La Coruña perde un alcalde pero gaña…
O comentario de mourullo no apunte de onte tívome a pensar un pouco. Certamente, ignoro os enredos internos da rebotica do PSOE, e qué nomes propios pode haber alí interesados ou desinteresados. Tamén ignoro, aínda que supoño, qué estratexias políticas se beneficiarían nun futuro hipotético. Sí sei, porque o sabemos todos, que non era un personaxe que comulgase coas iniciativas do seu entorno político, e que non se conducía precisamente como unha persoa das esquerdas contemporáneas. E para rematala, andaba nuns negocios que estaban a dar moito que falar, que non foi sin tempo.
Aposto unha veija, a que hai moita xente mellor informada ca min de todo isto no blogomillo, e a eles me remito; así como ás interesantes exposicións sobre a materia que algúns veciños fixeron (apunto unha, dúas, e tres, que son as primeiras que se me ocorren sin se-las únicas).
Dende a cosmogonía desta casa, considero que perde a paisaxe, porque a deportación chega tarde, pero gana a esperanza. Coido que a lingua e a cultura galega poden saír beneficiadas por desaparecer un incordio declarado, pero ese beneficio non será tal si non sabemos aproveitar para practicalas.
Agardemos tamén que, coa fuxida do ego, caia tamén o localismo no que enquistou, e a política galega vaia sendo cada vez menos minifundista. Pero para iso, e permitíndonos neste limbo do día despois, a ilusión da fin doutro petrucio irreemplazable, aínda quedan moitas silvas que rozar. Aínda queda un Consorcio da Zona Franca de Vigo que, xunto coa Autoridade Portuaira, dispoñen a vontade e intereses propios do futuro do sur de Galicia. Aínda quedan deputacións autocráticas e tamén petruciais. Quedan Tragsa e Sogama. Queda…
Queda moito por facer. Pero hoxe, e día de querelo, ou de querelo ben lonxe, de falar de él e dos seus tempos que xa son pasados, e por tanto, pronto serán mellores.
Non me fixara eu no detalle de Francisco Vazquez que coa sua marcha vaise un antigalego. E tes razon. Eu son humanitario e desexo o millor a todo o mundo e que millor forma de desaparecer do mapa que indo ao Vaticano.
Tamen estiven lendo os comentarios do queixo e dicir que tes razon. Antes comiase todo natural e non habia tantos tiquismiquis e agora hai que comer todo envasado e “controlado” que les os ingredientes e semella unha lista de inventos do seculo XX.
Un saudo.
Comment by acedre — February 11, 2006 @ 7:18 pm
Alégrome que chegararn as novas ós EEUU, un amigo meu, coruñés pero actualmente residente en Granada non se enterara de nada.
O da comida, vivindo onde vives, no país paradigma da comida-lixo (os USA), que che vou contar que non vexas cos teus ollos.
Comment by F. Miguez — February 12, 2006 @ 6:55 pm
Muito obrigado por citar a nossa iniciativa. Informaremos pontualmente das novidades que haja. Sobre favorecer ou nom estrategias, que ninguém esqueça que o senhor Vázquez mantem os seus peons bem posicionados nas diferentes estáncias.
Comment by tangaranho — February 13, 2006 @ 5:23 pm
Agora será tempo de ver se o localismo era cousa de Vázquez ou non…
Comment by mourullo — February 13, 2006 @ 11:33 pm