Aprendendo blogsome.

Cando me decicín a abrir un blog, tiña unha idea deste microcosmos un algo incompleta, si a xuzgo dende este mes e pico de experiencia e aprendizaxe.
A primeira lección aprendida, é a dos comenatrios. Mentras me limitaba a ser comentarista ocasional en blogs alleos, facíao coa impresión de que o fenómeno blog estaba exclusivamente nos posts, e que os comentarios eran un pequeno accesorio. Aprendida tamén a técnica das estadísticas web (ese iconiño azul do pe de páxina), observo que xa teño máis visitas diarias das que agardaba para un plazo de cinco semanas, e a proporción comentarios/visita tampouco é mala, dentro das miñas espectativas. Pero onde quero chegar é á importancia que vexo agora nos comentarios que recibo; pasaron de ser aquel accesorio, a vir como unha realimentación (feed-back, que din os aglosaxóns) da apreciación que fago do mundo. Coido que, por íntimo, é un proceso difícil de explicar, pero podo esquematizalo na cadea “descubro algo, penso, apunto, leo o/os comentario/os, descubro máis gracias a eles, volta a empezar”. Francamente, estou sorprendido de ter feito este achádego tan grato, nun plazo tan corto.
Non estou seguro, en cambio, de que me pareza tan grato outro descubrimimento, feito gracias ó meu vicio recoñecido número un. Na parte inferior dereita desta páxina, aparece unha publicidade coa que os propietarios deste servidor, supoño, financian o servicio. Naturalmente, case sempre leo esa publicidade ó entrar no blog, e a maioría das veces son anuncios relacionados coa hostelería ou as viaxes. Non obstante, sorprendeume atopar, nos dous días posteriores ó post O que deu de si unha fregona, anuncios relacionados coa industria e a enxeñería, curiosamente unidos a algún tema alí apuntado a modo ilustrativo: os tubos metálicos. A cousa pasou, pero vólvome a ir atopando, dende que apuntei “Fagámonos os suecos“, con anuncios de empresas que traballan no sector da enerxía solar, ou directorios de empresas en xeral. Deduzco eu de tan pequena observación dúas grandes conclusións: a primeira, ¡que razón tiña meu pai cando, de pequeno, me insistía que tiña que ler moito para saber cousas! En segundo lugar, aventúrome a supoñer que o Gran Irmán que todo o mira, considerou que esta era unha páxina de contidos técnicos, o cal alimenta a miña vanidade despois de case unha década de intermitente pero sempre mellorable vida académica, ainda que sementa a inquedanza sobre cantos de eses ollos estarán a mirar o que facemos.

Frutas Rey

Tamén é certo que, nos tempos que corren, calquera, aínda que non sexa moi listo, pero buscando e movéndose un pouco, pode recabar calquera información. Para exemplo esa foto, cuia explicación se obtén lendo os comentarios dos queixos, as tetillas, e algún outro derivado do leite, e complementada aquí apuntando que, si se deixa o recado para un sábado pola tarde, o comercio tradicional, con moi bo criterio, non suele agardar por tí para que vexas o que che pode ofrecer; apunto tamén que a miña sincera intención era cumplir coa feira de Paiosaco como alí se dixo, pero que a molladura que collín facendo esta foto foi causa da convalecencia dominical que, sumada á meteoroloxía observada pola fiestra, dende o meu xacer febril, forzou que tal evento social quede para mellor ocasión. Para outra ocasión quedará tamén, apuntar as pertinentes explicacións sobre o coñecemento que un habitante de Redondela de Galicia (como dice a RENFE) poida ter das feiras de Laracha ou as rúas da Coruña.