contra duns e outros, pero sería tirar polo camiño técnico, e non é ese o obxetivo de hoxe. O que pretendo, é cuestionar a coeherencia e o rigor co que se formula esa proposta, así como as súas causas.
Supoño que todo o mundo está de acordo en que para conducir hai que ter carné, pero eu non entendo por qué pode ir ó cárcere unha persoa sin carné cando existen os coches sin carné, ou o que é peor, cando se lle permite circular con carné a persoas que padecen problemas mentais que lle provocan conductas agresivas. Tamén supoño que calquera que estea de acordo cos límites de velocidade ou de alcoholemia, saberá que é igual de perigoso adiantar en curvas sin visibilidade, saltar as preferencias de paso ou non encender as luces cando hai névoa (para ser vistos polos demais). ¿Por qué non hai cárcere para iso? Existen unhas estadísticas, que os promotores da lei repiten con frecuencia, coas que pretenden avalar estes proxectos. Deixando no aire a pregunta de cantos accidentes graves se producen, en proporción ó total, nas condicións que se pretenden penar co cárcere, eu afirmo que son outros os motivos. Penso na comodidade administrativa que supón a lectura dun aparello electrónico, sexa cinemómetro ou etilómetro, taxativa e indiscutible, frente ó engorro da denuncia clásica, suxeita a interpretación por parte do xuíz. Ahí é onde reside a mezquindade desta proposta: non importa si conducir a cento oitenta nunha autopista é perigoso ou non (en Francia disque sí e en Alemania disque non), o que importa é que o traballo de administrar a seguridade vial pode quedar encargado a unha máquina que o faga automáticamente. Coa alcoholemia o mesmo, o trebelliño só necesita un axente que o sosteña; nin siquera faría falla que o guardia teña cerebro, con un simple interruptor “pasa-non pasa” chegaría.
De feito, o ideal parece ese. Tralo cinismo co que o director da DGT afirma que “non se pretende que os conductores eviten certas conductas por temor á acción xudicial”, agóchase o conveniente que sería para esta e outras administracións unha sociedade sin cerebro, na que todo se poida solucionar con aparellos automáticos, e na que as persoas non demanden saber máis; que non demanden unha verdadeira formación como conductores, o coñecemento de técnicas e criterios que permitan utilizar un vehículo dentro de todalas súas posibilidades, e con seguridade, e que traguen con unha política basada en non facer nada. Non facer nada os conductores, colocados en fila india seguindo o dictado das normas con obediencia prusiana ou robótica. Non facer nada os guardias, convertidos en operarios de colleitadora no canto de ter que usar a lóxica e o criterio personal para decidir qué conductas hai que reprobar e con qué grado de severidade. Non facer nada os xuíces, cercenando calquera posibilidade de interpretación circunstancial da norma. E por suposto, non facer nada os políticos, dando discursos eufemísticos, mentras esperan que os radares, os etilómetros e outros aparellos lles solucionen os problemas.

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/02/23/contos-da-dgt/trackback/

  1. Tamén poderiamos falar de por qué adoita haber máis presenza policial agochada nas zoas de límite a 50 km/h (para ver si te collen a 70 e che meten unha sablada de la hostia, e pola contra, nos puntos negros, eses lugares onde os accidentes se repiten unha e outra vez, case nunca se ven. Porque semella que máis que multar para evitar sinistros, o fagan por afán recaudatorio. Que xa son gañas tamén, tal como está o panorama.

    Comment by larvós — February 23, 2006 @ 3:37 pm

  2. Eu non falei do afan recaudatorio porque o post ataca outra fronte, pero creo nel, de boa fe. A pesar do que diga este fulano, co seu discurso paternalista.

    Comment by F. Miguez — February 24, 2006 @ 1:02 am

  3. Sempre mantiven que o do carné de conducir é un conto coma outro calquera. Teño amigos que pensan que estou tronado por esta teoría que teño, eu suprimiría a necesidade de ter carné de conducir para poder guiar un carro, eu poría obrigatoriamente a asignatura de seguridade vial na secundaria obrigatoria, o que aprobase esa asignatura podería conducir. Eso suporía que cando menos ibas ter un ano enteiro de educación vial (que non lle sobra a ninguén).

    Comment by neno da norita — February 24, 2006 @ 5:04 pm

  4. Menos parches e máis políticas de fondo.

    Comment by mourullo — February 24, 2006 @ 10:29 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.